G1021329 - Ecoloxía II (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Clase Interactiva Seminario: 8.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 61.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Ecoloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia•Adquirir un conxunto de coñecementos ecolóxicos básicos, expoñendo os principios ecolóxicos relativos ás comunidades e aos ecosistemas (organismos e poboacións foron tratados en Ecoloxía I), que son a base para comprender os procesos que ocorren na biosfera.
•Aprender a manexar a terminoloxía ecolóxica con precisión, dominando o vocabulario básico da disciplina.
•Potenciar a capacidade de interrelación, practicamente imprescindible para interiorizar os conceptos propios da ecoloxía, poñendo de relevo a importancia das interconexións entre os compoñentes dos ecosistemas.
•Entender que os ecosistemas son sistemas complexos, que funcionan como unidades integradas, existindo múltiples causas que xeran a súa estrutura e funcionamento.
•Percibir o impacto humano na biosfera e fomentar a concienciación con respecto á problemática ecolóxica e ambiental actual.
ContidosTEORÍA
Indícase entre parénteses a duración aproximada de cada tema.
Bloque I. COMUNIDADES
1. A comunidade. Descrición e estrutura. (4 h)
2. Diversidade biolóxica. (3 h)
3. Comunidades insulares. (3 h)
4. Dinámica da comunidade. (4 h)
5. Perturbación. (2 h)
Bloque II. FUNCIONAMENTO DO ECOSISTEMA
6. O ecosistema. Produción primaria. (4 h)
7. Produción secundaria. (2 h)
8. Fluxo de enerxía e estrutura trófica. (2 h)
9. Descomposición. (3 h)
10. Circulación de nutrientes. (3 h)
PRÁCTICAS DE CAMPO E LABORATORIO
O calendario de prácticas axustarase no posible ó desenvolvemento do programa teórico.
1) Comunidades: estudo das comunidades de aves das zonas verdes da cidade de Santiago
2) Comunidades: relacións área-especies
3) Ecosistemas: estudo de ecosistemas no campo (en función da disponibilidade económica)
PRÁCTICAS DE ORDENADOR
O calendario de clases con ordenador axustarase no posible ao desenvolvemento do programa teórico.
1. Estrutura da comunidade
2. Ordenación e clasificación de comunidades
3. Modelo de bioxeografía insular
4. Sucesión: Modelo de Markov
5. Perturbación, colonización e competencia
6. Modelo de dinámica do fitoplancton
7. Circulación de nutrientes en ecosistemas terrestres
8. Circulación de nutrientes en ecosistemas acuáticos
9. O planeta das margaridas
10. O ciclo actual do carbono
SEMINARIOS
1. A investigación en Ecoloxía
2. Medidas de abundancia das especies
3. Número, tamaño e forma das unidades de mostraxe
4. Estratexias de mostraxe
5. Descritores da estrutura da comunidade
6. Análise de datos
7. Exercicios Temas 1-5
8. Exercicios Temas 6-10
TITORÍAS
Estarán adicadas á resolución das dúbidas que poidan xurdir sobre os contenidos revisados nas clases teóricas e nos seminarios, así como calquera outra consulta relacionada coa docencia da materia.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Begon, M.; Harper, J.L. & Townsend, C.R. 1999. Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. 3ª ed. Barcelona: Omega.
Cain, M.L.; Bowman, W.D & Hacker, S.D. 2008. Ecology. Sunderland, Massachusetts: Sinauer Associates, Inc.
Krebs, C.J. 2009. Ecology: the experimental analysis of distribution and abundance. 6th ed. San Francisco, California: Benjamin Cummings.
Molles, M.C. 2006. Ecología: conceptos y aplicaciones. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill/Interamericana.
Smith, R.L. & Smith, T.M. 2007. Ecología. 6ª ed. Madrid: Pearson Educación.
Stiling, P. 2012. Ecology. Global Insights & Investigations. Nueva York: McGraw-Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Krebs, C.J. 1999. Ecological Methodology. 2nd ed. Menlo Park: Addison-Wesley.
Ricklefs, R.E. 1998. Invitación a la ecología. La economía de la naturaleza : libro de texto sobre economía básica. 4ª ed. Bogotá: Panamericana.
Townsend, C.R.; Begon, M. & Harper, J.L. 2008. Essentials of ecology. 3rd ed. Malden, Massachusetts: Blackwell.
CompetenciasCOMPETENCIAS XERAIS
•Coñece-los conceptos, métodos e resultados máis importantes da Ecoloxía.
•Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, e obter conclusións sobre problemas relacionados coa Ecoloxía
•Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición, plantexamento e busca de solucións de problemas ecolóxicos.
•Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, adquirindo novos coñecementos e técnicas propios da Ecoloxía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
•Coñece-las bases científicas da teoría ecolóxica e a súa aplicación cara a sustentabilidade dos ecosistemas e a conservación da biodiversidade.
•Adquirir coñecementos sobre as comunidades e ecosistemas, incluíndo os procesos, ciclos e fluxos que interconectan as súas distintas compoñentes.
•Coñece-los métodos e as técnicas básicas de laboratorio e campo da ecoloxía.
•Ter un coñecemento global dos problemas ambientais e ecolóxicos.
•Identificar e formular problemas ecolóxicos.
•Aplicar modelos ecolóxicos.
•Interiorizar un compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
Metodoloxía da ensinanza As clases de TEORÍA introducirán os coñecementos básicos da ciencia ecolóxica (conceptos, procesos, hipóteses, modelos). Con frecuencia, farase referencia a conceptos, experimentos ou hipóteses xa vistos en temas anteriores. Isto é imprescindible dada a natureza integradora da materia. Tampouco será infrecuente a referencia a cuestións que se verán máis adiante, xa que a Ecoloxía non é unha materia que admita un desenvolvemento lineal, senón ramificado. Este exercicio de relacionar trazos e procesos diversos supón un certo esforzo, pero finalmente aporta unha capacidade de análise global que pode resultar moi útil, non só no estudo desta materia, senón como unha ferramenta de traballo xeral.
Os seminarios e as clases prácticas tamén constitúen parte esencial do curso.
Os SEMINARIOS dedicaranse á exposición, por parte do profesor dos métodos básicos de obtención e análise de datos ecolóxicos en comunidades e ecosistemas, así como á resolución, por parte do alumno, de cuestións e problemas relativos ós temas tratados.
As PRÁCTICAS abordarán o manexo de métodos de laboratorio e campo que permitan familiarizarche coa forma de traballo habitual en Ecoloxía. Os guións facilitados ó comezo das prácticas inclúen a información necesaria para poder seguir de forma ordenada e clara o desenvolvemento da tarefa proposta. Enfrontarse coa resolución dun problema concreto, e o feito de que os grupos de prácticas son máis reducidos, soe favorecer unha maior interacción entre os alumnos e o profesor, e facilita a intervención e formulación de dúbidas. Cada alumno entregará ó finaliza-las prácticas un Caderno de Prácticas para a súa valoración.
PRÁCTICAS DE ORDENADOR: As clases, en sesións de unha hora, consistirán nunha breve explicación e posterior aplicación de distintos modelos relacionados con aspectos teóricos vistos nas clases expositivas. Os modelos executaranse mediante o emprego de diferentes plataformas (follas de cálculo, applets de java, software específico como Ecobeaker, etc.) e permitirán dar resposta a unha serie de preguntas propostas nun cuestionario.
TITORÍAS: Dedicaranse basicamente á aclaración de dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relativa á docencia da materia.
Sistema de evaluaciónOs criterios de avaliación recóllense nunha táboa que pode consultarse en:
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais da docencia presencial de diversos tipos, os alumnos han de precisar horas de estudo e de traballo persoal. En conxunto, as horas dedicadas son:
30 horas expositivas (clases e seminarios)
28 horas interactivas (prácticas, seminarios e prácticas de ordenador)
2 horas de titorías
87 horas de traballo persoal
3 horas de exame
150 horas de dedicación total
Recomendacións para o estudo da materia-Asistir habitualmente ás clases teóricas, seminarios e prácticas
-Estudar a materia ó día
-Consultar a bibliografía
-Consultar dúbidas en clase ou en horas de titoría.