Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021226 - Botánica II (Plantas Vasculares) (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 49.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Botánica
  • Áreas: Botánica
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CARBALLAL DURAN, Ma REGINA.NON
López Rodríguez, Maria del Carmen.NON
Ortiz Nuñez, Santiago.NON
Rodriguez Oubiña, Juan Jose M.SI
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Proporcionarase aos alumnos unha visión xeral dos aspectos teóricos e prácticos dos principais grupos de cormófitos. Pretendese que o alumno coñeza a morfoloxía, estrutura, ciclos vitais e diversidade dos mesmos, así como as súas formas de vida e tipos de reproducción. Farase especial fincapé na aprendizaxe e observación no laboratorio dos caracteres de plantas frescas representativas ou de interese. Tamén se tratará de concienciar ao alumnado face aos temas medioambientais e conservacionistas.
    Unha vez concluida a materia, o estudante deberá contar con capacidade de comprensión e formación teórica e práctica suficiente sobre os organismos tradicionalmente estudados na área de Botánica baixo a denominación de Plantas Vasculares.
    Resumindo, ao finalizar o curso o estudante deberá ser capaz de:
    - entender a bioloxía, reproducción e diversidade dos cormófitos
    - comprender e manexar terminoloxía científica básica relacionada coas plantas vasculares
    - recoñecer as principais líñas filoxenéticas das plantas vasculares
    - coñecer os taxa de especial importancia aplicada
    - perceber o papel destes vexetais nos ecosistemas
    - tamén deberá ser capaz de identificar material fresco mediante chaves.


    Contidos
    Programa Teórico:
    Div. Pteridophyta. (8 h)
    Introducción ás plantas con semente. División Spermatophyta. (3 h)
    As Ximnospermas, filoxenia e evolución. (3 h)
    Clase Cycadopsida.Clase Ginkgoopsida. (2 h)
    Clase Coniferopsida.Clase Gnetopsida. (3 h)
    As Anxiospermas, filoxenia e evolución. (4 h)
    Clase Magnoliopsida. A flor. Raiz, talo e follas. (10 h)
    Polinización. O froito. (3 h)
    Subclase Magnoliidae. Subclase Liliidae. (3 h)
    Subclase Rosidae. Eurrósidas I. Eurrósidas II. (3 h)
    Euastéridas I. Euastéridas II. (3 h)
    Introducción á Xeobotánica. Conservación. (1 h)

    Programa Práctico:
    Práctica 1. Identificación de Pteridófitos e Anxiospermas.
    Práctica 2. Identificación de Anxiospermas.
    Práctica 3. Identificación de Anxiospermas.


    Práctica de campo
    Realizarase unha práctica de campo obrigatoria de 4 horas de duración que consistirá no estudo e identificación de diversas plantas vasculares no seu medio natural. Esta práctica realizarase no Parque Natural das Fragas do Eume ou nas próximidades de Santiago de Compostela (Bando) dependendo da disponibilidade de financiamento.

    Bibliografía básica e complementaria
    Teoría e Prácticas:
    - Bonnier G.& De Layens, G., Claves para la determinación de plantas vasculares, 2ª reimpresión, Editorial Marín, 1997. Barcelona.
    - Castroviejo, S. et al., Claves de Flora Iberica, vol. I, Real Jardín Botánico de Madrid, Dpto. de Publicaciones del C.S.I.C., 2001. Madrid.
    - Díaz T.E., Fernández-Carvajal M.C. e Fernandez Prieto J.A., Curso de Botánica, Ediciones Trea, 2004. Gijón.
    - Font Quer, P., Diccionario de Botánica, ed. Labor, 2000. Barcelona.
    - García, X.R., Guía das plantas de Galicia, Xerais, 2008. Vigo.
    - Heywood, V.H., Brummit, R.K., Culham, A. & Seberg, O., Flowering Plant Families of the world. Royal Botanic Gardens, 2007. Kew.
    - Izco, J. et al., Botánica, 2ª ed., editorial Interamericana McGraw & Hill, 2004. Madrid.
    - Judd, W.S.; Campbell, C.S.; Kellogg, E.A. & Stevens P.F., Plant Systematics. A phylogenetic aproach. Ed. Sinauer Associates, 1999. Sunderland.
    - Merino, B. Flora descriptiva e ilustrada de Galicia I, II, III,. Ed. Tipografía Galaica.1905,1906,1909. Santiago de Compostela.
    - Sitte, P, et al., Strasburger Tratado de Botánica, 35ª edición, editorial Omega, 2004. Barcelona.

    Competencias
    Que o alumno adquira nocións fundamentais sobre a sistemática, diversidade, evolución, formas vitais, xeitos de reproducción e distribución das plantas vasculares.Para cumplir o obxectivo anterior o alumno debe comprender e formarse nos diferentes contidos teóricos que levan implícitos os coñecementos citados así como:
    a) destreza no uso do material óptico, adquirir capacidade manual para a separación e recoñecemento de estruturas florais e das técnicas de identificación de cormófitos.
    b) adquirir capacidade e criterio acaidos para examinar as estruturas vexetais e tomar decisións ao empregar os tratados de identificación de cormófitos.
    c) coñecemento e utilización correcta da terminoloxía e nomenclatura botánica.


    Metodoloxía da ensinanza
    - Aulas maxistrais
    - Prácticas de laboratorio (obrigatorias): Realizaranse en 3 sesións de 2 horas de duración. Aprendizaxe do uso de chaves para a identificación de plantas. Estudo da morfoloxía, estructuras vexetativas e reproductoras das especies vasculares mais características.
    - Práctica de campo, de 4 horas de duración
    - Tutorías. Nelas complementarase o labor desenvolvido nas prácticas de laboratorio facilitando ao alumno os coñecementos esenciais que ten que manexar para a identificación de plantas vasculares con chaves e se reforzarán alguns aspectos como a identificación de ximnospermas e de algunhas anxiospermas especialmente relevantes como por exemplo, as árvores mais comúns no noso entorno. Para elo realizarase un itinerario botánico nas proximidades da Facultade.
    - Exame final escrito.


    Sistema de evaluación
    Realizarase un exame escrito ao finalizar a asignatura e a cualificación final obterase segundo a siguinte ponderación:
    - a nota do examen representará o 90% da cualificación final
    - a asistencia e participación nas diferentes actividades docentes, especialmente as que son de tipo práctico, representará un 10%
    - Non se poderá aprobar a asignatura se o alumno non consegue un mínimo de 5 puntos sobre 10 na nota do exame teórico.
    - Se o alumno se presenta con toda a materia ao exame final, a cualificación dese exame será a definitiva que representa o 90% da nota final da asignatura. Se o alumno se examina no exame final soamente da segunda parte da asignatura por ter aprobado a primeira no exame parcial liberatorio, o 90% da nota final obterase da media aritmética entre a cualificación do primeiro parcial liberatorio e a do exame final. Para poder aprobar o exame neste segundo suposto é necesario que o alumno obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 nos dous exames.
    - Entre convocatorias unicamente se conserva a cualificación de asistencia ás aulas prácticas.

    Os criterios de avaliación da asignatura estan recollidos na taboa que aparece no seguinte enlace: http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula:
    .- Aulas maxistrais e exames 49h.
    .- Prácticas de laboratorio 6h.
    .- Prácticas de campo 4h.
    .- Titorías 1h
    .- Total horas de traballo presencial 60h

    Traballo persoal do estudante:
    .- Estudo individual 90h
    .- Total horas de traballo personal do estudante 90h

    Total horas de traballo presencial e persoal do alumno= 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a todas as actividades docentes.
    • Consulta da bibliografía recomendada.
    • Facer uso das titorías para cualquera tipo de cuestión relacionada coa materia.




    1º e 2º ciclo (en extinción)