G1021328 - Microbioloxía II (Diversidade Microbiana e Microbioloxía Aplicada) (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 34.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 58.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Adquirir os coñecementos básicos sobre a bioloxía dos diferentes microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos, xenéticos, ecolóxicos e aplicados.
- Coñecer e comprender o papel dos microorganismos como axentes infecciosos e os mecanismos de defensa do hospedeiro fronte a unha infección microbiana.
- Coñecer a importancia dos microorganismos nos ciclos da materia na natureza.
- Comprender o papel dos microorganismos na produción industrial de alimentos, antibióticos, vacinas e outras biomoléculas, así como en procesos industriais de lixiviación, depuración de augas residuais etc.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos propios dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais que require a disciplina.
- Aprender a manexar as fontes de documentación.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Tema 1. A clasificación dos microorganismos.
Concepto de especie bacteriana e especie biolóxica. Clasificación fenética e filoxenética. Nomenclatura bacteriana. Principales grupos de bacterias e Arqueas. (1 h)
Tema 2. Bacterias Gram negativas I. Bacterias Fotosintéticas. Oxifotobacterias: Cianobacterias e Proclorales. Anoxifotobacterias: bacterias verdes e púrpuras. Ecoloxía das bacterias fotosintéticas. (2 h)
Tema 3. Bacterias Gram negativas II. Espiroquetas: importancia clínica. Bacterias Espirais e Curvadas: Interés ecolóxico e clínico. As mixobacterias. Bacterias quimiolitotrofas: Bacterias nitrificantes, Bacterias oxidadoras do xofre e ferro, Bacterias magnéticas. Importancia nos ciclos bioxeoquímicos da materia.(2 h)
Tema 4. Bacterias Gram negativas III. Pseudomonas e Burkholderia. Bacterias oxidadoras do metano. Bacterias do ácido acético. Bacterias que fixan nitróxeno atmosférico. Bacterias causantes de tumores en vexetais. Importancia clínica, industrial e ecolóxica destes grupos. Xéneros Legionella, Neisseria, Brucella, Bordetella e Francisella: importancia clínica. (2 h)
Tema 5. Bacterias Gram negativas IV. Familias Enterobacteriaceae, Vibrionaceae, Aeromonadaceae e Pasteurellaceae: Importancia clínica e ecolóxica. Bacterias anaerobias estritas: Bacteroides e Desulfovibrio. Interese ecolóxico. Rickettsias e Clamidias. (3 h)
Tema 6. Bacterias Gram positivas con baixo contido G+C. Bacterias non formadoras de endosporas: Cocos Gram Positivos (Staphylococcus, Streptococcus, Enterococcus, Lactococcus, Leuconostoc) e Bacilos Gram positivos (Lactobacillus e Listeria). Bacterias Gram Positivas formadoras de endosporas: Esporulantes aerobios: xénero Bacillus. Esporulantes anaerobios: xénero Clostridium. Importancia clínica, industrial e ecolóxica. Os micoplasmas. (3 h)
Tema 7. Bacterias Gram positivas con alto contido G+C. Grupo Corineforme: Xéneros Corynebacterium, Propionibacterium e Bifidobacterium. Ecoloxía e importancia industrial e clínica destes xéneros. Micobacterias. Actinomicetes con esporanxios e conidios. Características xerais e importancia do xénero Streptomyces. (2 h)
Tema 8. Dominio Archaea.
Filoxenia do Dominio Archaea. Arqueas halófilas extremas. Arqueas metanóxenas: xénero Methanobacterium. Arqueas termóacidófilas. Arqueas sen parede celular. Interese ecolóxico e industrial. (2 h)
Tema 9. Microorganismos eucarióticos. Principais grupos de Protistas, Fungos e Microalgas. Importancia clínica, industrial ou ecolóxica. (2 h)
Tema 10. Descrición dos principais grupos virais. Virus de Procariotas: Bacteriófagos DNA e RNA. Virus de vexetais. Virus con xenomas divididos. Virus de animais. Criterios empregados para a súa clasificación. Virus DNA monocatenarios e bicatenarios. Virus RNA monocatenarios e bicatenarios. Importancia clínica dos virus animais. Quimioterapia Antivírica (4 h)
Tema 11. Interaccións entre Microorganismos.
Tipos de asociacións entre microorganismos: competición, comensalismo e simbiose. Exemplos de simbiose de bacterias con plantas e animais invertebrados e vertebrados. (2 h)
Tema 12. Ciclos Bioxeoquímicos.
Ciclos da materia e microorganismos implicados: Ciclo do nitróxeno, Ciclo do xofre, Ciclo do carbono. Degradación microbiana de polímeros naturais en solo e auga. (2 h)
Tema 13. Conceptos de Patoxenicidade e Epidemioloxía.
Infección e enfermidade infecciosa. Patoxenicidade bacteriana e virulencia. Dinámica do proceso infeccioso. Factores de virulencia. Epidemioloxía. Mecanismos de transmisión: directos e indirectos. Principais enfermidades microbianas en función do seu vehículo de transmisión. Toxiinfeccions e intoxicacións alimentarias. Prevención das enfermidades infecciosas: tipos de vacinas. (2 h)
TEMA 14. Microbioloxía industrial e Biotecnoloxía.
Microorganismos de interese aplicado. Busca, selección e manipulación de microorganismos de interese aplicado. Principais produtos obtidos mediante Microbioloxía Industrial. Procesos de biodegradación e biorremediación microbiana. Depuración das augas residuais. Obtención de produtos industriais mediante biotecnoloxía microbiana. Papel dos microorganismos na industria biotecnolóxica. (3 h)
TEMA 15. Microbioloxía dos Alimentos.
Microorganismos e descomposición dos alimentos. Métodos de conservación dos alimentos. Utilización de microorganismos para a obtención de alimentos. Microbioloxía dos alimentos fermentados. Obtención de produtos lácteos e outros alimentos por fermentación. Obtención de bebidas por fermentación microbiana. (2 h)
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS.
Práctica 1. Identificación de cultivos puros por métodos convencionais en tubo e en placa.
Práctica 2. Métodos miniaturizados de identificación bacteriana. Sistemas miniaturizados multiproba: Sistemas API.
Práctica 3. Reconto de virus bacterianos: titulación de bacteriófagos da serie T.
Práctica 4. Análise microbiolóxica da auga. Reconto de bacterias heterótrofas totais. Colimetría, Estreptometría e Clostridiometría. Determinación polas técnicas do número máis Probable (NMP) e por filtración en membrana.
Práctica 5. Determinación da produción de substancias antibióticas e actividades enzimáticas por bacterias illadas do medio.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía do Programa de Teoría
Textos de referencia para todos os contidos do programa:
- Madigan, M.T., J.M. Martinko, y col . 2009. Brock Biología de los Microorganismos. 12ª ed. Pearson, London.
- Willey, J.M. Sherwood, L.M. & Woolverton, C.J. 2009. Microbiología. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
Bibliografía complementaria
- Atlas, R.M.& R. Bartha. 2001. Ecología Microbiana y microbiología ambiental. 4ª ed. Addison-Wesley. Madrid.
- Balows, A., H.G. Truper, H. Dworkin, N. Harder & K.H. Schleifer. 1992. The Prokaryotes. A handbook on the Biology of Bacteria: Ecophysiology, isolation, identification, applications. 2nd ed. Springer Verlag , Berlín.
- Garrit, G. 2000. Bergey’s Manual of Systematic Bacteriology. 2nd Ed. Vol 5. Springer. New York.
- Strutters, J.K. & R.P. Westran. 2005. Bacteriología clínica. Masson, S.A. Barcelona
- Thieman, W.J., & M.A. Palladino. Introducción a la Biotecnología. 2010. 2ª ed. Editorial Pearson. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2007. 9ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
Bibliografía do Programa de Prácticas
1.- Gamazo, G.; Gómez-Goñi, I.; & Díaz, R. “Manual práctico de Microbiología”. 2008. 3ª ed. Ed. Masson. Barcelona
2.- McFaddin, J. “Pruebas bioquímicas para la identificación de bacterias de importancia clínica”. 2003. 3ª Edición. Ed. Médica Panamericana. Buenos Aires
3.- Koneman, E. W., S.D. Allen, V. M. Janda, P.C. Schreckenberger & W.C Winn Jr. 2008. Koneman diagnóstico microbiológico. Texto y atlas en color. 6ª ed. Panamericana. Buenos Aires.
Competencias- Coñecer e aplicar correctamente o vocabulario e a terminoloxía específica da Microbioloxía.
- Relacionar a Microbioloxía co resto de disciplinas biolóxicas e non biolóxicas que se están a cursar nos estudos de Grao.
- Adquirir os coñecementos básicos sobre a bioloxía dos microorganismos tanto nos seus aspectos básicos como aplicados.
- Coñecer os campos de aplicación e a proxección social presente e futura da Microbioloxía.
- Comprender as bases teóricas dos métodos microbiolóxicos e os fundamentos da súa aplicación.
- Adquirir e desenvolver habilidades manuais necesarias para o correcto manexo dos materiais e instrumental propios da Microbioloxía.
- Coñecer e saber manexar as fontes documentais de Microbioloxía.
- Desenvolver a capacidade para o traballo en grupo e para abordar a resolución de problemas de forma colectiva.
- Desenvolver a capacidade de argumentación fundamentada e a crítica racional sobre a información científica, tanto no ámbito académico coma na sociedade, con especial atención aos medios de comunicación.
- Desenvolver a capacidade para a comunicación oral e escrita dos coñecementos adquiridos.
Metodoloxía da ensinanza Utilizaranse:
- Clases maxistrais. 34 horas presenciais (2 horas semanais ao longo do segundo cuadrimestre).
- Seminarios: 6 seminarios de 1 hora. Os seminarios poderán ser impartidos polo profesor, polos alumnos ou ser utilizados para outro tipo de actividades (aprendizaxe cooperativa, debates de temas de actualidade, etc.)
- Prácticas de laboratorio: 15 horas presenciais. Faranse en grupos de 20 alumnos e as prácticas de cada grupo efectuaranse de xeito continuado durante unha semana de luns a venres.
- Titorías en grupo: Tres titorías de 1 h cada unha (realizaranse en grupos reducidos de 6-8 alumnos). Nas tutorías farase unha evaluación continua do aprendizaxe e resolveranse as dúbidas sobre a materia.
Sistema de evaluación- Teoría. Realizarase un exame final obrigatorio para poder aprobar a materia. A nota de Teoría representará un 75% da nota final da materia.
- Prácticas. A asistencia a todas as prácticas será obrigatoria e será un requisito para poder presentarse ao examen de teoría. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos nas prácticas . A nota deste exame representará un 10% da nota final.
- Seminarios. En caso de ser impartidos polo profesor, o contido dos mesmos será susceptible de exame. En caso de ser impartidos polos alumnos, para a valoración terase en conta:
A corrección formal do resumo escrito e da presentación pública.
O labor de síntese da información recompilada.
A capacidade para responder de forma axeitada ás preguntas formuladas.
No caso doutras alternativas docentes nos seminarios, valorarase a participación do alumno nestas.
O peso dos seminarios na nota final será do 10%.
- Asistencia a clases teóricas, seminarios e titorías. Representará un 5 % da nota final. Soamente se permitirá un 10% de ausencias non xustificadas nos controis de asistencia que se efectúen ao longo do cuadrimestre para manter esta porcentaxe. A perda de dita porcentaxe non implica a non superación da materia.
Nota: A nota mínima no exame de teoría para poder valorar os outros conceptos será de 4.
ALUMNOS REPETIDORES
- Aos estudantes repetidores que teñan avaliada positivamente las prácticas e as asistencias, manterase a calificación durante os dous cursos académicos seguintes.
- A asistencia ás Titorias será voluntaria
Tempo de estudo e traballo persoalMateria de 6 créditos ECTS x 25 horas= 150 horas
Presenciais 60 horas:
- clases maxistrais 34 horas
- clases prácticas 15 horas
- seminarios 6 horas
- titorías en grupo reducido 3 horas
- examen 2 horas
Traballo persoal do estudiante 90 hors:
- Titorías individualizadas 2 hors
- Estudo individual 68 horas (3-4 horas semanais)
- Elaboración de traballos e lecturas recomendadas 18 horas
- Asistencia a conferencias e outras actividaes 2 horas
Recomendacións para o estudo da materiaEstudio comprensivo e non memorizado intentado relacionar os contidos dentro da materia e con aquelas outras materias afíns.
Asistencia regular a clase e participación activa en clases teóricas e seminarios