G1021228 - Bioquímica II (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 45.00
- Clase Interactiva Seminario: 10.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 60.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Coñecer os conceptos xerais da materia, que poderían xeralizarse como estudo do Metabolismo e a Bioloxía Molecular, e relacionalos con outras materias básicas e específicas do Grao en Bioloxía no contexto evolutivo.
- Coñecer as formas de obtención da enerxía necesaria para o mantemento das funcións biolóxicas dos organismos.
- Coñecer as rutas metabólicas que os organismos utilizan para a síntese e a degradación de biomoléculas e ter unha visión integrada do metabolismo e da súa regulación.
- Coñecer os mecanismos de control que coordinan as reaccións químicas que teñen lugar nos organismos, así como algúns dos cambios químicos que acompañan ao crecemento, á diferenciación, ao envellecemento e á morte das células.
- Adquirir coñecementos básicos sobre o almacenamento, a transmisión e a utilización da información biolóxica polas células e organismos.
- Coñecer e manexar correctamente a terminoloxía científica utilizada na Bioquímica e Bioloxía Molecular.
ContidosTema I: Introdución ao Metabolismo. Conceptos fundamentais e panorámica xeral.
Tema 2: Metabolismo de Carbohidratos. Panorámica xeral. Dixestión de carbohidratos.
Tema 3: Glucolise e a súa regulación. Incorporación doutros monosacáridos á vía glicolítica. Fermentacións.
Metabolismo do Etanol.
Tema 4: Orixe metabólicos do Acetil-CoA. A reacción do Complexo da Piruvato deshidroxenasa.
Tema 5: O Ciclo de Krebs e a súa regulación. Natureza anfibólica do Ciclo de Krebs.
Tema 6: Transporte electrónico en mitocondrias e bacterias.
Tema 7: Fosforilación oxidativa. Especies reactivas de osíxeno e sistemas antioxidantes.
Tema 8: Gluconeoxénese e a súa regulación.
Tema 9: A ruta das pentosas fosfato.
Tema 10: Metabolismo do glucóxeno e outros polisacáridos.
Tema 11: A fotosíntese. Transporte electrónico, fotofosforilación oxidativa e ciclo de Calvin.
Tema 12: Forrespiración. Plantas C4. Ciclo do glioxilato.
Tema 13: Biosíntese de carbohidratos nas células vexetais.
Tema 14: Panorámica do metabolismo de lípidos. Dixestión e transporte de lípidos no sangue.
Tema 15: Degradación de ácidos graxos: a beta-oxidación. Metabolismo de corpos cetónicos.
Tema 16: Síntese de ácidos graxos e derivados. Regulación do metabolismo de ácidos graxos.
Tema 17: Metabolismo de triacilglicéridos e a súa regulación.
Tema 18: Metabolismo de lípidos complexos: esfingolípidos, terpernos e esteroides.
Tema 19: Metabolismo do colesterol.
Tema 20: Panorámica do metabolismo de proteínas e aminoácidos. Dixestión de proteínas e transporte de
aminoácidos. Recambio e degradación intracelular de proteínas.
Tema 21: Metabolismo de aminoácidos: rutas xerais de degradación e biosíntese. A transdesaminación.
Tema 22: Metabolismo do amonio. O ciclo da Urea.
Tema 23: Fixación do nitróxeno e incorporación nos compostos orgánicos.
Tema 24: Panorámica do metabolismo de nucleótidos. Dixestión e degradación de ácidos nucleicos.
Tema 25: Síntese e degradación de ribonucleótidos e desoxirribonucleótidos. Reciclaxe de nucleótidos.
Tema 26: Integración e coordinación de procesos metabólicos.
Tema 27: Patoloxías metabólicas
Tema 28: Os ácidos nucleicos. A doble hélice, os tipos de ARN, a cromatina e o xenoma.
Tema 29:O dogma central da Bioloxía Molecular. A transcripción. Modificacións postranscripcionais do ARN.
Tema 30: O código xenético.
Tema 31: A síntese de proteínas: a traducción.
Tema 32: Modificacións estruturais co- e post-traducionais das proteínas. Secreción de proteínas.
Tema 33: Niveis de regulación da expresión xénica en procariotas e eucariotas.
Tema 34: A replicación do ADN e o ciclo celular.
Tema 35: Modificación e reparación do ADN. Mutación e recombinación.
Tema 36: Introdución a Enxeñaría Xenética.
Tema 37: Xenómica, proteómica e metabolómica.
Bibliografía básica e complementariaMANUAIS:
O máis esencial é centrar o traballo nuns poucos libros de texto de Bioquímica dirixidos aos estudantes universitarios que van cursar esta materia. De xeito xenérico, tamén indicar que nesta materia é moi importante a actualización dos contidos, xa que a Bioquímica e a Bioloxía Molecular están en constante evolución. Como a maioría dos textos de Bioquímica sufren actualizacións periódicas, nas recomendacións bibliográficas sempre nos referiremos á última edición.
Facemos 2 bloques bibliográficos:
a) Manuaies que serven para materias relacionadas coa Bioloxía Celular e a Bioloxía Molecular:
- Alberts, B.; Bray, D.; Lewis, J.; Raff, M.; Roberts, K., e Watson, J.D. Biología molecular de la célula. Ed. Omega, Barcelona.
- Lodish, H.F.; Berk, A.; Matsudaira, P.; Kaiser, C.A.; Krieger, M.; Scott, M.P.; Zipursky, S.L. e Darnell J.E. Biología celular y molecular. Ed. Médica Panamericana, Madrid.
- Cooper, GM & Hausman, RE. The Cell: A molecular approach. ASM Press
b) Manuais que serven para a materia Bioquímica II e para outras materias da área de Bioquímica e Bioloxía Molecular:
- Berg, J.M., Tymoczko, J.L. e Stryer. Bioquímica. Ed Reverté, Barcelona.
- Mathews, C.K., van Holde, K.E. e Ahern, K.G. Bioquímica.. Ed McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
- Nelson, D.L. y Cox, M.M. Principios de Bioquímica de Lehninger. Ed Omega, Barcelona.
- Newsholme, E. & Leech, T. Functional Biochemistry. Ed. Wiley-Blackwell.
- Voet, D. & Voet, J.G. Bioquímica. Ed Médica Panamericana.
CompetenciasCOMPETENCIAS TRANSVERSAIS (XENÉRICAS)
A) Instrumentais:
-Capacidade de análise e síntese: capacidade para interrelacionar e integrar a información da materia nas súas diferentes partes e con outros contidos provenientes doutras materias.
-Resolución de problemas: a devandita integración de coñecementos será necesaria para que o/a alumno/a sexa capaz de resolver problemas.
-Comunicación oral e escrita: destreza, claridade e calidade na comunicación e presentación dos coñecementos bioquímicos.
B) Personais:
-Traballo en equipo
-Razoamento crítico: o desenrolo do pensamento científico e do espíritu crítico.
C) Sistémicas:
-Aprendizaxe autónomo. Manexo de bibliografía da disciplina mediante a recompilación de información en libros, bases de datos ou na rede co obxectivo de fomentar a autoeducación.
-Adaptación: capacidade para usar a información bioquímica dispoñible na análise de situacións novas.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
A) Dentro do apartado ¿qué debe saber un biólogo?:
Todas aquelas sinaladas nos descriptores do plan de estudos e no programa da materia.
B) Dentro do apartado ¿qué debe saber facer un biólogo?:
(Ao non haber prácticas de laboratorio, que xa se teñen realizado en Técnicas Básicas e Bioquímica I ou se realizarán noutras materias do plan de estudos, eiquí se abordará dende o punto de vista conceptual e metodolóxico).
Algúns exemplos: Realizar diagnósticos, Manipular o material genético, Avaliar actividades metabólicas,
Obter información de diversas fontes, deseñar experimentos e interpretar resultados
Metodoloxía da ensinanza - Créditos expositivos: clases expositivas de lección maxistral do profesor.
- Créditos interactivos: seminarios para a presentación de traballos e a resolución de problemas.
- Créditos de titorías en grupo: se seguirá a evolución dos estudante, se aclararán dúbidas sobre a materia, e se orientará sobre o traballo escrito que, obrigatoriamente, deberán facer sobre un tema relacionado coa materia elexido polo profesor; dito traballo terá que presentarse públicamente empregando powerpoint ou equivalente. Os grupos pata facer os traballos tamén os establecerá o profesor.
O número de horas presenciais dedicadas a cada unha das actividades ven dada polo Plano de Estudos vixente. Os horarios de cada unha das actividades ven establecido pola Facultade.
Sistema de evaluación- EXAME FINAL. Realizarase un único exame nas convocatorias ordinarias de Xuño e Xullo correspondentes aos créditos teóricos para avaliar o nivel de coñecementos adquiridos. O exame constará de varias preguntas repartidas entre cuestións teóricas sobre contidos do temario e resolución de problemas/cuestións de dificultade análoga aos realizados durante o curso nos seminarios. Contará ata 8 puntos da nota final. En calqueira caso para aprobar a materia terá que superarse este examen teórico (mínimo 5 puntos sobre 10).
- O aproveitamento do curso mediante diversas ferramentas de avaliación continua valorarase ata 2 puntos na nota final, cos seguintes apartados: i) seminarios, asistencia a clases e titorías ata 1 punto; ii) realización e presentación do traballo ata 1 punto. Se un estudante non acude a clase, seminarios ou titorías ou non realiza as actividades programadas polo profesor(es) como a realización de traballos, terá unha calificación de 0 en eses apartados.
- Dada a natureza da avaliación continua, na convocatoria de xullo repetirase exclusivamente a avaliación dependente do exame.
- No caso de ter que repetir a materia no seguinte curso, NON se gardará ningunha nota. Os repetidores terán que facer o mesmo que os novos estudantes.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais:
45 horas expositivas de clases maxistrais + 10 horas de seminarios + 5 horas de titorías en grupo reducido + 2 horas de examen.
Horas non presenciais:
68 horas de adicación á preparación da materia teórica + 20 horas para a resolución de problemas e realización de traballos grupais.
Volume total de traballo:
57 horas de clases presenciais + 5 horas presenciais non de clase + 88 horas de traballo persoal= 150 horas totais.
Recomendacións para o estudo da materia-Recoméndase levar a materia ao día, revisando nos textos recomendados os conceptos presentados na clase. Compre recordar que o exposto polo profesor nas clases teóricas é un guión avanzado dos temas e contidos do curso, de modo que o/a estudante ha de afondar no estudo utilizando os libros recomendados.
-A asistencia ás clases e a participación activa nelas é moi importante para o seguimento continuo da materia. O profesor pode chamar a alumnos/as ó encerado para a resolución de problemas nos seminarios así como facer preguntas aos presentes en calquera clase. O resultado das respostas será valorado no apartado de avaliación continua.
-Preguntar ao profesor todas aquelas dúbidas que poidan xurdir, así como facer uso de titorías individuais para tratar estes temas.
-Autoavaliación da comprensión dos contidos. Conforme aos temas teóricos tratados y seminarios, facer preguntas e xerar unha batería de respostas tipo test para enfrontarse con éxito ao exame teórico da materia.
-Preparación de esquemas ou guións xerais das rutas metabólicas indicando os seus aspectos máis importantes: tipos de organismos, células e compartimento celular nas que acontecen; encimas e metabolitos máis importantes específicos das rutas; regulación enzimática que sofren as rutas; balances enerxéticos, se os houbera.
-Emprego adecuado de INTERNET, seleccionando a información axeitada ao caso e á materia, para a recompilación de información para seminarios e resolución de problemas/cuestiones, así como daqueles temas de actualidade relacionados coa Bioquímica e a Bioloxía Molecular que ofrezan un especial interese para os/as alumnos/as desta titulación.
- Por último, o alumno deberá centrar o seu estudo na posible aplicación dos conceptos explicados á realidade social, cotiá, científica, médica, etc., e ao seu ámbito profesional futuro e non limitarse nunca á simple asimilación de información.
ObservaciónsNON se poñererá ningunha información sobre os contidos da materia na USC virtual. Os estudantes deberían consultar bibliografía recomendada (ou outra equivalente) e empregar internet para buscar e obter información rigorosa e acreditada sobre os contidos da materia.