Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021225 - Bioloxía do desenvolvemento (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 42.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Bioloxía Celular
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ANADON ALVAREZ, RAMON.NON
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA.NON
NOIA GULDRIS, MANUEL.NON
RODRIGUEZ-MOLDES REY, Ma ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionarlle ao alumno unha aproximación comprensible dos procesos que teñen lugar durante o desenvolvemento nos niveis anatómico, celular, molecular e de expresión xénica.


    Contidos
    Programa de teoría (30h)

    Programa de teoría
    TEMA 1.- INTRODUCIÓN. Antecedentes históricos. Principais conceptos en Bioloxía do Desenvolvemento. Principais procesos do desenvolvemento. Reprodución asexual e sexual. Principais métodos de estudio. Ciclos vitais dos principais organismos modelo en estudios de desenvolvemento: Etapas do desenvolvemento. 1h
    TEMA 2.- GAMETOXÉNESE. Orixe das células xerminais. Determinación do sexo. Espermatoxénese. Ovoxénese. Viteloxénese e maduración do ovo. 2h
    TEMA 3.- Fases da fecundación. Mecanismos implicados na fecundación. Significado biolóxico. PARTENOXÉNESE. Tipos e significado. 2h
    TEMA 4.- SEGMENTACIÓN. Mecanismos da segmentación. Tipos de segmentación e organización da blástula. Propiedades do embrión durante a segmentación: embrións reguladores e de desenvolvemento en mosaico. Segmentación nos mamíferos: o blastocisto.
    3h
    TEMA 5.- GASTRULACIÓN. Mapas de territorios presuntivos. Tipos de movementos morfoxenéticos durante a gastrulación. Tipos de gástrulas. Exemplos de gastrulación: ourizo de mar, anfioxos, anfibios, peixes, aves e mamíferos. 2h
    TEMA 6.- DESENVOLVEMENTO TEMPERÁN EN VERTEBRADOS. Neurulación. Especificación da placa neural e dos seus derivados. Especificación e diferenciación dos derivados do mesoderma. Especificación e diferenciación dos derivados do endoderma. 2h
    TEMA 7.- LA BASE CELULAR DA MORFOXÉNESE. Análise experimental da constancia xenómica. Transplantes nucleares en anfibios. Clonación nos mamíferos. DIFERENCIACIÓN CELULAR. Sinais, receptores e gradientes. Adhesión intercelular e diferenciación planar. Implicación do citoesqueleto na diferenciación. Migración celular. 2h
    TEMA 8.- DESENVOLVEMENTO DO PATRÓN CORPORAL EN Drosophila. Especificación dos eixos corporais no embrión. Xenes do desenvolvemento implicados e súas interaccións: xenes maternos e embrionarios. Interaccións moleculares. Conservación do patrón xénico no desenvolvemento. 2h
    TEMA 9.- DESENVOLVEMENTO DO PATRÓN CORPORAL BÁSICO EN VERTEBRADOS. Establecemento dos eixes corporais en anfibios: o concepto de Organizador de Spemann-Mangold e a inducción embrionaria. O Centro organizador de Nieuwkoop. Xenes do desenvolvemento e os organizadores de anfibios. Determinación celular e a súa regulación. A regulación en peixes, aves e mamíferos: xenes implicados. Xeración da asimetría corporal. 2h
    TEMA 10.- ENVOLTAS EXTRAEMBRIONARIAS. Formación do amnios e alantoides en amniotas. Adaptacións ó viviparismo. Implantación do blastocisto nos mamíferos. Formación, tipos e funcións das placentas. O parto e o seu control. 2h.
    TEMA 11.- ORGANOXÉNESE. Desenvolvemento do sistema nervioso, órganos sensoriais e derivados cutáneos. Desenvolvemento dos aparatos dixestivo e respiratorio. Desenvolvemento do aparato circulatorio. Desenvolvemento do aparato uroxenital. Desenvolvemento das extremidades. 5h
    TEMA 12.- DESENVOLVEMENTO POSNATAL. Modelos de crecemento. Formas larvarias e o seu significado. As mudas dos insectos. METAMORFOSIS E O SEU CONTROL. A metamorfose en insectos e anfibios. 1h
    TEMA 13.- REXENERACIÓN. Modelos experimentais de rexeneración. Rexeneración nerviosa. ENVELLECEMENTO. Modelos biolóxicos de envellecemento. Marcadores de envellecemento. 1h
    TEMA 14.- INMORTALIDADE CELULAR E CANCRO. Células tronco embrionarias e o seu papel no desenvolvemento. Teratocarcinoma, un modelo de cancro embrionario. Células tronco nos tecidos adultos. 1h
    TEMA 15.- DESENVOLVEMENTO EN PLANTAS VASCULARES. Organización funcional dos meristemos. Modelos de diferenciación. Control do desenvolvemento da flor e xenes homeóticos. 1h
    TEMA 16.- EVOLUCIÓN E DESENVOLVEMENTO (EVO-DEVO). Unha síntese. 1h

    Programa de prácticas (16h)

    PRÁCTICA 1.- Estudo da gametoxénese en mamíferos.
    PRÁCTICA 2.- Estudo do desenvolvemento de moluscos bivalvos con lóbulo polar.
    PRÁCTICA 3.- Estudo do desenvolvemento normal no ourizo de mar.
    PRÁCTICA 4.- Estudo do desenvolvemento normal en anfibios anuros.
    PRÁCTICAS 5-6.- Estudo do desenvolvemento de aves.
    PRÁCTICA 7.- Envoltas extraembrionarias e organización do embrión de mamíferos.
    PRÁCTICA 8 (ORDENADOR).- Estudo do desenvolvemento de Drosophila.

    Titorías obrigatorias (2h)

    TUTORÍA 1: exporanse as normas para a elaboración dos traballos expositivos, seleccionaranse os temas a desenvolver e daranse orientacións para a busca de información.
    TUTORÍA 2: farase o seguimento do desenvolvemento do traballo e resolveranse dubidas.

    Seminarios (traballos expositivos de alumnos) 12h

    Estes traballos faranse individualmente ou en grupo de acordo co profesor do grupo e os seus contidos estableceranse nas Titorías obrigatorias.


    Bibliografía básica e complementaria
    Teoría
    CARLSON, B.M. Embriología básica de Patten. Interamericana/McGraw-Hill, México. 1990 (5ª ed.).
    CARLSON, B.M. Embriología humana y Biología del Desarrollo. Harcourt. 2009 (4ª ed.)
    GILBERT, S.F. Developmental Biology. Sinauer Associates, Inc. Publishers. Sunderland, Massachusetts. 2010 (9ª ed.) LA 7ª ED. ESTÁ TRADUCIDA AL CASTELLANO: Madrid, Editorial Médica Panamericana, 2005
    KALTHOFF, K.. Analysis of biological development. MacGraw-Hill. 2001 (2ª ed.).
    WOLPERT, L. ET AL. Principles of Development. Oxford University Press. 2007 (3ª ed.). LA 3ª ED. ESTÁ TRADUCIDA AL CASTELLANO: Madrid, Médica-Panaméricana, 2009

    Prácticas
    BELLAIRS, R. e M. OSMOND, The atlas of chick development, San Diego: Academic Press, 1998 / Amsterdam: Elsevier, 2005
    FREEMAN, W. H. e BRACEGIRDLE, B., An atlas of Embryology, Heinemann Educational Books, London, 3ª ed., 1978.
    KAUFMAN, M. H., The atlas of mouse development, Academic Press, London, 1992 / Amsterdam: Elsevier, 2005
    MATHEWS, W. W., Atlas of descriptive embryology, Prentice Hall, Englewoods Cliffs, 4ª ed., 1986.
    WISCHNITZER, S., Atlas y guía de laboratorio de embriología de vertebrados, Ed. Omega, 1980.
    Competencias
    Competencias específicas
    • Técnicas básicas en bioloxía: identificación das etapas do desenvolvemento embrionario características dos principais organismos modelo
    • Células, tecidos e órganos: morfoloxía e anatomía de tecidos e órganos, regulación e integración de funcións orgánicas, análise microscópico e embrioloxía.
    • Biodiversidade: tipos e niveis de organización e ciclos biolóxicos; evolución e filoxenia

    Competencias transversais
    • Traballo en grupo, utilización de información adecuada, diversa e actualizada, bibliográfica e de internet, utilización de información en lingua estranxeira, capacidade de síntese, capacidade de exposición en público.

    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaranse:
    - Clases maxistrais.
    - Seminarios (traballos expositivos de alumnos. Os seminarios son obrigatorios. Cada alumno deberá expoñer, defender e presentar por escrito un traballo que lle será asignado polo profesor. Tamén deberá participar activamente durante as presentacións dos seus compañeiros mediante a formulación de cuestións que estimulen o debate.
    - Prácticas de laboratorio e de computador. Faranse grupos de prácticas que terán lugar durante o primeiro cuadrimestre (ata completar 14 h de prácticas de laboratorio e 2 h de prácticas de computador por grupo).
    - Titorías obrigatorias (dúas titorías de 1 h cada unha).
    - A USC Virtual será utilizada para facilitar o acceso ás presentación do profesor nas clases maxistrais, así como ós resumos das presentacións dos alumnos nos seminarios.

    Sistema de evaluación
    http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html






    Tempo de estudo e traballo persoal
    Teoría: 30 horas presenciais e 56 horas de traballo persoal (horas totais: 86).
    - Preparación e exposición de seminarios: 1 hora presencial e 20 horas de traballo persoal (horas totais: 21).
    - Asistencia a seminarios: 12 horas presenciais e 3 de traballo persoal (horas totais: 15).
    - Prácticas de laboratorio: 14 horas presenciais e 2 horas de traballo persoal (horas totais: 16).
    - Prácticas de computador: 2 horas presenciais e 2 de traballo persoal (horas totais: 4).
    - Titorías personalizadas: 2 horas presenciais (horas totais: 2).
    - Realización de exames: 5 horas presenciais (horas totais: 5).

    Recomendacións para o estudo da materia

    • Asistencia e participación activa na clase.
    • Consulta da bibliografía recomendada.
    • Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.




    1º e 2º ciclo (en extinción)