G1021224 - Xenética I (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 45.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 3.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xenética
- Áreas: Xenética
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaQue o alumno adquira coñecementos acerca dos principios do material hereditario: a súa natureza e transmisión, así como dos principios da transferencia de información xenética; e tamén os mecanismos da recombinación.
ContidosIntrodución. Natureza, estrutura e perpetuación do Material Hereditario: o material xenético. Estrutura dos ácidos nucleicos. Tecnoloxía do ADN recombinante. Organización do material xenético en procariotas. Organización do material xenético en eucariotas. A replicación do material xenético en procariotas e virus. A replicación en eucariotas. Expresión Xénica: relación entre xenes e proteínas. O código xenético. A transcrición. A tradución. A Transmisión dos Caracteres Hereditarios: as divisións nucleares. As leis de Mendel. Teoría cromosómica da herdanza. A dominancia e o alelismo múltiple. A relación xenotipo-ambiente: a norma de reación. A interación xénica. Penetrancia, expresividade, pleiotropía e letalidade. A herdanza ligada ao sexo. Citoplasma e herdanza. Recombinación: a recombinación e cartografía en bacterias, fagos e eucariotas diploides. Bases moleculares da recombinación.
PROGRAMA TEÓRICO DA MATERIA:
TEMA 1: INTRODUCIÓN: PANORÁMICA DA XENÉTICA (2,5 H)
TEMA 2: IDENTIFICACIÓN DO MATERIAL HEREDITARIO (2,5 H)
TEMA 3: COMPOSICIÓN, ESTRUTURA E PROPIEDADES DOS ÁCIDOS NUCLEICOS (2,5 H)
TEMA 4: ORGANIZACIÓN DO ADN NOS CROMOSOMAS (2,5 H)
TEMA 5: ORGANIZACIÓN DAS SECUENCIAS DO ADN NO XENOMA (2,5 H)
TEMA 6: REPLICACIÓN DO ADN.I. PROCARIOTAS E VIRUS (2,5 H)
TEMA 7: REPLICACIÓN DO ADN.II.EUCARIOTAS (2,5 H)
TEMA 8: CONTROL XENÉTICO DAS PROTEÍNAS (2,5 H)
TEMA 9: TRANSCRIPCIÓN E MADURACIÓN DO ARN (2,5 H)
TEMA 10: A TRADUCIÓN E O CÓDIGO XENÉTICO (2,5 H)
TEMA 11: DIVISIÓNS CELULARES (2,5 H)
TEMA 12: LEIS DA HERDANZA: MENDELISMO (2,5 H)
TEMA 13: EXTENSIÓNS DO MENDELISMO (2,5 H)
TEMA 14: BASE CROMOSÓMICA DA HERDANZA E LIGAMIENTO AO SEXO (2,5 H)
TEMA 15: HERDANZA EXTRANUCLEAR (2,5 H)
TEMA 16: LIGAMIENTO E RECOMBINACIÓN (2,5 H)
TEMA 17: LIGAMENTO E RECOMBINACIÓN EN PROCARIOTAS E VIRUS (2,5 H)
SEMINARIOS (10 H)
Nos Seminarios resolveranse cuestións e problemas que axudarán a comprender os contidos das clases expositivas.
PRÁCTICAS (3 H)
Caracterización dos cromosomas humanos e doutras especies mediante técnicas citogenéticas.
TITORÍAS (2 H)
Debates en grupos reducidos de alumnos sobre problemáticas xenéticas propostas polo profesor.
Bibliografía básica e complementaria• Benito, C. & Espino, F. J. 2013. Genética. Editorial Médica Panamericana. Buenos Aires.
• Griffiths, A. J. F., Wessler, S. R. & Lewontin, R. C. 2008. Genética (9ª ed.). McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
• Klug, W. S., Cummings, M. R. & Spencer, C. A. 2006. Conceptos de Genética. Pearson Educación.
• Krebs, J. E., Goldstein E. S. & S. T. Kilpatrick, S. T. 2012. Lewin. Genes. Fundamentos. Editorial Médica Panamericana. Buenos Aires.
• Pierce, B. A. 2009. Genética. Editorial Medica Panamericana. Buenos Aires.
LIBROS DE PROBLEMAS:
- Benito, C. 1999. 360 problemas de Genética. Proyecto Editorial: Ciencias Biológicas, Serie: Genética. Editorial Síntesis. Madrid.
- Jiménez-Sánchez, A. 1987. Problemas de Genética. Ediciones de la Universidad de Extremadura.
- Ménsua, J. L. 2003. Genética. Problemas y ejercicios resueltos. Pearson Education. Madrid.
- Rubio, J., Blanco, G., Comendador, M. A., Izquierdo, J. I., Naranjo, T., Roca, A. & Sánchez, J. A. 1992. Problemas de Genética. Akal Editor. Madrid.
CompetenciasDesenvolvemento da capacidade de elaborar hipóteses xenéticas sinxelas. Dedución dos
diferentes modos de herdanza dos xenes. Coñecemento básico da
función Xénica. Resolución de casos prácticos. Fomentar o traballo en equipo a través da
realización dunha serie de proxectos en grupo ao longo do curso.
Adquisición de destrezas na procura e manexo da información científica.
Metodoloxía da ensinanza • Clases expositivas
Van a ser o alicerce fundamental da metodoloxía docente desta materia. Daranse ao grupo completo e nelas trataranse os contidos específicos e resolveranse problemas tipo de cada un dos temas do programa. O desenvolvemento dos contidos farase con axuda dunha presentación PowerPoint, específica para cada tema, xunto con transparencias, vídeos, animacións, lousa e calquera outro material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se estuden.
• Seminarios
En cada seminario o profesor elaborará un boletín de problemas e cuestións que resolverá xunto cos estudantes.
• Prácticas
Elaboración dun idiograma dos cromosomas humanos e identificación de anomalías cromosómicas. Visualización e interpretación de preparacións cromosómicas en distintas especies.
• Titorías
Os alumnos debaterán en grupos reducidos sobre problemáticas xenéticas propostas polo profesor. Finalmente, os alumnos elaborarán, individualizadamente, un resumo do debate que deberán entregar ao profesor para a súa cualificación.
Sistema de evaluaciónO coñecemento dos contidos da materia avaliarase mediante o seguinte baremo:
- 75% Teoría
- 10% Prácticas (evaluación considerando a participación activa)
- 15% Titorías (evaluación considerando a participación activa e coñecementos)
NOTA:
BAREMO: As cualificacións obtidas en Prácticas e Titorías computaranse sempre e cando se acade unha cualificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10) no exame final da teoría.
CLASES EXPOSITIVAS: Non é obligatoria a asistencia
PRÁCTICAS E TITORíAS: É obligatoria a asistencia e a realización das actividades programadas.
ESTUDANTES REPETIDORES: Non é obligatorio repetir as Prácticas ou as Titorías os dous cursos seguintes a sua realización. Durante eses dous cursos poderanse manter as cualificacións obtidas.
TABOA DE AVALIACIÓN NO LINK:http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalA materia Xenética I do Grao de Bioloxía está programada sobre un total de 150 horas de traballo do estudante.
Destas 60 serán presenciais (horas expositivas, interactivas e tutorías) e 90 de traballo individual.
Dentro destas últimas 55 corresponderán a horas de estudo, 27 a horas de resolución de problemas e outros traballos, 5 de revisión bibliográfica e 3 para realización do exame.
Recomendacións para o estudo da materia• Para ter o menor número de dificultades coa materia recoméndase ao estudante que pregunte todas as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases maxistrais.
• Recoméndase aos estudantes facer os boletíns de problemas unha vez terminada a teoría de cada tema. Así mesmo, deberá utilizar as tutorías tutorías de despacho para resolver calquera cuestión ou dúbida sobre a materia.
• Recoméndase ao estudante ler e consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web) que enriquecerán a perspectiva e casuística tratada durante o desenvolvemento das clases.