Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021229 - Xenética II (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 45.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Clase Interactiva Seminario: 5.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xenética
  • Áreas: Xenética
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Alvarez Jurado, Gonzalo.NON
Garcia Suarez, Carlos.NON
GOMEZ PARDO, MARIA BELEN.NON
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA.SI
Zapata Babío, José Carlos.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_07OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_05OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Introducir ao coñecemento dos procesos biolóxicos presentes nas poboacións naturais.
    - Estudo da orixe da variación xenética.
    - Introdución ao coñecemento da regulación da expresión xenética e iniciar os estudantes en temas avanzados como xenética do desenvolvemento, inmunoxenética ou cancro
    - Completar o estudo realizado en Xenética I das técnicas da Enxeñaría Xenética e as súas aplicacións e repercusións sociais

    Contidos
    TEORÍA

    TEMA 1: XENÉTICA CUANTITATIVA (5 h)
    TEMA 2: MUTACIÓN XÉNICA E BASE MOLECULAR DA MUTACIÓN e DA REPARACIÓN (5 h)
    TEMA 3: MUTACIÓNS CROMOSÓMICAS NUMÉRICAS (4h)
    TEMA 4: MUTACIÓNS CROMOSÓMICAS ESTRUTURAIS (4h)
    TEMA 5: TRANSPOSICIÓN(3h)
    TEMA 6: REGULACIÓN DA EXPRESIÓN EN PROCARIOTAS(4h)
    TEMA 7: REGULACIÓN DA EXPRESIÓN EN EUCARIOTAS (4h)
    TEMA 8: CONTROL XENÉTICO DO DESENVOLVEMENTO E INMUNOXENÉTICA(4h)
    TEMA 9: CICLO CELULAR E CANCRO (4h)
    TEMA 10: TECNOLOXÍA E APLICACIÓNS DAS TÉCNICAS DO ADN RECOMBINANTE (4h)
    TEMA 11: GENÓMICA E PROTEÓMICA (4h)



    PRACTICAS DE LABORATORIO (8 h)

    Realizaránse dúas prácticas. A primeira consistirá na identificación de especies de salmónidos mediante marcadores microsatélites e a segunda na elaboración dun mapa de restrición.

    SEMINARIOS

    Consistirán na resolución de problemas e cuestións relacionadas coa teoría explicada (5 h)

    TITORÍAS EN GRUPO (2 h)

    Cada estudante deberá asistir a 2 horas de titorías en grupos pequenos. Os estudantes visualizarán un video relacionado cun tema desenvolvido na materia, debatirán os contidos do mesmo e elaborán un informe, seguindo as indicacións do profesor.

    Bibliografía básica e complementaria
    Preséntase a continuación unha relación dalgúns LIBROS CON CARÁCTER XERAL

    - Benito, C. & Espino, J. 2013. Genética. Conceptos esenciales. Medica Panamericana. Madrid

    - Griffiths, A.J.F., Wessler, S.R. & Lewontin, R.C. Genética (9ªed.). 2008. McGraw-Hill Interamericana. Madrid .

    - Herráez, A. Bilogía molecular e ingeniería genética (2ª ed). 2012. Elsevier. Barcelona.

    - Klug, W.S., Cummings, M.R. & Spencer, C.A. Conceptos de genética. (8ª ed.) 2006. Prentice Hall Iberia. Madrid.

    - Krebs, J.E., Goldstein, E.S. & Kilpatrick, S.T. Lewin, Genes Fundamentos (2ª ed). 2012. Editorial Panamericana, Madrid.

    - Pierce, B.A. Genética. Un enfoque conceptual. (3ª ed). 2009. Editorial Médica Panamericana. Madrid.


    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:


    - Izquierdo, M. Ingeniería genética y transferencia génica. (2ª ed.). 2001. Ediciones Pirámide. Madrid.

    - Perera, J., Tormo, A., García, J.L. Ingeniería Genética. VolI. Preparación, análisis, manipulación y clonaje de DNA. 2002. Ed. Síntesis. Madrid.

    LIBROS DE PROBLEMAS

    A maioria dos textos de Xenética incluen en cada capítulo unha serie de problemas. A continuación preséntase unha relación dalguns libros específicos de problemas.


    - Tormo, A. Problemas de genética molecular. 1998. Ed. Síntesis. Madrid.

    - Jiménez César, B. 360 problemas de Genética. 1999. Proyecto Editorial: Ciencias Biológicas, Serie: Genética. Editorial Síntesis. Madrid.

    - Ménsua, J.L. Genética. Problemas y ejercicios resueltos. 2003. Pearson Education. Madrid.

    - Jiménez, A. Problemas de genética para un curso general (3ª ed.). 2008. Universidad de Extremadura. Servicio de Publicaciones.
    Competencias
    Unha vez finalizado o curso, o alumno conquerirá coñecementos acerca da orixe da variabilidade xenética e da forma en que incide no fenotipo dun organismo. Coñecerá as bases moleculares da regulación da expresión dos xenes e a súa incidencia nos procesos de desenvolvemento, na defensa do organismo e en enfermidades complexas como o cancro. O alumno familiarizarase coas aplicacións da tecnoloxía do ADN recombinante o que lle permitirá comprender e analizar os aspectos xenéticos de temas que actualmente teñen gran relevancia social (transxénicos, clonación...). Fomentarase o traballo e a discusión en equipo a través da realización dunha serie de proxectos en grupo ao longo do curso. Os estudantes deberán adquirir destrezas na busca e manexo da información científica.
    Metodoloxía da ensinanza
    CLASES EXPOSITIVAS

    Desenvolveranse os diferentes temas da materia utilizando como material de apoio presentacións en power point, transparencias e a lousa. Dedicaranse a esta actividade 3 sesións por semana que serán completadas cunha sesión de seminarios na que se resolverán cuestións, problemas ou comentaranse noticias ou fragmentos dalgún texto de interese. Nestas sesións fomentarase especialmente a participación activa do alumnado.

    PRACTICAS DE LABORATORIO:

    As prácticas realizaránse no laboratorio de Xenética. Os estudantes disporán dun guión e realizarán as prácticas seguindo as indicacións do guión coa supervisión do profesor. Asimesmo o profesor de prácticas encargarase de poñer a disposición dos estudantes o material biolóxico (ADN de peixe, fagos, plásmidos.) necesario para o desenvolvemento das prácticas. Ao remate das mesmas os estudantes discutirán co profesor os resultados obtidos. Os estudantes deberán realizar un examen para ser calificados desta actividade.

    SEMINARIOS

    Consistirán na resolución de problemas e cuestións relacionadas coa teoría explicada. O profesor entregará un boletín de problemas aos estudantes que terán que resolver. O profesor resolverá as dubidas plantexadas polos estudantes e resolverá os problemas na lousa.

    TITORÍAS EN GRUPO

    Os estudantes visualizarán un video relacionado cun tema desenvolvido na materia, debatirán os contidos do mesmo e elaborán un informe, seguindo as indicacións do profesor.




    Sistema de evaluación
    Os exames adoitan consistir en contestar a preguntas curtas, comentar algunha noticia de actualidade referente a temas de xenética e na solución de problemas.


    Para superar a materia o estudante deberá aprobar o exame teórico. O aprobado está en 5 sobre 10 puntos. Unha vez superado o exame, á súa cualificación sumaránselle as obtidas nas restantes actividades da materia: prácticas e tutorías.


    A cualificación final farase atendendo ao seguinte baremo:

    - Exame teórico: 75% da cualificación final (Se o alumno aprobou o exame)
    - Clases prácticas, representan o 15% da cualificación final.
    - Titorías en grupo, o 10%



    A REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS E DE TODAS AS ACTIVIDADES PROPOSTAS NAS TiTORIAS É OBLIGATORIA PARA APROBAR A MATERIA.


    ESTUDANTES REPETIDORES: As notas obtidas nas prácticas e titorías poderanse conservar os dous cursos seguintes a súa realización. Durante ese período gardaranse as calificacións obtidas.
    TABOA DE AVALIACIÓN NO LINK:http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Asistencia a clases expositivas: 45 horas
    - Prácticas no laboratorio: 8 horas
    - Prácticas de lousa/seminarios: 5 horas
    - Titorías en grupo reducido: 2 horas
    - Estudo individual: 64 horas
    - Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 20 horas
    - Realización de exames: 6 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistencia regular ás clases teóricas, de problemas, prácticas
    - Utilización das tutorías de despacho
    - Utilización da bibliografía recomendada
    - Estudo continuo e baseado na comprensión dos conceptos
    - Participación activa en clase




    1º e 2º ciclo (en extinción)