G1021227 - Zooloxía II (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 47.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Zooloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAcadar unha formación zoolóxica xeral mediante o estudo e coñecemento de:
• Modelos estructurais básicos da organización animal
• Diversidade animal, adaptacións funcionais e liñas filoxenéticas
• Técnicas de mostraxe, conservación e estudo de material zoolóxico
• Técnicas de disección, identificación con chaves e recoñecemento de “visu” de especies de Artrópodos e Cordados.
Contidos1. PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (41 horas)
Os Artrópodos: definición e posición no reino animal. Caracteres xerais. A orixe e a clasificación dos Artrópodos. Trilobitomorfos (8h)
Quelicerados e grupos afíns: caracteres xerais e clasificación. Merostomados, Arácnidos e Picnogónidos (4h)
Miriápodos: caracteres xerais e clasificación (1h)
Hexápodos: caracteres xerais. Visión xeral dos grupos máis representativos (8h)
Crustáceos: caracteres xerais. Visión xeral dos grupos máis representativos (3h)
Os Cordados: definición e xeneralidades. Os grandes grupos de Cordados: clasificación. A orixe dos Cordados (1h)
Procordados: Tunicados e Cefalocordados: características xerais (2h)
Vertebrados Agnatos: definición e clasificación. Análise da evolución e radiación adaptativa (2h)
Vertebrados Gnatostomados: definición e estudo da organización dos Condrictios (2h)
Actinopterigios e Sarcopterigios: definición e estudo da organización dos peixes óseos. Clasificación. Análise da evolución e radiación adaptativa (2h)
Tetrápodos. Anfibios: estudo da súa organización. Reprodución e desenvolvemento. Clasificación. Tendencias evolutivas (2h)
Réptiles: caracteres xerais. Estudo detallado do tipo morfolóxico saurio. Clasificación. Orixe e evolución (2h)
Aves: caracteres xerais e clasificación. Orixe e evolución. Comportamento (2h)
Mamíferos: caracteres xerais e clasificación. Orixe e evolución. Comportamento (2h)
2 . PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (8 horas)
Práctica 1.- Arácnidos, Miriápodos e Crustáceos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos (2h)
Práctica 2.- Hexápodos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos (2h)
Práctica 3.- Disección dun Crustáceo Decápodo (2h)
Práctica 4.- Vertebrados. Disección dun Osteíctio (2h)
3. OUTRAS ACTIVIDADES PRÁCTICAS (6 horas)
Seminario 1.- Técnicas de mostraxe, conservación e estudio de Artrópodos (2h)
Seminario 2.- Técnicas de mostraxe, conservación e estudio de Cordados (2h)
Seminario 3.- Proxección e discusión de documentais sobre a bioloxía e evolución de Artrópodos e Cordados (2h)
4. SEMINARIOS IMPARTIDOS POLOS ALUMNOS
Tódolos alumnos terán que participar na elaboración dun traballo en grupo que consistirá nunha exposición relativa os contidos teórico-prácticos da asignatura.
Para a preparación dos traballos os alumnos deberán de asistir obrigatoriamente as titorías; nelas o profesor orientará e resolverá as dúbidas que plantexen sobre os temas de traballo propostos.
Os seminarios exporanse oralmente según o calendario que a tal efecto será oportunamente elaborado, con unha duración máxima de 20 minutos para cada exposición. Os contidos das exposicións dos diferentes seminarios estarán dispoñibles para todo o alumnado.
Bibliografía básica e complementariaa) Teoría
• Bibliografía básica
HICKMAN, C. P., ROBERTS, L. S., LARSON, A., L´ANSON, H. y EISENHOUR, D., 2009. Zoología. Principios Integrales. (14ªEd.). Ed. McGraw. Hill/Interamericana. Madrid (igualmente útiles outras edicións anteriores en español)
• Bibliografía complementaria
BRUSCA, R. C. y BRUSCA, G. J., 2005. Invertebrados. 2ª ed. Ed. McGraw- Hill/Interamericana.
KARDONG, V., 2011. Vertebrados. 4ª ed. Ed. Interamericana McGraw-Hill. Madrid.
b) Prácticas
ARNOLD, E. N., 1987 (reimp.). Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y de Europa. Ed. Omega. Barcelona.
BARRIENTOS, J. A. (Ed.), 2004. Curso Práctico de Entomología. Asociación Española de Entomología. CIBIO, Universitat Autònoma de Barcelona.
BLAS ARITIO, L., 1974. Guía de campo de los mamíferos españoles. Ed. Omega. Barcelona.
COBERA, J., SABATÉS, A. y GARCÍA-RUBIES, A., 1996. Peces de mar de la Península Ibérica. Ed. Planeta. Barcelona.
CHINERY, M., 1985. Guía de campo de los insectos de España y Europa. Ed. Omega. Barcelona.
PETERSON, R. T., 1995. Guía de campo de las aves de España y de Europa. Ed. Omega. Barcelona.
Competencias• Manexo das técnicas básicas de conservación, preparación e estudo do material zoolóxico de Artrópodos e Cordados.
• Coñecemento elemental das técnicas de disección animal.
• Manexo de chaves de identificación dos diferentes grupos zoolóxicos.
• Coñecemento das principais técnicas de mostraxe no campo.
• Capacidade para o recoñecemento de “visu” a diferentes niveles taxonómicos de Artrópodos e Cordados.
• Capacidade para manexar bibliografía zoolóxica xeral e especializada.
Metodoloxía da ensinanza • Clases teóricas presenciais : 41 horas de clases teóricas impartidas polo profesor nas que desenvolverá o contido do programa.
• Sesións audiovisuais: 4 horas de proxección de audiovisuais que serán comentados e debatidos polo profesor e os alumnos.
• Prácticas de Laboratorio: 4 prácticas (8 horas presenciais)
• Seminarios: 3 (6 horas presenciais)
• Seminarios impartidos en grupo polos alumnos de 20 minutos de duración (6 horas presenciais)
• Titorías personalizadas: unha titoría de unha hora para cada grupo
Para a impartición da materia utilizarase a plataforma da USC virtual
Sistema de evaluaciónTeoría.- Realizarase un exame final obrigatorio.
Prácticas e Seminarios.- A asistencia e obrigatoria. Os alumnos repetidores que xa fixeran as prácticas de laboratorio non teñen a obriga de repetilas. Todos os alumnos realizarán un exame sobre os seus contidos, que incluirá tamén cuestións relativas o recoñecemento de visu dos animais que figuran na relación entregada o alumno o comenzo do curso.
Seminarios impartidos polos alumnos.- Valorarase a labor de síntese da información recopiada, a capacidade para transmitila, a presentación e a capacidade de respostar de forma axeitada as preguntas formuladas.
Avaliación: a superación da asignatura implica obter unha calificación mínima de aprobado (5), tanto no exame teórico como práctico. No caso de aprobar únicamente unha das dúas partes (teórica ou práctica) o aprobado manterase únicamente durante as convocatorias do curso académico correspondente.
A calificación final obterase de acordo con seguinte baremo: a parte teórica representará un 70% da nota, a parte práctica representará un 25 % e os seminarios impartidos polos alumnos un 5 %.
Para outros detalles ver http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NO AULA
Clases maxistrales: 41 h
Sesións audiovisuais: 4 h
Prácticas de laboratorio: 8 h
Prácticas de pizarra/seminarios: 6
Tutorías en grupos reducidos ou individualizadas:1h
Total horas de traballo presencial 60
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual: 65 h.
Elaboración de traballos: 12 h
Asistencia a charlas e outras actividades recomendadas 3 h
Realización de exames: 4 h
Visitas a Museos e salidas o campo: 6 h
Total horas de traballo persoal do estudante: 90 h
Recomendacións para o estudo da materia• Asistir ás clases teóricas, prácticas, seminarios e actividades de campo.
• Consultar a bibliografía recomendada.
• Realizar ao longo de todo o ano, en pequenos grupos e como iniciativa persoal do alumno, pequenos desprazamentos aos ambientes mariño, terrestre e doceacuícola, principalmente para a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de “visu”.
• Frecuentar a visita a Museos de Historia Natural, recomendándose especialmente, pola súa proximidade e representatividade da fauna galega, o Museo de Historia Natural Luís Iglesias da USC.
• Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire ás cuestións teóricas como prácticas da materia.