Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021326 - Fisioloxía Vexetal II (Fisioloxía do Desenvolvemento) (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
  • Clase Interactiva Seminario: 15.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 58.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fisioloxía Vexetal
  • Áreas: Fisioloxía Vexetal
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA.NON
Lopez Rodriguez, Maria Angeles.NON
REVILLA LOPEZ, Ma GLORIA.SI
SAPORTA BON, RUBEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Comprender os aspectos básicos dos procesos implicados no desenvolvemento das plantas dende a xerminación das sementes ata a senescencia, pasando polo crecemento vexetativo e reprodutivo; abordando os mecanismos moleculares, celulares e fisiolóxicos implicados.

    -Abordar o estudo dos distintos sistemas de regulación e coordinación dos procesos de desenvolvemento nas plantas, tanto endóxenos coma ambientais (fitohormonas, luz...).

    Contidos
    Programa de clases expositivas (30 h)

    Metabolismo, transporte e modo de acción das fitohormonas
    1. Introdución ás fitohormonas. Integración en organismos vexetais. Coordinación espacial e temporal. Modulación ambiental. Concepto de substancias reguladoras do crecemento. Capacidade de resposta do tecido. Sensibilidade. Interaccións. (1 h)
    2. Auxinas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
    3. Giberelinas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
    4. Citoquininas. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
    5. Etileno. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
    6. Acido abscísico. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
    7. Brasinosteroides. Homeostase, percepción e sinalización. (1.5)
    8. Outras fitohormonas: Acido salicílico. Jasmonatos. (2)

    Fisioloxía do crecemento e desenvolvemento
    9. Introdución ao crecemento das plantas. Concepto de crecemento, diferenciación e desenvolvemento. Elongación celular. Mecanismo de extensión da parede celular. Regulación. (2 h)
    10. División celular e diferenciación. Ciclo celular. Totipotencia e polaridade. Ciclo vital. Formación do corpo da planta. Embrioxénese. Organización estrutural e funcional dos meristemos apicais. (3 h)
    11. Fotomorfoxénese. Fitocromos. Estrutura e foto-reversibilidade. Respostas das plantas mediadas polos fitocromos. Outros fotorreceptores. (3 h)
    12. Floración. Madureza para florecer. Procesos que conducen á indución floral: fotoperíodo e vernalización. (2)
    13. Frutificación. Establecemento, crecemento e maduración do froito. Regulación hormonal. (2 h)
    14. Formación da semente. Durmición e xerminación. Control hormonal. (2 h)
    15. Senescencia. Abscisión. Morte celular programada. (1 h)
    16. Movementos das plantas. Tropismos. Nastias. (1 h)
    17. Fisioloxía en condicións de estrés. Estrés abiótico e biótico. Respostas xerais fronte ao estrés. (2 h)

    Programa de clases interactivas de laboratorio obrigatorias (10 h)

    Impartiranse 5 prácticas. A porcentaxe mínima de asistencia esixida é do 80%:
    1. Efecto das citokininas (kinetina) sobre o atraso do envellecemento
    2. Indución da actividade alfa-amilase por giberelinas (GA3), en sementes de cebada
    3. Efecto do ácido abscísico no desenvolvemento do embrión de trigo.
    4. Avaliación do poder xerminativo das sementes
    5. Efecto da gravidade sobre o crecemento de raíces de millo

    Unha vez realizados os ensaios experimentais, recolleranse os resultados obtidos e analizaranse axeitadamente para dar resposta ás preguntas e exercicios formulados no guión de prácticas
    Por dispoñibilidade do material algunha das prácticas podería ser substituída por outra

    Programa de clases interactivas/seminarios (15 h)

    -Prográmanse 15 horas de seminarios en sesións de 1 o 2 horas. A porcentaxe mínima de asistencia esixida é do 80%.
    -Seminarios na aula relacionados con temas da materia, que sirvan para afondar e asentar o coñecemento das bases que regulan o desenvolvemento das plantas.

    Titorías (3 h)
    Están programadas 3 titorías de 1 h cada unha nas que se resolverán as dúbidas que se formulen ao longo do curso tanto en relación coas clases expositivas como as interactivas
    Bibliografía básica e complementaria
    Básica
    Taiz, L., Zeiger, E. 2010. Plant Physiology (5rd edition). Sinauer Assoc. Inc. Publ. Sunderland, Massachusetts. (USA).
    Complementaria
    Azcón-Bieto J, Talón M. 2008. Fundamentos de Fisiología Vegetal. 2ª edición. McGraw Hill/ Interamericana. Madrid. (España).
    Buchanan BB, Gruissem W, Jones RL. 2000. Biochemistry and Molecular Biology of Plants. American Society of Plant Physiologists. Rockville, Maryland. (USA).
    Bowsher C, Steer M, Tobin A. 2008. Plant Biochemistry. Garland Science, New York, USA. ISBN 978-0-8153-4121-5
    Hopkins WG, Hüner NPA. 2003. Introduction to Plant Physiology (3rd edition). John Wiley & Sons, Inc. New York (USA).
    Jones R, Ougham H, Thomas H, Waaland S. 2012. The Molecular Life of Plants. Wiley-Blackwell. ISBN: 978-0-470-87012-9.
    Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R., Amey, A. 2009. Plant Biology. Garland Science, New York, USA. ISBN 978-0-8153-4025-6.



    Competencias
    Específicas:
    -Coñecer as peculiaridades das plantas en canto ao seu grao de complexidade, funcionamento e estratexias para levar a cabo os seus procesos vitais nun ambiente hostil.
    -Coñecemento e manexo do vocabulario específico dos temas tratados.
    -Ser capaces de interpretar distintos casos experimentais relacionados coa materia obxecto de estudo.
    -Desenvolver a súa capacidade de formular traballos experimentais e de analizar criticamente os datos obtidos.

    Transversais
    -Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    -Capacidade para traballar en grupo
    -Utilización de información en lingua estranxeira
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases expositivas
    Clases interactivas de laboratorio
    Clases interactivas/seminarios
    Titorías

    Sistema de evaluación
    Os criterios de avaliación detállanse na táboa correspondente á materia no seguinte enlace:


    http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial en aula:
    Clases expositivas 30 h
    Clases interactivas de laboratorio 10 h
    Clases interactivas/seminario 15 h
    Titorías 3 h
    Traballo en aula 58 h

    Traballo individual ou en grupo:
    Estudo individual 62 h
    Elaboración de traballos e/ou memoria de prácticas 15 h
    Lecturas recomendadas e/ou actividades similares 10 h
    Realización de exame 5 h
    Traballo persoal 90 h
    Recomendacións para o estudo da materia
    -Recoméndase a asistencia ás clases expositivas para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.

    -Aconséllase así mesmo o estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación e sedimentación da información recibida, sen menoscabo dunha maior dedicación durante as datas previas á realización de cada un dos exames.

    -Considérase conveniente o manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do/a profesor/a, como despois desta, para completar e corrixir as notas tomadas.

    -Todo o anterior deberá complementarse coa utilización das titorías para consultar ao profesor todas as dúbidas que vaian xurdindo ao estudar a materia.




    1º e 2º ciclo (en extinción)