G1021221 - Botánica I (Plantas non Vasculares) (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 49.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Botánica
- Áreas: Botánica
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo da materia e o aprendizaxe dos principais aspectos teóricos e prácticos dos Fungos, Algas e Briófitos, organismos tradicionalmente estudados na área de Botánica. Dita materia, aporta o alumnado os coñecementos básicos sobre a diversidade das planta non vasculares ademais das formas de vida e modos de reprodución das mesmas.
I.- Obxectivos formativos
1. Estudar a bioloxía, reprodución e diversidade dos fungos, algas e briófitos
2. Recoñecer as principais liñas filoxenéticas das plantas non vasculares.
3. Coñecer os taxones de especial importancia aplicada
4. Comprender o papel destes vexetais nos ecosistemas
II.- Obxectivos de carácter metodolóxico
1. Diferenciar os hábitats nos que se desenvolven
2. Formar o alumno na observación dos caracteres morfolóxicos de exemplares frescos no laboratorio
3. Recoñecer as especies máis características do medio mariño e continental.
ContidosOs sistemas de clasificación dos seres vivos. Grupos de organismos que integran as plantas non vasculares.
Fungos: Caracteres vexetativos e reprodutores, ciclos biolóxicos, clasificación. Asociacions fúnxicas (líques, micorrizas). Importancia e aplicacions.
Algas: Caracteres vexetativos e reprodutores, ciclos biolóxicos, clasificación. Algas procariotas. Algas eucariotas. Importancia e aplicacions.
Estratexias evolutivas dos vexetais pra conquista do medio terrestre.
Briófitos: Caracteres vexetativos e reprodutores, ciclos biolóxicos, clasificación. Importancia e aplicacions.
PROGRAMA TEÓRICO
As plantas non vasculares nos distintos sistemas de clasificación
Os fungos. Caracteres, reprodución e sistemática
División Myxomycota. División Acrasiomycota.
División Oomycota. División Labyrinthulomycota
División Eumycota. Fungos simbiontes
As algas. Caracteres, reprodución e sistemática
Algas procariotas: División Cyanophyta. División Prochlorophyta
Algas eucariotas: División Glaucophyta. División Cryptophyta.
División Dinophyta. División Euglenophyta.
División Haptophyta. División Heterokontophyta.
División Rhodophyta.
División Chlorophyta. División Streptophyta.
Embriófitos: Adaptacions ó medio continental. División Bryophyta. Caracteres, reprodución e sistemática.
PROGRAMA PRÁCTICO
Práctica 1. Fungos non liquenizados
Práctica 2. Fungos liquenizados.
Práctica 3. Algas planctónicas.
Práctica 4. Algas bentónicas.
Práctica 5. Briófitos.
Prácticas de laboratorio (obrigatorias):
5 prácticas de 2 horas de duración cada unha, nas que se observarán: morfoloxía, estructuras vexetativas e reprodutoras das especies máis características do medio mariño e continental.
Traballo (obrigatorio):
Todolos estudantes deberán integrarse en grupos de traballo que elaborarán e exporán na aula traballos relacionados cos contidos da asignatura. Os temas dos traballos e o calendario das exposicions estarán a dispor dos alumnos dende o primeiro día de clase. Tras a exposición do traballo o profesor formulará as preguntas que estime convinte. Na cualificación valorarase a presentación, rigurosidade, as fontes utilizadas, a capacidade de síntesis e a capacidade pra respostar as preguntas que se plantexen.
TITORÍAS
Utilizaranse pra organizar e resolver calquera dúbida relacionada co traballo do curso.
Bibliografía básica e complementariaAlexopoulos, C.; Mims, C. & Blackwell, M. (1996) Introductory Mycology -Ed.Wiley & sons. New York.
Díaz, T.E., Fernández, M.C. y Prieto J.A. 2004. Curso de Botánica. Ediciones Trea. Gijón
Freeman, S. 2009. Biología. Pearson Educación. Madrid.
Izco, J. 2004. Botánica. McGraw-Hill. Madrid.
Malcolm, Hill. 2000. Mosses and other Bryophytes: an illustrated glossary. Nelson, New Zealand. Micro-Optics Press.
Nash III, T.H. (Ed.) 1996. Lichen Biology. Cambridge Univ. Press. Cambridge.
Rodríguez Iglesia, F. ed. 2004. Galicia Natureza. Tomo XLI (Algas y Hongos) y XLII (Líquenes y Briófitos) Hércules Ed. A Coruña
Sitte, P. et al. 2003. Strasburger.Tratado de Botánica. (9ª ed.). Ed. Marín. Barcelona.
Van den Hoek, C., Mann, G. & Jahns, H. 1995. Algae. An Introduction of Phycology. Cambridge University Press. Cambridge.
Van den Poorten, A. & Goffinet, B. 2009. Introduction to Bryophytes. Cambridge University Press. Cambridge.
Webster, J. & Weber, R. 2007. Introduction to the Fungi. Cambridge University Press. Cambridge.
CompetenciasO alumno despois de cursar esta materia terá unha visión detallada dos principais grupos de plantas non vasculares, recoñecendo deste xeito a sua estructura e diversidade, ademais das formas de vida e modos de reprodución das mesmas.
Deberá ser capaz de:
a)comprender e manexar terminoloxía científica básica
b)traballar en equipo e manexar fontes de información científico/técnica
c)construir un texto escrito, desenvolto en grupo e expresado oralmente diante da clase
d)recoñecer e observar os caracteres morfolóxicos de plantas frescas no laboratorio
e)usar chaves, guías e técnicas de identificación dos diferentes grupos tratados
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais con uso de material didáctico audiovisual.
Prácticas en laboratorio
Exposición e debate de traballos dos estudantes na clase
Sistema de evaluaciónA avaliación o longo do curso do estudante faráse en varias fases:
- un exame parcial a mediados do período de docencia da materia, mais o exame final correspondente
- Para aprobar o exame parcial é necesario obter unha nota mínima de 5.
- Os estudantes que aproben o exame parcial quedarán liberados da materia correspondente cando se presenten ao exame final.
- Os estudantes que tendo aprobado o exame parcial, suspendan a parte restante da materia (seguindo os mesmos criterios que para o parcial, é decir, nota mínima de 5) no exame final da convocatoria ordinaria, en xaneiro, serán cualificados como suspensos.
- Os estudantes que non se presenten ou teñan suspenso o exame parcial, deberán presentarse na convocatoira ordinaria (xaneiro) ou na extraordinaria (xullo) con toda a materia.
A cualificación dos estudantes que teñan aprobado o parcial, obterase como a media da nota do parcial e da nota do exame final, sendo necesario para aprobar a asignatura obter un mínimo de 5.
Sempre e cando o estudante teña aprobado os exames, a súa calificación final da materia poderase incrementar ata nun 20%: pola asistencia e participación nas actividades docentes (10%) e o traballo (10%).
Non se conservará ningunha nota dun curso pra o seguinte. Nembargantes os estudantes repetidores poden non facer as prácticas de laboratorio nin o traballo. Nese caso a súa cualificación final basearase só nas notas dos exames.
Os criterios de avaliación da asignatura estan recollidos na taboa que aparece no seguinte enlace: http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula:
Clases maxistraies 49
Prácticas de laboratorio 10
Titorías 1
Total horas de traballo presencial 60
Traballo persoal do estudante:
Estudo individual 80
Elaboración do traballo realizado polos estudantes 10
Total horas de traballo persoal do estudante 90
Recomendacións para o estudo da materia• Asistencia a totalidade das actividades docentes
• Consulta da bibliografía recomendada
• Facer uso das titorías pra calquera tipo de cuestións relacionadas ca materia