Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021230 - Bioxeoquímica (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 45.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
  • Clase Interactiva Seminario: 4.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Antelo Martínez, Juan.NON
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL.SI
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN.NON
PONTEVEDRA POMBAL, FRANCISCO XABIER.NON
RODRIGUEZ LADO, LUIS MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Comprender a orixe dos elementos químicos, o Sistema Solar, a Terra e a Vida. Describir os principais procesos bioxeoquímicos e os seus métodos de estudo. Estudar a composición (distribución de elementos químicos), estrutura e dinámica dos subsistemas terrestres (litosfera, hidrosfera, atmosfera e biosfera), así como os procesos de degradación inducidos polas actividades humanas. Formular os ciclos bioxeoquímicos como resultado de complexas interaccións entre os subsistemas da Terra.
    Contidos
    Programa da parte teórica

    CONCEPTOS FUNDAMENTAIS. Concepto e fontes da Bioxeoquímica. A Terra como sistema bioxeoquímico. Formación e distribución dos elementos químicos no universo e na Terra. Diferenciación bioxeoquímica: primaria, secundaria, e terciaria. Orixe dos subsistemas terrestres: litosfera, atmosfera, hidrosfera e biosfera. 6 horas

    INTRODUCCIÓN OS CICLOS DOS ELEMENTOS. Conceptos esenciais sobre ciclos (sumidoiros, fontes, especies químicas, retroalimentación, etc.). A Terra como sistema bioxeoquímico. Papel dos microorganismos nos ciclos dos elementos químicos. O ciclo do carbono. O ciclo do nitróxeno. O ciclo do xofre. 3 horas

    PRINCIPAIS PARÁMETROS DOS SISTEMAS BIOXEOQUÍMICOS. A auga como medio e vehículo da reactividade bioxeoquímica. Concentración e actividade. Forza iónica. Potencial iónico e mobilidade dos elementos. O pH: medidas, variabilidade nos sistemas naturais. Potencial redox (Eh). Diagramas Eh-pH e principais ambientes xeoquímicos da Terra. Coloides: tipos, natureza e propiedades. 6 horas

    A ATMOSFERA. Composición: gases e aerosois. Estrutura: capas de atmosfera. Dinámica da atmosfera (circulación atmosférica). Reaccións bioxeoquímicas atmosféricas e acoplamentos. Principais procesos de degradación da atmosfera: destrucción de ozono estratosférico, formación de ozono troposférico, chuvia ácida, cambio climático inducido. 10 horas.

    A HIDROSFERA. Composición da hidrosfera e ciclo da auga. Composición, estructura e dinámica (criculación oceánica) da hidrosfera oceánica. Composición, estructura e dinámica da hidrosfera continental. Principais procesos de degradación da hidrosfera. 10 horas

    A LITOSFERA. Composición, estrutura e dinámica da litosfera. O ciclo xeolóxico. Meteorización da litosfera: tipos, procesos principais, estimación da intesidade de meteorización química. Os solos: formación, organización, tipos e funcións ambientais. Principais procesos de degradación dos solos. 10 horas

    Prácticas de campo e laboratorio.

    Procesos bioxeoquímicos implicados na alteración das rochas

    1. Traballo de campo: excursión para visitar o dolmen de Regoelle. Descrición do dolmen (situación xeográfica, composición xeolóxica). Estudo da distribución de líquens e briofitos. Caracterización dos factores ambientais que afectan as interaccións biota-rocha (luminosidade, temperatura do ar e da rocha, humidade relativa). Amostraxe de sales na superficie da rocha. 5 horas

    2. Traballo de laboratorio. Presenza e procedencia dos sales nas mostras recollidas in situ sobre a rocha do dolmen (cloruros e nitratos). Determinación da capacidade alterante de compostos segregados polos líquens: ensaio de extracción con ácido oxálico e determinación da liberación de catións. Estimación da fertilidade potencial dun sistema de alteración: determinación do pH de abrasión. 4 horas


    Seminarios.

    Desenvolveranse temas de aplicación da investigación bioxeoquímica (p.e. evolución da contaminación atmosférica por metáis traza, emprego da sinais isotópicas para determinar dieta e procedencia, calidade de augas, etc). Os alumnos terán que realizar tarefas como cálculo matemático de parámetros (p.e. factores de enriquecimento, balance iónico, etc.), representación gráfica de resultados, lectura de publicacións especializadas, e discusión dos resultados.

    Dous seminarios cunha duración de 2 horas cada un.


    Titorías.

    - Primeira titoría: fontes para o estudio da degradación ambiental no ámbito europeo. Guión para a realización dun traballo sobre degradación ambiental. 1 hora

    - Segunda tutoría: seguimento do traballo de curso –estado de realización, dificultades na obtención de información, aspectos sobre a sua estructura e presentación. 1 hora

    - Terceira titoría: breve presentación e discusión do traballo; avaliación. 1 hora


    Bibliografía básica e complementaria
    Butcher SS, Charlson RJ, Orians GH, Wolfe GV. Global biogeochemical cycles. 1992 Acedemic Press. ISBN 0-12-147686-3.

    Craig JR, Vaughan DJ, Skinner BJ. Recursos de la Tierra y el medio ambiente. 4ª Edición. 2012 Pearson Educación SA. ISBN 978-84-155-5202-4; ISBN UNED 978-84-362-6433-3

    Ernst WG (ed). Earth Systems: processes and issues. 2000 Cambridge University Press. ISBN 0-521-47895-2

    Ehrlich, H..L. Geomicrobiology. 2008 5th Edition Marcel Dekker Inc. ISBN 978-0849379062

    Fergusson JE. Inorganic chemistry and the earth. 1982 Pergamon Press. ISBN 9780080239941.

    Harrison, A.F., Ineson, P., Heal, O.W. Nutrient cycling in terrestrial ecosystems. 1990 Elsevier. ISBN 9781851663880

    Jacobson MZ. Atmospheric pollution. History, Science, and Regulation. 2002 Cambridge University Press. ISBN 0-521-01044-6

    Schlesinger, W.H. Biogeoquímica: un análisis del cambio global. 2002 Ariel. ISBN 9788434480285

    Stevenson FJ, Coels MA. Cycles of soil: carbon, nitrogen, phosphorus, sulfur, micronutrients. 1999 2nd edition John Wiley. ISBN 978-0471320715

    Van Loon GW, Duffy SJ. Environmental chemistry: a global perspective. 2005 2nd Edition Oxford University Press. ISBN 0-19-927499-1

    Competencias
    Competencias xerais
    - Coñecer conceptos chave da Bioloxía
    - Reunir, interpretar e elaborar conclusión a partir de datos observacionais
    - Aplicar coñecementos teórico-prácticos
    - Comunicar o coñecemento adquirido
    - Aprender de xeito autónomo

    Competencias específicas
    - Manexo da terminoloxía científica propia da Bioxeoquímica e outras disciplinas relacionadas.
    - Manexo de bibliografía especializada.
    - Aprender a observar, medir e interpretar os principais procesos bioxeoquímicos superficiais.
    - Desenvolvemento de capacidade crítica para interpretar a información sobre os procesos de degradación
    ambiental relacionados coas actividades humanas.

    Competencias transversais
    - Promover a capacidade analítica, de síntese e razoamento
    - Reforzar o traballo colaborativo e o emprego das TIC
    - Favorecer a aplicación integrada de coñecementos



    Metodoloxía da ensinanza
    Agás as clases maxistrais impartidas polos profesores da materia, empregaranse ferramentas TIC (presentacións, plataforma virtual da USC ou sistema semellante) tanto nas clases como na presentación do traballo realizado polos estudantes. Se facilitarán listas de publicacións científicas de referencia, gráficos e táboas de datos de emprego habitual na materia. Tamén se empregarán recursos informáticos, por medio de enlaces a páxinas web con información de calidade.
    Sistema de evaluación
    Os criterios específicos para a avaliación de todas as actividades están sintetizadas na taboa que se pode consultar no seguinte enlance: http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estímase que os alumnos necesitarán unhas 1,5 horas de estudo e traballo persoal por cada hora de docencia presencial. Desta forma, o tempo adicado sería:

    45 h expositivas
    12 h interactivas
    3 h de titorías
    90 h de traballo persoal
    2 h de exame
    152 h de adicación total

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomédanse que os estudiantes fagan uso das horas de titoría para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudo da asignatura. Ademáis, deben asistir e participar de xeito activo nas actividades presencias da materia e realizar aquelas tarefas que lles sexan encargadas É recomendable que fagan uso da bibliografía especializada, non só dos libros de texto, senón tamén dos artigos de investigación e divulgación científica.



    1º e 2º ciclo (en extinción)