G1021109 - Técnicas Básicas (Formacion basica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 11.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 48.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Fisioloxía Vexetal, Bioloxía Celular e Ecoloxía, Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Fisioloxía, Edafoloxía e Química Agrícola, Fisioloxía Vexetal, Bioloxía Celular, Ecoloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
| Nome | Coordinador |
|---|
| Adrio Fondevila, Maria Fatima. | NON |
| ALDEGUNDE VILLAR, MANUEL ALEJO. | NON |
| ARES PITA, ANGELA MARIA. | NON |
| BANDIN MATOS, MARIA ISABEL. | NON |
| BARJA PEREZ, JUAN LUIS. | NON |
| Cordero Santamaria, Oscar J. | SI |
| COVELO ARTOS, GUILLERMO. | NON |
| DIAZ JULLIEN, CRISTINA. | NON |
| LAGO LORENZO, MARIA DEL CARMEN. | NON |
| LEMA MARQUEZ, MARGARITA. | NON |
| Rebolledo Varela, Emilia. | NON |
| Rodriguez Diaz, Miguel Angel. | NON |
| RODRIGUEZ LADO, LUIS MANUEL. | NON |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS. | NON |
| SANTISO CARRAL, XABIER. | NON |
| SAPORTA BON, RUBEN. | NON |
| Segura Iglesias, Antonio. | NON |
| TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA. | NON |
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecemento, comprensión e manexo básico das normas e metodoloxías, técnicas e instrumental de uso habitual en Bioloxía, no laboratorio, no campo, e no ordenador, así como o rexistro e tratamento rigoroso dos datos obtidos.
ContidosINTRODUCIÓN Á MATERIA
CLASES EXPOSITIVAS: Introdución á organización da Materia. Normas xerais de seguridade Biolóxica e Química no laboratorio. Clasificación dos axentes biolóxicos. Niveles de bioseguridade. Niveles de contención. Xestión de residuos. Almacenamento e transporte.
BIBLIOTECA
CLASES INTERACTIVAS:
Práctica 1. Cómo elaborar un traballo do curso. Principais fontes de información para a Bioloxía. A páxina web da Biblioteca Universitaria. O catálogo da BUSC.
Práctica 2. Busca e recuperación da información: as Bases de datos. Creación de estratexias de busca. Avaliación dos resultados. Organización e tratamento da información: as citas e referencias.
MEDIO FÍSICO E TÉCNICAS DE CARTOGRAFÍA
CLASES EXPOSITIVAS: Introdución aos coñecementos necesarios para realizar a descripción e interpretación dun emplazamento. Representacións cartográficas, escalas.
CLASES INTERACTIVAS: Manexo e interpretación de mapas topográficos e temáticos. Medida e interpretación de parámetros que caracterizan ao medio físico (altitude, pendente, etc.). Aplicación dos coñecementos anteriores ao estudo dun emplazamento. Observación e descrición dos factores que regulan o modelado do emprazamiento.
MÉTODO CIENTÍFICO E TÉCNICAS DE MOSTRAXE
CLASES EXPOSITIVAS: O método científico: Teorías e Hipóteses. Achegas inductivas e deductivas para a comprobación de hipóteses. Posta en proba da hipótese. Estudos observacionais, comparativos e experimentais. Tipos de experimentos. Tipos de mostraxe. Principios básicos no deseño de experimentos. Bases dos principais deseños experimentais.
CLASES INTERACTIVAS:
Práctica 1 de campo.- Introdución ó emprego do GPS: problemas, nocións de uso de modelos convencionais, adquisición de datos xeográficos mediante o emprego de GPS (puntos, liñas e polígonos).
Práctica 1 de ordenador.- Importación e edición de datos do GPS dende un Sistema de información xeográfica (SIG).
Práctica 2 de ordenador.- Emprego dun SIG para a planificación de mostraxes e volcado de dita información ó GPS.
Práctica 2 de campo.- Emprego do GPS en navegación para a realización de mostraxes: replantexamento de estacións de mostraxe e transectos (referenciación e adquisición de datos inmediatos).
MANEXO DE REATIVOS, APARELLOS BÁSICOS, PREPARACIÓN DE SOLUCIÓN, E BENESTAR ANIMAL
CLASES EXPOSITIVAS: Benestar Animal: concepto. Estrés, dor, medo, sedación, morte. Aspectos legais
CLASES INTERACTIVAS:
Práctica 1. Manexo de reactivos. Balanzas de laboratorio. Precisión e capacidade de pesada. Localización das balanzas e influencias físicas sobre as pesadas. Accesorios recomendados. Pipetas: tipos, precisión e exactitude. Accesorios de pipeteado. Manexo e tratamento de pipetas.
Práctica 2. pH-metro: descrición, electrodos, calibración e manexo. Limpeza e conservación do electrodo. Solucións e as súas concentracións. Solucións nai. Solucións de traballo. Preparación de solucións.
TÉCNICAS ESTERILIZACIÓN E MEDIOS CULTIVO E CONSERVACIÓN DE MICROORGANISMOS
CLASES EXPOSITIVAS: Técnicas de esterilización para o control de microorganismos. Medios de cultivo. Métodos empregados para o illamento, cultivo e conservación de microorganismos.
CLASES INTERACTIVAS:
Práctica 1. Preparación de medios de cultivo e solucións. Esterilización.
Práctica 2. Preparación dunha mostra para o análise microbiolóxico. Cultivo de microorganismos no laboratorio. Observación de cultivos puros e cultivos mixtos. Reconto de microorganismos e expresión de resultados.
TÉCNICAS DE ESPECTROFOTOMETRÍA
CLASES EXPOSITIVAS: Fundamento das técnicas espectrofotométricas e a súa aplicación na identificación e cuantificación de sustancias.
CLASES INTERACTIVAS:
Práctica 1. A Lei de Beer-Bouguer-Lambert e a súa aplicación na cuantificación de sustancias.
Práctica 2. Excepcións á Lei de Beer-Bouguer-Lambert. O comportamento do alaranxado de metilo a distintos pHs.
TÉCNICAS HISTOLÓXICAS E MICROSCOPIA
CLASES EXPOSITIVAS: Procesado de mostras para microscopia óptica. Procesado de mostras para microscopia electrónica. Fundamentos do microscopio óptico e do microscopio electrónico.
CLASES INTERACTIVAS:
Práctica 1. Fixación e inclusión. Obtención de seccións en distintos tipos de microtomos.
Práctica 2. Tinguiduras. Realización de varios métodos de tinguiduras sobre as seccións obtidas. Microscopía óptica. Observación de mostras en diferentes tipos de microscopios ópticos.
TÉCNICAS CENTRIFUGACIÓN E ELECTROFORESIS
CLASES EXPOSITIVAS: Fundamentos teóricos. Centrífugas. Tipos de centrifugación. Aplicacións en Bioloxía. Electroforese: Fundamentos teóricos. Equipo electroforético. Tipos de electroforese. Separación electroforética de proteínas e ácidos nucleicos. Aplicacións en Bioloxía.
CLASES INTERACTIVAS:
Práctica 1. Centrifugación. Manexo de microcentrífuga. Illamento da membrana plasmática de eritrocitos. Preparación de xeles de acrilamida e agarosa.
Práctica 2. Electroforese de proteínas de membrana plasmática de eritrocitos en xeles discontinuos de acrilamida (SDS-PAGE). Tinguidura e interpretación de resultados.
TITORÍAS
As titorías adícanse a analizar e discutir co alumnado os resultados obtidos nas sesións prácticas, a presentación dos resultados e outros traballos, e a evolución do curso.
Bibliografía básica e complementaria- Aramburu Maqua, M.P., Escribano Bombín, R. (2006) Guía para la elaboración de estudios del medio físico. 3ª ed. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente, Centro de Publicaciones
- Gamazo, C., López-Goñi, I., Díaz, R. (2005) Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Barcelona: Elsevier-Masson
- Kiernan, J.A. (2008) Histological and histochemical methods. 4th ed. Oxfordshire: Scion.
- Montuenga, L., Esteban, F.J., Calvo, A. (2009) Técnicas en histología y biología celular. Barcelona: Elsevier-Masson.
- Ruxton, G.D., Colegrave, N. (2003) Experimental design for the life sciences. Oxford: Oxford University Press
- Skoog D.A., Holler F.J., Nieman T.A. (2003) Principios de análisis instrumental. 5ª ed. Madrid: McGraw-Hill.
CompetenciasAo finalizar as prácticas, o alumno debe ser capaz de:
- Coñecer as normas básicas de seguridade no laboratorio.
- Coñecer as normas de benestar animal.
- Coñecer e manexar o material de laboratorio (limpeza do material, manexo de reactivos e produtos, eliminación de residuos, emprego da balanza, medición de volumes, realización de montaxes, separación de substancias, etc).
- Capacitar para realizar a descrición e interpretación dunha determinada área de estudo.
- Empregar o GPS tanto para captura de información como para navegación. Deseñar mostraxes básicos cun SIG. Ser capaz de importar e exportar información a un GPS dende un SIG. Replantexar parcelas e adquirir datos inmediatos.
- Facer os cálculos referidos ós experimentos realizados e, baixo a tutela do profesor, aprender a expresar os datos obtidos.
- Facer montaxes de laboratorio e saber o funcionamento e manexo de aparellos básicos: Autoclave e desenvolver unha esterilización do material de laboratorio,..., Espectrofotómetros, Microscopio, etc.
- Coñecer como conservar mostras biolóxicas.
- Manexar bases de datos, outra información por Internet e outras ferramentas informáticas.
- Coñecer os fundamentos teóricos da electroforese e a centrifugación así como os seus principais tipos e aplicacións.
- Que o/a alumno/a se familiarice coa metodoloxía necesaria para o procesado de tecidos animais e vexetais para microscopia, entre o que se inclúe os métodos de fixación, inclusión, microtomía, tinguiduras e observación de mostraxe en distintos tipos de microscopios.
Metodoloxía da ensinanza As clases con procedemento expositivo constarán de seminarios, dous xerais de Introdución e Normas Xerais de Seguridade Biolóxica e Química no Laboratorio, e un máis por cada tema onde proporciónanse as bases teóricas necesarias para a comprensión e desenvolvemento das sesións prácticas. Cada seminario, así como a titoría, durará unha hora no horario publicado pola Facultade.
Nas clases interactivas, haberá tanto sesións prácticas de laboratorio (2.5 h por sesión) de ordenador (sesións de 1h ou de 2 h no caso das prácticas de Biblioteca), e unha saída ao campo de 6 h de duración.
Ao final destas clases se desenvolverán as cuestións que conformarán o Caderno de prácticas.
Esta materia emprega o Curso Virtual da USC.
Sistema de evaluaciónVer Táboa
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Clases maxistrais: 9 h
Prácticas de laboratorio: 30 h
Prácticas de campo: 12 h
Prácticas de ordenador: 6
Prácticas de pizarra/seminarios: 2 h
Titorías en grupos reducidos o individualizadas: 1 h
Total horas de traballo presencial: 60 h
TRABALLO PERSONAL DO ESTUDANTE:
Estudo individual: 45 h
Preparación previa das clases interactivas: 20 h
Elaboración dos resultados das prácticas: 20 h
Realización de exames: 5 h
Total horas de traballo personal do estudiante: 90 h
Recomendacións para o estudo da materia- Repasar o contido dos seminarios antes de abordar as sesións prácticas.
- Participar activamente e implicarse durante o desenvolvemento das sesións prácticas.
- Facer uso das titorías para solucionar as dúbidas que poidan xurdir ao longo do desenvolvemento da preparación da materia.
- Consultar a bibliografía recomendada.