G1021323 - Microbioloxía I (Fundamentos de Microbioloxía) (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 34.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 58.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-O coñecemento e correcta utilización, por parte do alumno, da terminoloxía básica da Microbioloxía.
- Identificar e situar no contexto dos seres vivos os distintos tipos biolóxicos que serán obxecto de estudo da Microbioloxía.
- Adquirir coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos, xenéticos e ecolóxicos.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina, xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos propios dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais que requiren os métodos microbiolóxicos.
- Aprender ás técnicas máis utilizadas en Microbioloxía: microscopía, tinguiduras, illamento de cultivos puros, identificación de microorganismos, etc.
- Aprender a manexar as fontes de documentación.
- Que o estudante comprenda e valore o interese da Microbioloxía no marco dos estudios de Bioloxía, así como a repercusión social da Microbioloxía
En conclusión, tratarase de favorecer os hábitos de iniciativa, espírito crítico e traballo en equipo, e a adquisición de coñecementos básicos que permitan ao alumno entender o que son os microorganismos como seres vivos e abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina
ContidosPrograma de Clases Teóricas.
Bloque I. INTRODUCION.
Tema 1. A Microbioloxía no Mundo dos Organismos Vivos. (2 horas)
Definición de Microbioloxía. Desenvolvemento histórico da Microbioloxía. Os tres “Dominios”: Bacteria, Archaea e Eucarya. Diferenzas principais entre procariotas e eucariotas. Características xerais dos virus.
Bloque II. MORFOLOXIA E ULTRAESTRUTURA DE PROCARIOTAS.
Tema 2. Técnicas de Estudo e Observación dos Microorganismos. (1 hora)
Tipos de microscopía óptica. Tipos de preparacións para examen ó microscopio óptico. Tipos de tinción. Microscopía electrónica de transmisión e barrido. Outros tipos de microscopía.
Tema 3. Morfoloxía e Estrutura Bacterianas. (2 hora)
Morfoloxía, tamaño e agrupacións bacterianas. Estruturas esenciais e non esenciais. Citoplasma e Formacións Citoplasmáticas: Ribosomas. Orgánulos limitados por membrana dunha soa capa. Inclusións citoplasmáticas de reserva. Area nuclear ou xenóforo. DNA extracromosomico.
Tema 4. Membrana Plasmática e Estruturas Membranais. (1,5 horas)
Composición química, estrutura e funcións da membrana bacteriana. Tipos de transporte a traveso da membrana plasmática. Características diferenciais das membranas de Archaea. Estruturas Membranais.
Tema 5. Parede Celular Bacteriana. (2,5 horas)
Estrutura e composición química: diferenzas entre Eubacterias Gram positivos e Gram negativos. Funcións dos distintos polímeros da parede celular. Características específicas da parede de Archaea. Biosíntese da mureína.
Tema 6. Estruturas Externas á Parede Celular. (2 horas)
Cápsulas: Natureza química e funcións. Flaxelos e movemento flaxelar: Estrutura e composición química do flaxelo. Outros tipos de movemento: mobilidade deslizante e movemento espiroquetal. Pili o fimbrias: tipos e funcións.
Tema 7. Células Especializadas: A Endospora Bacteriana. (2 horas)
Estructura, composición química e propiedades da endospora. Presenza e observación de endosporas. Diferenzas entre célula vexetativa e endospora bacteriana. Cinética da esporulación: cambios citolóxicos, fisiolóxicos e bioquímicos. Aspectos xenéticos do proceso de esporulación. Xermolación de endosporas.
Tema 8. Natureza e Características dos virus. (3 horas)
Partículas subvirais: Virusoides e Viroides. Prions. Características e natureza da partícula viral. Propiedades distintivas dos virus. Estrutura e arquitectura viral. Clasificación dos virus. Ciclo infectivo e síntese dos compoñentes víricos. Replicación do ácido nucleico viral: tipos de ciclos.
Bloque III. FISIOLOXIA, CULTIVO E CRECEMENTO DE MICROORGANISMOS.
Tema 9. Nutrición Microbiana. (2 horas)
Principios da nutrición microbiana. Categorías nutricionáis dos microorganismos: Fontes de enerxía, electróns e carbono. Fontes de nitróxeno, xofre, fósforo
Tema 10. Procesos Metabólicos Típicos de Microorganismos. (2 horas)
Desviacións da cadea respiratoria: luminiscencia bacteriana e redución do osíxeno independente dos citocromos. Quimiolitotrofismo. Respiración anaerobia. Produción de enerxía por fotosíntese (fotofosforilación). Asimilación en forma inorgánica do nitróxeno, xofre e fósforo.
Tema 11. Condicións Físico-Químicas para o Crecemento. (1 hora)
Efecto dos factores físico-químicos no crecemento. Temperatura. pH. Presión osmótica. Presión hidrostática. Necesidades de osíxeno.
Tema 12. Cultivo de Microorganismos. (1 hora)
Tipos de medios de cultivo bacteriolóxicos. Cultivos mixtos e cultivos puros. Métodos de illamento de cultivos puros. Conservación dos cultivos e mantemento das súas propiedades.
Tema 13. Crecemento bacteriano. (3 horas)
Crecemento celular: Ciclo de división bacteriana. Crecemento de poboacións: Curva de crecemento e características das distintas fases. Expresión matemática do crecemento. Efecto dos axentes antimicrobianos sobre o crecemento. Crecemento sincrónico e asincrónico.
Tema 14. Medida do Crecemento Bacteriano. (1 hora)
Métodos de determinación do número de células totais ou viables. Métodos directos e indirectos de determinación da masa celular. Cultivo continuo e a súas aplicacións.
Bloque IV. CONTROL DO CRECEMENTO DE MICROORGANISMOS.
Tema 15. Control dos Microorganismos. (1 hora)
Definición de conceptos: esterilización, desinfección, antisepsia, etc. Factores que inflúen na accion antimicrobiana. Modos de acción dos axentes antimicrobianos. Control por axentes físicos: calor húmido e seco, radiacións, filtración . Mecanismos de actuación dos distintos axentes físicos.
Tema 16. Control dos Microorganismos por Axentes Químicos: Disinfectantes. (1,5 horas)
Factores que afectan á súa eficacia. Principais grupos de disinfectantes. Determinación da potencia de disinfección: coeficiente fenólico.
Tema 17. Quimioterapia. (2,5 horas)
Tipos de quimioterápicos: naturáis (antibióticos) e sintéticos. Clasificación dos antibióticos segundo a súa estrutura química e o seu modo de acción. Axentes quimioterápicos sintéticos. Determinación da actividade antimicrobiana. Resistencia a axentes quimioterápicos: mecanismos e transmisión. Importancia dos péptidos antimicrobianos.
Bloque V. XENETICA MICROBIANA.
Tema 18. Mutación. (de 0 a 1,5 horas dependendo dos coñecementos previos dos alumnos)
Concepto de mutación. Base molecular da mutación: tipos de mutacións. Selección e detección de mutantes: mutantes auxotróficos. Mutacións inducidas. Axentes mutaxénicos. Mutaxénese e carcinogénese: test de Ames.
Tema 19. Recombinación Xenética en Bacterias. (de 1,5 horas a 3h depedendo do tema 18)
Elementos xenéticos de recombinación xénica: plásmidos, episomas, transposóns e secuencias de inserción. Mecanismos de Recombinación bacteriana : Transformación, Transdución e Conxugación. Conversión fáxica.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Bloque I. Introdución. Preparación de Medios e Material
Práctica 1. O laboratorio de Microbioloxía. Descrición do material de laboratorio. Descrición da colección de microorganismos. Normas do traballo no laboratorio
Práctica 2. Preparación e esterilización de medios de cultivo e material de laboratorio. Medios de cultivo: medios xerais, selectivos, diferenciais e de identificación. Esterilización por calor húmido e seco. Preparación e esterilización do material de laboratorio: hisopos, material de vidro e plástico
Bloque II. Illamento e Cultivo de Microorganismos
Práctica 3. Cultivo de Microorganismos en medio sólido e medio líquido. Sementeira en medio líquido. Sementeira en medio sólido (placa Petri, tubos de agar inclinado e en picadura). Características dos microorganismos en cultivo: medios sólidos e medios líquidos. Técnicas de obtención de cultivos puros: método de dilucións seriadas e método de illamento por estría en medio sólido
Bloque III. Morfoloxía e Estrutura dos Microorganismos
Práctica 4. O microscopio óptico. Manexo e coidado do microscopio óptico. Observación de preparacións en fresco mediante microscopiía de contraste de fases. Morfoloxía de distintos tipos de microorganismos e observación da mobilidade. Microscopio invertido para o estudo dos virus.
Práctica 5. Métodos de tinguidura de microorganismos. Tinguidura simple: tinguidura directa con colorantes básicos. Tinguiduras diferenciais: tinguidura de Gram e tinguidura de Ziehl-Neelsen. Tinguiduras específicas: tinguidura de flaxelos, endospora e cápsula
Bloque IV. O crecemento e o seu control
Práctica 6. . Métodos de medida do crecemento: reconto ó microscoscopio, reconto de viables, estimación espectrofotomética da biomasa.
Práctica 7. Axentes antimicrobianos. Determinación do tempo térmico letal. Medida da actividade antimicrobiana de quimioterápicos: método de difusión en placa e determinación da concentración mínima inhibitoria (CMI) e da concentración mínima bactericida (CMB)
Bloque V. Xenética Microbiana
Práctica
Contidos 8. Conxugación bacteriana.
Bibliografía básica e complementariaTextos de referencia para tódolos contidos do programa:
- Madigan, M.T., J.M. Martinko, y col. 2009. Brock Biología de los Microorganismos. 12ª ed. Pearson, London.
- Willey, J.M. Sherwood, L.M. & Woolverton, C.J. 2009. Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
Bibliografía complementaria
- Atlas, R.M.& R. Bartha. 2002. Ecología Microbiana y microbiología ambiental. 4ª ed. Pearson education S.A. Madrid.
- Balows, A., H.G. Truper, H. Dworkin, N. Harder & K.H. Schleifer. 1992. The Prokaryotes. A handbook on the Biology of Bacteria: Ecophysiology,isolation, identification, applications. 2nd ed. Springer Verlag , Berlín.
- Garrit, G. 2000. Bergey’s Manual of Systematic Bacteriology. 2nd Ed. Vol 5. Springer. New York
- Ingraham, J.L. & C.A. Ingraham. 1998. Introducción a la Microbiología. 2 vols. Editorial Reverté, S.A. Barcelona.
- Lederberg, J. 2000. Encyclopedia of Microbiology. Vols. 1-4. 2nd ed. Academic Press, Londres.
- Singleton, P. & D. Sainsbury. 2006. Dictionary of Microbiology and Molecular Biology. 3rd ed. New York: Wiley.
- Strutters, J.K. & R.P. Westran. 2005. Bacteriología clínica. Masson, S.A. Barcelona
Bibliografía do Programa de Prácticas
- Díaz, R., G. Gamazo & I. Gómez-Goñi. 2005. Manual práctico de Microbiología. 3ª ed. Barcelona: Ed. Masson.
- Koneman, E. W., S.D. Allen, V. M. Janda, P.C. Schreckenberger & W.C Winn Jr. 2008. Koneman diagnóstico microbiológico. Texto y atlas en color. 6ª ed. Panamericana. Buenos Aires.
- McFaddin, J.F. 2003. Pruebas bioquímicas para la identificación de bacterias de importancia clínica. 3ª ed. Ed. Panamericana. Buenos Aires.
- Olds, R.J. 1982. Atlas de Microbiología. Ed. Científico-Médica, Barcelona.
- Seeley, H.W., P.J. Van Demark & J.J. Lee. 1991. Microbes in Action. A laboratory Manual of Microbiology. 4th ed. Freeman , New York
Competencias- Coñecer e aplicar correctamente o vocabulario e a terminoloxía específica da Microbioloxía.
- Relacionala Mcrobioloxía co resto das materias biolóxicas e non biolóxicas que se están a cursar nos estudos de Grao.
- Adquirilos coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos, tanto nos seus aspectos básicos como aplicados.
- Coñecer os campos de aplicación e a proxección social presente e futura da Microbioloxía
- Comprender as bases teóricas dos métodos microbiolóxicos e os fundamentos da súa aplicación.
- Adquirir e desenvolver habilidades manuais necesarias para o correto manexo dos materiais e instrumental propios da Microbioloxía
- Coñecer e saber manexar as fontes documentais da Microbioloxía
- Desenvolvela capacidade para o traballo en grupo e para abordar a resolución de problemas de forma colectiva.
- Desenvolvela capacidade de argumentación fundamentada maila crítica racional sobre a información científica, tanto no ámbito académico como na sociedade, con especial atención ós medios de comunicación.
- Desenvolver a capacidade para a comunicación oral e escrita dos coñecementos adquiridos.
Metodoloxía da ensinanza Empregaranse:
- Clases maxistrais : 34 horas presenciais (2 horas semanais ó longo do curso)
- Seminarios: 6 seminarios de 1 hora. Os seminarios poderán ser impartidos polo profesor, ou os alumnos, ou ser utilizados para outras aproximacións da aprendizaxe (aprendizaxe cooperativo, debates de temas de actualidade, etc).
- Prácticas de Laboratorio: 15 horas presenciais. Faranse grupos de 20 alumnos, e as prácticas de cada grupo se farán de maneira continuada durante unha semana (sempre que sexa posible en coordinación coas outras materias do curso). Tódalas prácticas terán lugar en horario de tarde ó longo do primeiro cuadrimestre.
- Titorías en grupo.- Tres titorías de 1 hora cada unha (faranse en grupos de 6-8 alumnos).
Sistema de evaluación- Teoría.- Para aprobar a materia, superarase un exame final obrigatorio no que se poderán incluír cuestións sobre os seminarios expostos na clase. A nota do exame de teoría representará un 70% da nota final da materia.
- Prácticas.- É obrigatoria a asistencia a tódalas prácticas, e será un requisito para poder presentarse ao exame de teoría. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos. A nota deste exame representará un 15% da nota final.
- Seminarios.- O peso total das actividades dos seminarios será do 10% da nota final. No caso dos seminarios polo profesor, o contido dos mesmos será susceptible de exame, valorándose tamén a realización de exercicios individuais relacionados.
No caso de ser impartidos polos alumnos, para a valoración dos seminarios, terase en conta:
A corrección formal do resumo escrito e da presentación pública
A labor de síntese da información recopilada
A capacidade para responder de forma adecuada ás preguntas formuladas.
No caso de outras alternativas docentes, valorarase a participación do alumno nas mesmas.
A asistencia ás clases teóricas e seminarios representará un 5% da nota final. Soamente se permitirá un 10% de ausencias nos controis de asistencia que se efectúen ó longo do curso académico para manter esta porcentaxe da nota final. A perda de esta porcentaxe non implica a non superación da materia.
Nota: A nota mínima do exame de teoría para poder valorar os outros conceptos será de 4.
Alumnos repetidores
Aos estudantes repetidores que teñan avaliadas positivamente as prácticas e a asistencia, se lles manterá dita calificación durante os dous cursos académicos seguintes.
A asistencia ás titorías de grupo reducido será voluntaria
Tempo de estudo e traballo persoalMateria de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presenciais 60 horas:
clases maxistrais: 34 horas
clases prácticas: 15 horas
seminarios: 6 horas
titorías en grupo reducido: 3 horas
exame: 2 horas.
Traballo persoal do estudante: 90 horas
Titorías individualizadas: 2 horas
Estudio individual: 68 horas (3-4 horas semanales)
Elaboración de traballos e lecturas recomendadas: 18 horas
Asistencia conferencias e outras actividades: 2 horas
Recomendacións para o estudo da materiaEstudio comprensivo e non memorístico, relacionando os contidos da materia con aqueles de materias afíns.
Asistencia regular a clase e participación activa nas clases teóricas e seminarios.
Segui-las recomendacións do profesor que poidan ir xurdindo ao longo do curso.