G1021325 - Xenética Evolutiva (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 45.00
- Clase Interactiva Seminario: 13.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 61.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xenética
- Áreas: Xenética
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTransmitir ó alumno conceptos básicos de xenética de poboacións, de evolución molecular, especiación e outros aspectos da teoría evolutiva, conceptos que se pretende integren un corpo de coñecementos fundamental que permita o alumno abordar con rigor a perspectiva histórica na resolución de calqueira problemática biolóxica. Que el alumno coñeza conceptos, métodos e resultados empíricos provenientes do estudo do proceso evolutivo, ademais do propio desenrolo histórico de la disciplina, constitúe un obxectivo específico de primeiro orde. Finalmente, o desenrolo da actividade docente en interacción construtiva co alumno proporcionará novas oportunidades ó titor para descubrir dificultades asociadas coa aprendizaxe da xenética evolutiva.
Ademais, son destacables os seguintes obxectivos asociados á transmisión de valores:
1) Presentar controversias asociadas a diferentes teorías dende unha perspectiva histórica e dende a admiración polos logros dos seus principais artífices. No obstante, o recoñecemento da controversia non implicará deterioro algún da comprensión dos conceptos básicos e menos aínda a renuncia á idea de que interesarse pola obxectividade da verdade resulta digno de mérito.
2) Favorecer o espírito crítico mediante a pescuda de espazos de debate onde os alumnos poidan compartir ideas orixinais sobre temas relacionados coa materia.
3) Favorecer o traballo cooperativo. Estimular a discusión de ideas co obxectivo de que los alumnos comprendan o diálogo como unha actividade construtiva na que el prexuízo recomendable sexa a ausencia de prexuízos, pois todo diálogo tolerante e honesto entre posturas diferentes ofrece una oportunidade para a síntese, o que implica a aparición de novos elementos de interese. Experimentar este descubrimento supón tomar conciencia de que a aproximación á verdade es en realidade asintótica e responde a un esforzo colectivo. Con el aprendemos que a lealtade inquebrantable as nosas crenzas ten menos que ver coa pescuda da verdade que con actitudes dogmáticas.
ContidosCada tema corresponderá por termo medio a 3 horas de clases expositivas.
Os temas 2-13 levarán un apoio de clases interactivas (seminarios); po lo tanto haberá un seminario por cada un destes temas.
TEMA 1. Desenrolo histórico do pensamento evolutivo
A teoría da evolución de Lamarck.- A teoría da evolución de Darwin.- O neodarwinismo
TEMA 2. A poboación ideal e o equilibrio Hardy-Weinberg
Frecuencias xénicas e xenotípicas.-O equilibrio Hardy-Weinberg
TEMA 3. A variabilidade xenética e a súa medida
Variabilidad xenética molecular e fenotípica.- Polimorfismos xenéticos
TEMA 4. A selección natural: modelos básicos
Selección natural e eficacia biolóxica.- Selección direccional e selección equilibradora
TEMA 5. A selección natural: casos complexos
Selección con alelos múltiples.- Selección en ambientes heteroxeneos.- Selección dependente das frecuencias
TEMA 6. A selección natural e a adaptación
Selección en poboacions naturais.- Adaptacions e exaptacions.- Selección de grupo
TEMA 7. A mutación
Mutación recurrente.- Equilibrio mutación-selección
TEMA 8. A consanguinidade e o apareamento non aleatorio
O coeficiente de consanguinidade.- Depresión consanguínea
TEMA 9. A deriva xenética
Xenética das poboacions finitas.- Equilibrio mutación-deriva.- Tamaño eficaz de poboación
TEMA 10. A migración
Fluxo xénico e migración.- Equilibrio migración-deriva.- Modelos de fluxo xénico
TEMA 11. A variabilidade xenética entre poboacións
A diferenciación xenética entre poboacions.- Análise de diversidade xenética
TEMA 12. Xenética de poboacións molecular
A teoría neutralista da evolución molecular.- Tasas de sustitución de aminoácidos e nucleótidos.- Modelos de sustitución
TEMA 13. Xenómica poboacional e filoxenética molecular
Métodos de construcción de arbores filoxenéticos
TEMA 14. Mecanismos de especiación
Especiación alopátrida.- Especiación simpátrida.- Otros modelos de especiación.- Mecanismos de aislamiento reproductivo
TEMA 15. Xenética da especiación
Especiación e diverxencia xenética.- Xenética do aillamiento reproductivo
TEMA 16. Macroevolución
Gradualismo e equilibrio puntuado.- Extensions do neodarwinismo
Bibliografía básica e complementariaFreeman, S., Herron, J.C. 2007. Evolutionary analysis 4th ed. Benjamin Cummings.
Fontdevila, A., Moya, A. 1999. Introducción a la genética de poblaciones. Síntesis.
Futuyma, D.J. 2009. Evolution 2nd ed. Sinauer.
Graur, D., Li, W.H. 2000. Fundamentals of molecular evolution 2nd ed. Sinauer.
Hartl, D.L., Clark, A.G. 2006. Principles of population genetics 4th ed. Sinauer.
Hedrick, P.W. 2009. Genetics of populations 4th ed. Jones & Bartlett.
CompetenciasA materia participa do obxectivo fundamental do Grado en Bioloxía de dotar ó alumno de competencias xerais acordes co RD 1393/2007, que se formulan a continuación en relación coa Xenética evolutiva:
1) Capacidade para reunir e interpretar datos, información e resultados de relevancia relacionados coa evolución biolóxica, que conduzan ó alumno á obtención de conclusións o respecto.
2) Capacidade para emitir informes razoados e críticos sobre asuntos relacionados con la bioloxía evolutiva
3) Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na pescuda de solucións a problemas relacionados con la xenética evolutiva tanto nun contexto académico como profesional
4) Capacidade para comunicar de forma escrita y oral coñecementos de bioloxía evolutiva tanto a un público especializado como non especializado
5) Capacidade para estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica, especialmente se están relacionadas coa análise evolutiva.
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais facendo uso de recursos informáticos para a esquematización e ilustración gráfica dos contidos correspondentes a cada tema.
Programas informáticos dispoñibles on line deseñados especificamente para a análise de datos xenéticos en poboacións naturais
Bases de datos de secuencias nucleotídicas (GeneBank).
Bases de datos derivados de estudos en xenética de poboacións e ecoloxía molecular (Dryad)
Documentais e películas relacionadas coa materia.
Casos concretos que sexan obxecto de estudo polo persoal docente. Por exemplo, de entre os más recentes destacan a discusión histórica sobre niveis de consanguinidade inferidos a partir de pedigríes (Álvarez et al. 2009. Plos One 4, e5174; Berra et al. 2010. Bioscience 60: 376-383; Berra et al. 2010. Biol. J. Linn. Soc. 101: 228-241); a análise de variación xenética adaptativa mediante una aproximación de xenómica poboacional (Vilas et al. 2010. Mar. Ecol. Prog. Ser. 420, 231-239) e o estudo da estrutura xenética de poboacións parasitarias (Vilas et al. 2011. Infect. Genet. Evol. 11, 904-911; Criscione et al. 2011. Mol. Ecol. in press).
Sistema de evaluaciónAvaliaranse tanto os contidos teóricos da materia como a capacidade de resolución de problemas e cuestións de índole aplicada relacionados coa mesma.Os criterios básicos de avaliación consistirán na demostración dunha comprensión crítica dos conceptos fundamentais, a súa claridade expositiva e aplicación.
A avaliación de conceptos e a súa aplicación na resolución de problemas plantexados nos seminarios realizarase mediante exame escrito. Os alumnos serán convocados para a superación da materia en dúas oportunidades (xaneiro e xullo).
A oportunidade correspondente a xaneiro implicará a consideración dun exame parcial levado a cabo con anterioridade, de xeito que parte da materia poderá ser superada en dito exame. Os alumnos que non aproben o exame parcial examinaránse da totalidade da materia no exame final. En todo caso, o coñecemento da segunda parte da materia será avaliada mediante o exame final. A nota global da materia será a nota do exame final para todos aqueles que non superen o exame parcial, ou a media aritmética das notas do parcial e do final para aqueles alumnos que previamente aprobaron o exame parcial.
Na segunda oportunidade, correspondiente a xullo, non se terá en conta o exame parcial considerado na oportunidade de xaneiro. Esto significa que o alumno que faga uso da segunda oportunidade deberá examinarse da totalidade da materia. A nota parcial tampouco se conservará para ulteriores convocatorias.
Posto que a asistencia ás clases no Grado é obrigatoria e dacordo coa presunción de cumprimento razoable da normativa, a asistencia a clase non é un criterio de avaliación da materia.
Máis información: http://www.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalClases maxistrais: 45 horas; 67,5 horas de trabajo personal; 112,5 horas totales
Prácticas de pizarra/seminarios: 13 horas; 13,5 horas de trabajo personal; 26,5 horas totales
Traballo en grupos reducidos:2 horas; 3 horas de trabajo personal; 5 horas totales
Exames: 6 horas; 6
Total 60 90 150
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clase
Uso de la bibliografía especializada
Lecturas de divulgación científicamente rigurosas