Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021223 - Bioquímica I (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Arias Crespo, María Pilar.NON
COVELO ARTOS, GUILLERMO.NON
DOMINGUEZ GERPE, MARIA LOURDES.NON
NOGUEIRA ALVAREZ, MONTSERRAT.SI
REY MENDEZ, MANUEL.NON
SALGADO CASTRO, FRANCISCO JAVIER.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo A OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo B OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_08HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_09HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_10HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A Bioquímica é a ciencia que estuda os compoñentes químicos dos seres vivos. Estuda as bases da vida, as moléculas que compoñen as células, os tecidos e que catalizan as súas reaccións químicas. O estudo da Bioquímica I resulta imprescindible para entender as principais propiedades, químicas e estruturais, das macromoléculas biolóxicas e a relación existente entre estas propiedades e as diversas funcións que desempeñan. A Bioquímica é unha das principais ramas da Bioloxía, que se sitúa como ponte entre esta e a Química.

    O obxectivo principal desta materia é impartir unha visión xeral dos fundamentos da Bioquímica. Tratarase de proporcionar ao estudante uns coñecementos básicos sobre:
    -As características fundamentais da materia viva desde un punto de vista molecular.
    -A importancia das biomoléculas así como as principais propiedades, químicas e estruturais das macromoléculas biolóxicas, e a relación existente entre as devanditas propiedades e as diversas funcións que desempeñan.
    -Coñecer os mecanismos de ensamblaje das estruturas supramoleculares, celulares e tisulares dos organismos.
    -Coñecer as formas de obtención e transformación da enerxía necesaria para o mantemento das funcións vitais dos organismos.
    -Os mecanismos moleculares utilizados polos seres vivos no desenvolvemento das funcións que lles caracterizan, principalmente os mecanismos de catálisis e regulación encimática.
    -Coñecer ben as bases estruturais e termodinámicas da bioenergética celular e do transporte a través de membranas.
    -A panorámica xeral das rutas metabólicas centrais e unha visión integrada do metabolismo e da súa regulación.
    -Coñecer os mecanismos de control que coordinan as reaccións químicas que teñen lugar nos organismos.
    Ademais, tentarase plasmar o carácter multidisciplinar da Bioquímica e a súa relación con outras ciencias.

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS

    INTRODUCIÓN O ESTUDO DA BIOQUÍMICA (Temas 1 e 2, aprox 4h)

    Tema 1. A Ciencia Bioquímica.
    A ciencia bioquímica. Desenvolvemento histórico. Organización molecular das células.

    Tema 2. Bioenergética.
    Principios de termodinámica. Transducción de enerxía biolóxica e moléculas enerxéticas. Carga enerxética da célula.

    AS BIOMOLÉCULAS (Temas 3 e 4 , aprox 3h; Tema 5, aprox 2h e Temas 6, 7 e 8, aprox 6h)

    Tema 3. Glúcidos.
    Características xerais de Monosacáridos. Nucleósidos e nucleótidos. O enlace glicosídico. Oligosacáridos e Polisacáridos.

    Tema 4. Lípidos.
    Características xerais de Ácidos grasos. Lípidos complexos. Terpenos e esteroides.

    Tema 5. Membranas biolóxicas.
    Membranas biolóxicas, estrutura e propiedades. Mecanismos de Transporte.

    Tema 6. Aminoácidos e enlace peptídico
    Características xerais de Aminoácidos. O enlace peptídico. Péptidos de interese biolóxico.

    Tema 7. Estrutura de proteínas.
    Tipos de proteínas e relación estrutura-función. Estruturas secundarias, terciarias e cuaternarias das proteínas. Propiedades físico-químicas: Plegamiento, desnaturalización.

    Tema 8. Función das proteínas.
    Mioglobina e Hemoglobina: Estrutura e función.

    ENZIMOLOGÍA ( Temas 9, 10 e 11, aprox 10h)

    Tema 9. A Reacción Enzimática.
    Encimas: Natureza, clasificación e nomenclatura. Mecanismo de acción enzimática. Propiedades das enzimas. Coenzimas, cofactores e grupos prostéticos.

    Tema 10. Cinética da Reacción Enzimática.
    Principios de cinética química. Cinética Hiperbólica. Cinética non hiperbólica.

    Tema 11. Inhibición e Regulación da Reacción Enzimática.
    Efectores da actividade enzimática. Inhibición reversible e irreversible. Enzimas reguladoras. Outros mecanismos de control da actividade encimática.

    O METABOLISMO (Temas 12 e 13, aprox 5h)

    Tema 12. Introdución ao metabolismo e a súa regulación.
    Concepto de metabolismo e resumo das diferentes rutas metabólicas. Mecanismos xerais de regulación.

    Tema 13. A sinalización celular e os seus mecanismos.
    A comunicación e sinalización celular e os seus compoñentes. Mecanismos de transducción de sinal. Sinalización e regulación do metabolismo.


    PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/SEMINARIOS

    Segundo as horas establecidas para a materia (10h) constará de seminarios de 1 a 2 h de duración cos seguintes obxectivos:

    -Seminarios na aula de informática que se orientarán ao manexo de Bases de Datos e Recursos Bioinformáticos aplicados ao estudo, coñecemento e funcionamento das biomoléculas.

    -Seminarios na aula de cuestións relacionadas con temas da materia, que nos sirvan para profundar no seu coñecemento.


    PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO

    As prácticas presenciais de laboratorio son de asistencia obrigatoria.

    Segundo as horas establecidas para a materia (15h) constará de 5 sesións de 2 h 30 minutos de duración. O alumnado deberá realizar unha serie de ensaios experimentais, recoller os resultados obtidos e analizalos adecuadamente para dar resposta ás preguntas e exercicios expostos no guión de prácticas.

    Programa de prácticas:
    PRÁCTICA 1. Homogenizado de tecido animal (fígado de tenreira) e subfraccionamento de orgánulos celulares. Preparación de reactivos.
    PRÁCTICA 2. Determinación da concentración de proteínas. Método de Lowry.
    PRÁCTICA 3. Obtención e purificación de DNA a partir de núcleos de células eucariotas. Análise electroforético en xeles de agarosa.
    PRÁCTICA 4. Enzimología: Realización do recta patrón e determinación da Actividade específica da encima Fosfatasa aceda.
    PRÁCTICA 5. Enzimología: Cinética e Inhibición encimática.

    TUTORIAS

    As tutorias estaran adicadas a resolución de dudas xurdidads tanto nas clases teóricas como prácticas.
    Bibliografía básica e complementaria

    Bibliografía básica e complementaria

    Müller-Esterl, W. 2008. Bioquímica : fundamentos para medicina y ciencias de la vida. Barcelona: Reverté.

    Voet, D., Voet, J.,& Pratt, C. 2007. Fundamentos de bioquímica : la vida a nivel molecular. 2ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana

    Mathews, C.K., Van Holde, K.E., Ahern, K.G. 2002. Bioquímica. 3ª ed. Madrid: Pearson Educación

    Nelson, D.L. & Cox, M.M. 2009. Lehninger Principios de Bioquímica. 5ª ed. Barcelona: Ed. Omega.

    Murray, R.K., Granner, D.K., Mayes, P.A., Rodwell, V.W. 2007. Harper. Bioquímica ilustrada. 17ª ed. México: El Manual Moderno.

    Berg, J.M., Tymoczko, J.L. & Stryer L. 2013. Bioquímica : con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Barcelona: Reverté.

    Koolman, J., Röhm, K-H. 2004. Bioquímica. Texto y atlas. 3ª ed. Madrid: Ed. Médica Panamericana
    Alberts, B. et al. 2010. Biología molecular de la célula. 5ª ed. Barcelona: Omega.

    Lodish, H. et al. 2005. Biología celular y molecular. 5ª ed. Madrid: Ed. Médica Panamericana.

    Competencias
    Neste apartado inclúense habilidades e competencias que debe adquirir o alumnado ao completar o estudo de Bioquímica I. Estas son:

    -Desenvolver as capacidades de análises e reflexión e razoamento crítico
    -Sintetizar e relacionar diferentes temas.
    -Aprender a manexar diferentes fontes de información.
    -Resolución de problemas e comprender o método científico.
    -Adquirir, desenvolver e exercitar destrezas necesarias para o traballo de laboratorio e a instrumentación básica en bioquímica.
    -Comprender e coñecer os niveis de organización dos seres vivos.
    -Coñecer e comprender a estrutura e función de biomoléculas.
    -Coñecer e comprender os procesos de transformación das moléculas que constitúen a célula.



    Metodoloxía da ensinanza
    A materia está exposta para potenciar a aprendizaxe activa do alumnado. As clases teóricas concíbense como introducións xerais a cada tema, que serán complementadas co resto de actividades propostas. Estas actividades son: o estudo individual, a resolución de cuestións, a preparación das actividades propostas en seminarios e a asistencia a tutorías.
    O estudo individual realizarase cunha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base da devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará con información adicional.
    Os seminarios realizaranse en grupos estables de 20 persoas. As cuestións discutiranse en clases de cuestións, centradas na participación dos/as alumnos/as.
    Nas tutorías realizaranse en grupos de 10 persoas e nelas realizarán traballos. Estes traballos terán como misión complementar aspectos de interese relacionados coa materia. As tutorías concíbense como medio de control, coordinación e para que os estudantes expoñan as dúbidas ou cuestións. Internet facilitará tamén o contacto do alumnado co profesorado mediante consultas electrónicas.
    Sistema de evaluación
    Os criterios para a avaliación indícanse nunha táboa que se pode ver na seguinte ligazón.
    http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:

    30 horas maxistrais
    15 horas prácticas de laboratorio
    10 horas seminarios
    5 horas de tutoría en grupos reducidos ou individualizados


    Horas non presenciais:

    60 horas de dedicación en estudo individual para a preparación da materia; 20 á elaboración de traballos, 8 horas á elaboración de memorias de prácticas e 2 horas á realización do exame.


    Volume total de traballo: 60 horas de clases presenciais e 90 horas de traballo persoal= 150 horas totais.




    Recomendacións para o estudo da materia
    - Utilización da bibliografía recomendada e do material proporcionado polo profesorado.
    - Lectura e reflexión frecuente sobre a materia explicada, necesarias para a integración dos coñecementos.
    - Interese e atención sobre os novos avances nesta disciplina difundidos a través dos medios de comunicación.




    1º e 2º ciclo (en extinción)