Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021330 - Antropoloxía Biolóxica (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 45.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 60.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Antropoloxía Física
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BLAZQUEZ CAEIRO, JOSE LUIS.SI
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_05OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_06HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Dotar o alumno dos fundamentos precisos para o axeitado coñecemento da natureza e contidos da Antropoloxía Biolóxica.
    - Desenvolver os métodos e fomentar a valoración crítica no alumno sobre a comprensión do problema da variabilidade biolóxica humana, nas súas dimensións espacial e temporal, así como das consecuencias prácticas que disto se derivan.
    - Proporcionar un marco que integre a problemática da Antropoloxía Biolóxica no ámbito do coñecemento científico e moi especialmente no contexto xeral da Bioloxía.

    Contidos
    TEORÍA ( 45 h)

    -Encadre taxonómico da especie humana dentro da Orde Primates ( 4 h)
    -Tendencias evolutivas do proceso da Hominización (12 h)
    -Paleoantropoloxía. O rexistro fósil. Estadios da hominización. Tendencias evolutivas, adaptabilidade e diversificación. Interpretacións filoxenéticas. Orixe dos humanos modernos ( 7 h)
    -Antropoloxía Molecular (11 h)
    -Somatoloxía e Adaptabilidade Humana ( 6 h)
    -Interpretación da diversidade das poboacións humanas. Os grandes grupos humanos. Orixe, dinámica e diversificación ( 8 h)


    PRÁCTICAS (12 h total. 6 prácticas /2 h)

    - Valoración descritiva do cranio
    - Craniometría do neurocranio e do esplacnocranio. Estudo métrico da queixada
    - Estimación da idade e o sexo. Determinación da capacidade cranial. Determinación da estatura
    - Determinación inmunohematolóxica de antíxenos eritrocitarios
    - Análisis cladístico na biodinámica das poblacións humanas.
    - Análise de liñas dermopapilares

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria
    - G.C. Conroy, Primate evolution, W. W. Norton & Co., New York, 1999.
    - R. Lewin, Human evolution, Blackwell Scientific Publications, Boston, 2004.
    - R. Jurmain, H. Nelson, L. Kilgore e W. Trevathan, Introduction to Physical Anthropology, -- Wadsworth/Thomson Learning, Stanford, 2011
    - C. Susanne, E. Rebato e B. Chiarelli (eds.), Anthropologie Biologique, Editions De Boeck Université, De Boeck & Larcier S.A., Bruxelles, 2003.
    - A. Valls, Introducción a la Antropología, Ed. Labor, Barcelona, 1985.
    - Vogel and Motulsky, A.G.Human Genetics. Problems and Approaches. Vogel R. and Motulky, AG. (Speicher, Michael; Antonarakis, Stylianos E.; Motulsky, Arno G. Eds. ) Springer, 2010.
    Competencias
    Competencias
    - Identificar e valorar a natureza e as bases biolóxicas diferenciais da especie humana.
    - Capacidade para analizar desde unha perspectiva crítica os patróns biolóxicos propios da especie humana como consecuencia do proceso evolutivo.
    - Identificar os estadios do proceso da hominización.
    - Valorar a variabilidade morfolóxica e funcional e o seu significado no campo ergonómico e da adaptabilidade humana.
    - Coñecer a variabilidade xenético-molecular das poboacións humanas actuais e traducila en diversos ámbitos de aplicación práctica.

    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases teóricas: 3 horas semanais (duración cuadrimestral).

    - Titorías: Revision e clarexamento das dúbidas ou outros aspectos docentes plantexados polos alum
    nos.

    - Clases prácticas: impartiránse clases prácticas de laboratorio, cada unha de duas horas de duración,
    de contidos e desenvolvemento coherentes co programa das clases teóricas que se desenvolveran .
    paralelamente. Total: 12 h. prácticas.





    Sistema de evaluación
    A nota final da materia establecese a partir das calificacións obtidas en Teoría y Prácticas. En cada unha de ambas partes, será preciso acadar alomenos o 50% da calificación máxima posible.

    Para se poder presentar á avaliación é requisito estar matriculado oficialmente na materia, no curso correspondiente.

    Prácticas: Evaluaranse, ben na modalidade de participación activa, por asistencia, seguida dunha Memoria final, ben na modalidade de examen das prácticas desenvolvidas durante o curso. Computarán como o 10% da calificación final.
    Cotrol asistencia: nomeamento de cada un dos alumnos que figuran na listaxe do grupo que compoñe a práctica.
    Cumplimento: máximo unha falta a asistencia con acreditación xustificativa


    Teoría: A restante porcentaxe (90%) corresponde a calificación obtida na Teoría. Calificarase mediante o desenvolvemento dun exame final escrito da materia impartida no curso. Os contidos da teoría desenvolveránse en duas partes principais. A nota global da teoría establecese mediante a media ponderada correspondente a ambas partes. Para iso, é preciso acadar, alomenos, o 35% da cualificación máxima posible de cada parte.


    Tales criterios de avaliación aplicaranse en cada unha das oportunidades de examen. Conservarase durante catro cursos académicos a avaliación positiva acadada de calquera de ambas partes (Teoría/Prácticas).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:
    - Teóricas: 45 horas
    - Prácticas: 12 horas
    - Titorias: 3 horas

    Horas non presenciais: 90 horas totais (78 h preparación do exame de teoría e 12 h Memoria de prácticas)

    Horas de avaliación: 3 horas

    Total volume de traballo: 153 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e seguimento continuo da docencia.
    - Apoio bibliográfico orientado á preparación e ao estudo da materia.
    - As titorías como sistema de apoio para clarificar ou afondar individualmente naqueles aspectos que o alumno necesite asentar.




    1º e 2º ciclo (en extinción)