Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021321 - Fisioloxía Vexetal I (Captación de recursos e metabolismo) (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
  • Clase Interactiva Seminario: 15.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 58.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fisioloxía Vexetal
  • Áreas: Fisioloxía Vexetal
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA.NON
REVILLA LOPEZ, Ma GLORIA.NON
SAMPEDRO JIMENEZ, JAVIER.NON
SAMPEDRO JIMENEZ, JAVIER.NON
SANJURJO LOURES, LAURA.NON
SANJURJO LOURES, LAURA.NON
ZARRA CAMESELLE, IGNACIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06 HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Seminario Grupo 1OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Establecer os conceptos básicos do metabolismo das plantas, a captación de recursos para o seu desenvolvemento, a súa relación con outras ciencias e a súa importancia no campo da Bioloxía.
    - Comprender os procesos fundamentais da fotosíntese, como fonte de carbono e enerxía.
    - Coñecer o proceso respiratorio das plantas asociado co metabolismo do carbono.
    - Coñecer a biosíntese de lípidos en plantas, o seu almacenamento e utilización.
    - Comprender a función vital da auga nas plantas a súa adquisición do medio, a súa conservación, distribución e perdida á atmosfera.
    -Comprender as dificultades das plantas para conseguir nutrientes minerais do chan, así como os principais mecanismos que desenvolveron para superalas.
    -Coñecer os mecanismos implicados no transporte de solutos nas plantas.
    Contidos
    BLOQUE I. INTRODUCCION.
    1. As células das plantas: tipos celulares, pared celular.Membranas: compartimentación, transporte a traves delas. 4 h.
    BLOQUE II. RELACIÓNS HIDRICAS.
    2. Relacións hídricas da célula vexetal. Potencial hídrico. Plasmólise. Turxencia. 1 h.
    3. Absorción de auga polas plantas. Movemento da auga na planta. Mecanismo de transporte ascendente pola xilema. 1 h.
    4. Transpiración. Estomas. Mecanismo de apertura e peche. Balance hídrico. 2 h.
    5. Nutrición mineral. Elementos esenciais e beneficiosos. Absorción de ións polas plantas. Movemento de ións na planta. Micorrizas. 1 h.
    BLOQUE III. METABOLISMO
    6. Concepto xeral da fotosíntese. Organización do aparato fotosintético. 1 h.
    7. Reaccións dependentes da luz. Captación da enerxía luminosa. Transdución da enerxía. Transporte de electróns. Formación do poder redutor. Fotofosforilación. 4 h.
    8. Fixación fotosintética do CO2. Plantas C-3. Ciclo de Calvin. Regulación.
    Fotorrespiración. Plantas C-4. Plantas CAM (Metabolismo ácido das crasuláceas). Fisioloxía e regulación. 5 h.
    9. Utilización do Carbono fixado. Síntese de amidón. Intercambio de substancias entre o cloroplasto e o citosol. Sacarosa e polisacáridos estruturais. 2 h.
    10. Produtividade fotosintética. Concepto de punto de compensación. Factores que afectan á fotosíntese: luz, CO2, auga e temperatura.1 h.
    11. Metabolismo do nitróxeno. Redución de nitrato. Redución de nitrito. Asimilación de amonio. Regulación. 1 h.
    12. Fixación simbiótica do nitróxeno atmosférico. Nodulación. Fisioloxía do nodulo. 1 h.
    13. Metabolismo do xofre. Metabolismo do xofre. Redución do sulfato. Biosíntese de aminoácidos azufrados. 13 h.
    14. Respiración. Ruta alternativa de transporte de electrons. Factores que afectan á respiración. 1 h.
    15. Metabolismode ácidos graxos. Desaturasas. 1 h.
    16. Terpenos, compostos fenólicos e compostos nitroxenados. 1 h.
    BLOQUE IV. TRANSLOCACION NO FLOEMA
    17. Floema. Caracterización do transporte. Mecanismo. 2 h.

    Programa de clases interactivas de laboratorio:
    1. Determinación do potencial hídrico polo método gravimétrico
    2. Fotosíntese en cloroplastos illados
    3. Indución da actividade nitrato reductasa en plantas de millo.
    4. Actividade respiratoria en sementes embebidas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    Taiz, L., Zeiger, E. 2010. Plant Physiology (5rd edition). Sinauer Assoc. Inc. Publ. Sunderland, Massachusetts. (USA).

    Complementaria
    Azcón-Bieto, J., Talón, M. 2008. Fundamentos de Fisiología Vegetal. 2ª edición. McGraw Hill/ Interamericana. Madrid. (España).
    Bowsher, C., Steer, M., Tobin, A. 2008. Plant Biochemistry. Garland Science, New Yourk, USA. ISBN 978-0-8153-4121-5
    Hopkins, W.G. Hüner, N.P.A. 2008. Introduction to Plant Physiology (4th edition). John Wiley & Sons, Inc. New York (USA).
    Jones R, Ougham H, Thomas H, Waaland S. 2012. The Molecular Life of Plants. Wiley & Blackwell
    Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R., Amey, A. 2009. Plant Biology. Garland Science, New Yourk, USA. ISBN 978-0-8153-4025-6.
    Competencias
    - Comprender a importancia das plantas para o resto de seres vivos e o seu papel primordial en todos os ecosistemas.
    - Coñecer as peculiaridades das plantas respecto ao seu grao de complexidade, funcionamento e estratexias para realizar os seus procesos vitais.
    - Conseguir certa aproximación aos principais problemas, da Fisioloxía Vexetal, aínda non resoltos e que son actualmente obxecto de estudo, así como ás principais liñas de investigación abertas neste campo da Bioloxía.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas impartiranse en grupos grandes durante 30 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais no primeiro cuadrimestre do curso académico. Nelas explicásense os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia.

    As clases interactivas de seminario impartiranse en varios grupos reducidos durante 15 sesións. Nestas clases completásense coñecementos explicadas nas clases expositivas, resolveranse problemas acerca do funcionamento das plantas e discutiranse os resultados das últimas investigacións relacionadas co programa da materia.

    As clases interactivas de laboratorio desenvolvésense en 4 sesións de 2,5 horas no laboratorio, nelas comprobaranse experimentalmente algúns dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Os alumnos deberán elaborar un caderno de laboratorio que deberá permanecer no laboratorio ata o final das prácticas.

    Ao longo do curso realizásense varias sesións de titorías de 60 minutos en grupos moi reducidos en horarios que serán fixados polo Centro.
    Sistema de evaluación
    Farase un exame final na data oficial establecida polo Centro. Neste exame avaliásense os coñecementos adquiridos nas clases expositivas, clases interactivas de seminario e clases interactivas de laboratorio.
    Para poder realizar o exame final da materia, o alumno debeu de asistir ao 75% das clases interactivas de laboratorio no mesmo ano académico.
    O alumno que completase a totalidade das clases interactivas de laboratorio e non supere a materia, non será necesario que as repita nos 2 cursos posteriores.

    Ver máis
    http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula:
    - Clases expositivas: 30 horas
    - Clases interactivas de seminario: 15 horas
    - Clases interactivas de laboratorio: 10 horas
    - Titorias en grupos reducidos ou individualizadas: 3 horas
    Total horas de traballo presencial: 60 horas

    Traballo persoal do estudante:
    - Estudo individual: 87 horas
    -
    - Realización de exames: 5 horas

    Total horas de traballo persoal do estudante: 92 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Recoméndase a asistencia a clase para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
    -Aconséllase así mesmo o estudo da materia durante de todo o curso para unha mellor asimilación e sedimentación da información recibida, sen menoscabo dunha maior dedicación durante as datas previas á realización de cada un dos exames.
    -Considérase conveniente o manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do profesor, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.
    - Todo o anterior deberá complementarse coa utilización das titorías para consultar ao profesor todas as dúbidas que vaian xurdindo ao estudar a materia.




    1º e 2º ciclo (en extinción)