G1021324 - Ecoloxía I (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 61.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Ecoloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia•Adquirir un conxunto de coñecementos ecolóxicos básicos, expoñendo os principios ecolóxicos relativos ao medio físico, aos organismos, ás poboacións e ás suas interaccións (comunidades e ecosistemas trataránse en Ecoloxía II), que son a base para comprender os procesos que ocorren na biosfera.
•Aprender a manexar a terminoloxía ecolóxica con precisión, dominando o vocabulario básico da disciplina.
•Potenciar a capacidade de interrelación, practicamente imprescindible para interiorizar os conceptos propios da ecoloxía, poñendo de relevo a importancia das interconexións entre os compoñentes dos ecosistemas.
•Entender que os ecosistemas son sistemas complexos, que funcionan como unidades integradas, existindo múltiples causas que xeran a súa estrutura e funcionamento.
•Percibir o impacto humano na biosfera e fomentar a concienciación con respecto á problemática ecolóxica e ambiental actual.
ContidosTEORÍA
Indícase entre parénteses a duración aproximada de cada tema.
Bloque I. INTRODUCCIÓN
1. A Ecoloxía como disciplina científica. (1 h)
2. Métodos de estudo en Ecoloxía. (1 h)
Bloque II. O AMBIENTE E OS ORGANISMOS
3. O medio físico. (4 h)
4. Temperatura: resposta dos organismos. (2 h)
5. Luz, auga e outros recursos: resposta dos organismos. (2 h)
Bloque III. POBOACIÓNS
6. Distribución e abundancia. (2 h)
7. Crecemento e regulación. (3 h)
8. Dinámica. (3 h)
9. Estratexias vitais. (2 h)
Bloque IV. INTERACCIÓNS
10. Competencia. (3 h)
11. Depredación. (4 h)
12. Outras interaccións. (3 h)
PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO
O calendario de prácticas axustarase no posible ó desenvolvemento do programa teórico.
Practicas de campo:
Toma de datos poboacionais (en función da disponibilidade económica)
Prácticas de laboratorio:
Estudo da densidade, caracterización de patróns espaciais e de estruturas demográficas, esforzo reprodutor
Estudo da amplitude e solapamento de nicho trófico en aves rapaces nocturnas
PRÁCTICAS DE ORDENADOR
O calendario de clases con ordenador axustarase no posible ao desenvolvemento do programa teórico.
1. Análise de datos en Ecoloxía
2. Balance de enerxía dun animal
3. Mostraxe de poboacións móviles
4. Táboas de vida
5. Modelo xeométrico e exponencial
6. Modelo loxístico
7. Modelo de competencia de Lotka-Volterra
8. Nicho e reparto de recursos
9. Aprovisionamento óptimo: amplitude de dieta
10. Modelo de depredador-presa de Lotka-Volterra
SEMINARIOS
1. Estabilidade da atmosfera
2. Cambios atmosféricos de orixe orográfica
3. Caracterización e tipificación climática dunha localidade
4. Determinación da erosividade climática potencial
5. Regulación hídrica dun organismo
6. Distribución interna da poboación
7. Pirámides de poboación
8. Matrices de transición
TITORÍAS
Estarán adicadas á resolución das dúbidas que poidan xurdir sobre os contenidos revisados nas clases teóricas e nos seminarios, así como calquera outra consulta relacionada coa docencia da materia.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Begon, M.; Harper, J.L. & Townsend, C.R. 1999. Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. 3ª ed. Barcelona: Omega.
Cain, M.L.; Bowman, W.D & Hacker, S.D. 2008. Ecology. Sunderland, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc.
Krebs, C.J. 2009. Ecology: the experimental analysis of distribution and abundance. 6th ed. San Francisco, California: Benjamin Cummings.
Molles, M.C. 2006. Ecología: conceptos y aplicaciones. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
Smith, R.L. & Smith, T.M. 2007. Ecología. 6ª ed. Madrid: Pearson Educación.
Stiling, P. 2012. Ecology. Global Insights & Investigations. Nueva York: McGraw-Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Krebs, C.J. 1999. Ecological Methodology. 2nd ed. Menlo Park: Addison-Wesley.
Ricklefs, R.E. 1998. Invitación a la ecología. La economía de la naturaleza : libro de texto sobre economía básica. 4ª ed. Bogotá: Panamericana.
Townsend, C.R.; Begon, M. & Harper, J.L. 2008. Essentials of ecology. 3rd ed. Malden, Massachusetts: Blackwell.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
•Coñece-los conceptos, métodos e resultados máis importantes da Ecoloxía.
•Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, e obter conclusións sobre problemas relacionados coa Ecoloxía
•Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición, plantexamento e busca de solucións de problemas ecolóxicos.
•Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, adquirindo novos coñecementos e técnicas propios da Ecoloxía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
•Coñece-las bases científicas da teoría ecolóxica e a súa aplicación cara a sustentabilidade dos ecosistemas e a conservación da biodiversidade.
•Adquirir coñecementos sobre o medio físico, os organismos e as poboacións, incluíndo os procesos, ciclos e fluxos que os interconectan.
•Coñece-los métodos e as técnicas básicas de laboratorio e campo da ecoloxía.
•Ter un coñecemento global dos problemas ambientais e ecolóxicos.
•Identificar e formular problemas ecolóxicos.
•Aplicar modelos ecolóxicos.
•Interiorizar un compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
Metodoloxía da ensinanza As clases de TEORÍA introducirán os coñecementos básicos da ciencia ecolóxica (conceptos, procesos, hipóteses, modelos). Con frecuencia, farase referencia a conceptos, experimentos ou hipóteses xa vistos en temas anteriores. Isto é imprescindible dada a natureza integradora da materia. Tampouco será infrecuente a referencia a cuestións que se verán máis adiante, xa que a Ecoloxía non é unha materia que admita un desenvolvemento lineal, senón ramificado. Este exercicio de relacionar trazos e procesos diversos supón un certo esforzo, pero finalmente aporta unha capacidade de análise global que pode resultar moi útil, non só no estudo desta materia, senón como unha ferramenta de traballo xeral.
Os seminarios e as clases prácticas tamén constitúen parte esencial do curso.
Os SEMINARIOS dedicaranse á exposición, por parte do profesor dos métodos básicos de obtención e análise de datos ecolóxicos a nivel de medio físico, organismos, poboacións e interaccións, así como á resolución, por parte do alumno, de cuestións e problemas relativos ós temas tratados.
As PRÁCTICAS abordarán o manexo de métodos de laboratorio e campo que permitan familiarizarche coa forma de traballo habitual en Ecoloxía. Os guións facilitados ó comezo das prácticas inclúen a información necesaria para poder seguir de forma ordenada e clara o desenvolvemento da tarefa proposta. Enfrontarse coa resolución dun problema concreto, e o feito de que os grupos de prácticas son máis reducidos, soe favorecer unha maior interacción entre os alumnos e o profesor, e facilita a intervención e formulación de dúbidas. Cada alumno entregará ó finaliza-las prácticas un Caderno de Prácticas para a súa valoración.
PRÁCTICAS DE ORDENADOR: As clases, en sesións de unha hora, consistirán nunha breve explicación e posterior aplicación de distintos modelos relacionados con aspectos teóricos vistos nas clases expositivas. Os modelos executaranse mediante o emprego de diferentes plataformas (follas de cálculo, applets de java, software específico como Ecobeaker, etc.) e permitirán dar resposta a unha serie de preguntas propostas nun cuestionario.
TITORÍAS: Dedicaranse basicamente á aclaración de dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relativa á docencia da materia.
Sistema de evaluaciónOs criterios de avaliación recóllense nunha táboa que pode consultarse en:
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais da docencia presencial de diversos tipos, os alumnos han de precisar horas de estudo e de traballo persoal. En conxunto, as horas dedicadas son:
30 horas expositivas (clases e seminarios)
28 horas interactivas (prácticas, seminarios e prácticas de ordenador)
2 horas de titorías
87 horas de traballo persoal
3 horas de exame
150 horas de dedicación total
Recomendacións para o estudo da materia-Asistir habitualmente ás clases teóricas, seminarios e prácticas
-Estudar a materia ó día
-Consultar a bibliografía
-Consultar dúbidas en clase ou en horas de titoría.