Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021421 - Ecoloxía III (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 25.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 13.00
  • Clase Interactiva Seminario: 5.00
  • Horas de Titorías: 2.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Ecoloxía
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON.NON
ARES PITA, ANGELA MARIA.NON
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBEN.SI
SANTISO CARRAL, XABIER.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BHorariosClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_04OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos Formativos

    Dar aos alumnos unha visión obxectiva e actualizada de la problemática ambiental provocada por el impacto humano.

    Dar unha interpretación dos problemas do desenvolvemento humano de acordo cos principios ecolóxicos, fomentando a capacidade de relacionar as ciencias ecolóxicas coas ciencias sociais.

    Dar a coñecer a utilidade da ciencia ecolóxica (conceptos, teorías e técnicas) na solución de problemas ambientais cruciais da nosa sociedade, tanto os derivados do uso e xestión dos recursos naturais como polos impactos das súas actividades industriais e económicas.

    Presentar aos alumnos outras maneiras de xestionar e explotar de forma sostible os recursos naturais

    Fomentar o espírito crítico cara a información ambiental que proporcionan os medios de comunicación, estimulando o acceso a distintas fontes de información especializadas.

    Desenvolver a iniciativa dos alumnos e a súa participación activa en todas as actividades da materia.

    Fomentar a responsabilidade individual e colectiva na resolución dos problemas ambientais, a conservación de especies e a sostibilidade dos ecosistemas.

    Fomentar nos alumnos o emprego preciso da terminoloxía propia da disciplina.


    Contidos
    PROGRAMA DE TEORÍA (25 HORAS)

    1. Crecemento da Poboación Humana, Sostibilidade e Capacidade de Carga da Terra (2 horas)
    Historia da Poboación Humana; Taxas de crecemento, Factores Condicionantes e Proxección; Estrutura de Idades; Efecto do Crecemento Poboacional; Capacidade de Carga para a Poboación Humana; Pegada Ecolóxica.

    2. Bases Ecolóxicas para a Xestión de Recursos Básicos: Auga e Solo (2 horas)
    Ciclo Hidrolóxico. Grandes Reservorios de Auga. Efectos de cambios no clima, na vexetación o a agricultura na dispoñibilidade de Auga. Consumo Eficiente del Auga. Contaminación e Eutrofización do auga. Brañas para tratar augas residuais. Factores que afectan a Erosión e Métodos para reducila. Esgotamento e Deterioro do solo. Desertización e deforestación.

    3. Bases Ecolóxicas para a Explotación Sostible de Poboacións: Pesqueiras e Explotacións Forestais (3 horas)
    Concepto de Sostibilidade. Rendemento Óptimo e Máxima Produción Sostible. Explotación de Pesqueiras (Produtividade primaria e redes tróficas; Xestión sostible; Control de capturas e cotas). Explotación Forestal (Grandes áreas forestais, Función dos bosques, Xestión sostible, Deforestación).

    4. Unha Perspectiva Ecolóxica na Produción de Alimentos (2 horas)
    Produción vexetal e animal nos ecosistemas agrícolas. Limitacións ecolóxicas para incrementar a produción. O Futuro da Agricultura (Incremento produción por área, Novos cultivos e variedades, Biotecnoloxía).

    5. Aspectos aplicados do manexo e control de poboacións. Control de pragas (2 horas)
    Obxectivos del Control de Pragas. Control Químico e Problemática Asociada (Toxicidade, Persistencia e Bioacumulación, Evolución das Resistencias). Control Biolóxico e Xenético. Xestión Integral de Pragas.

    6. Impactos humanos e saúde dos ecosistemas: Alteración do Ciclo do Carbono e Cambio Climático (3 horas)
    Interferencias humanas no ciclo do Carbono. Efecto invernadoiro e persistencia de gases invernadoiros. Efectos sobre o clima (cambios na dinámica de masas de aire e oceánicas). Efectos dun cambio climático sobre os organismos e as actividades humanas; Evidencias.

    7. Impactos humanos e saúde dos ecosistemas: Contaminación Ambiental (3 horas)
    Contaminantes e fontes principais. Medida de la toxicidade (Concentración e Doses letal, Respostas medidas en las especies). Principais contaminantes gasosos, fontes e efectos. La deposición ácida e os deus efectos. Radiación Ultravioleta e Ozono.

    8. Ecoloxía do Paisaxe (2 horas)
    Principios de Ecoloxía del Paisaxe: relaciones espaciais entre manchas, mosaicos de fragmentos, conectividade, matriz, efecto de borde, aplicación a la construción de corredores. Reserva individual versus Redes de conservación. Consecuencias ecolóxicas da fragmentación de hábitats. Principios de bioxeografía dinámica: configuración das comunidades insulares. Aplicación á planificación de espazos protexidos.

    9. Conservación e Xestión de Especies e Comunidades (4 horas)
    Conservación de especies: tamaño efectivo de poboación e risco de extinción. Causas da rareza das especies. Dinámicas de metapoboacións. Causas de extinción: aspectos demográficos (tamaño mínimo viable, Variabilidade demográfica), aspectos xenéticos (estrutura xenética, deriva e endogamia) e aspectos ecolóxicos (variabilidade ambiental e catástrofes; especies invasoras; destrución e fragmentación do hábitat). Análises de viabilidade de poboacións. Niveles de Biodiversidade: desde los xenes ao paisaxe. Especies clave, indicadoras. Consecuencias da perda de biodiversidade na organización das redes tróficas. Xestión, localización e tamaño de Parques e Reservas para a conservación.

    10. Restauración de Comunidades afectadas por actividades humanas (2 horas)
    A acción da sucesión natural. Actividades para promover a restauración: Prevención de especies invasoras; Introdución de especies. Xestión de áreas restauradas. A restauración de poboacións de plantas ameazadas. Rehabilitación de solos contaminados: Biodescontaminación.


    Prácticas de Ordenador (5 horas)

    As sesión dunha hora nun Aula de Informática, consistirán nunha breve exposición inicial dos conceptos e procesos que pasarán a abordarse na práctica. A continuación, os alumnos adestraranse no emprego de modelos sinxelos desenvolvidos en follas de cálculo o Applets de Java Script que abordarán distintos aspectos tratados nas clases teóricas. Os alumnos deberán contestar a un cuestionario cuxas preguntas poderán ser formar parte do exame da la materia.

    Sesión 1: Análises da Viabilidade das Poboacións
    Sesión 2: Explotación Sostible das Poboacións
    Sesión 3: Ecoloxía do Paisaxe: Cuantificación de Patróns Espaciais
    Sesión 4: Priorización de Especies e Hábitats para a Conservación
    Sesión 5: Deseño de Reservas


    Prácticas de Seminario/Seminario (5 horas)

    Sobre a base de gravacións de documentais ou conferencias cortas (menos de 30 minutos) impartidas por destacados especialistas en aspectos tratados en clases teóricas se estimulará un debate. Coa información obtida no documental/conferencia e o posterior debate, os alumnos deberán responder a un cuestionario de preguntas.

    Sesión 1 (1 hora): Debate sobre la conferencia: “The Earth is full”, por Paul Gilding
    http://www.ted.com/talks/paul_gilding_the_earth_is_full.html

    Sesión 2 (1 hora): Debate sobre a conferencia “The other inconvenient truth”, por Jonathan Foley (Professor and McKnight Presidential Chair in the Department of Ecology and director of the Institute on the Environment at the University of Minnesota).
    http://www.ted.com/talks/lang/en/jonathan_foley_the_other_inconvenient_truth.html


    Sesión 3 (1 hora): Debate sobre a conferencia “Why I must speak out about climate change”, por James Hansen (Adjunct Professor of Earth and Environmental Sciences at Columbia University’s Earth Institute)
    http://www.ted.com/talks/james_hansen_why_i_must_speak_out_about_climate_change.html

    Sesión 4 (1 hora): Debate sobre a conferencia “On saving life on Earth”, por E.O. Wilson (Professor and Honorary Curator in entomology at Harvard)
    http://www.ted.com/talks/e_o_wilson_on_saving_life_on_earth.html

    Sesión 5 (1 hora): Debate sobre o documental “Home”.
    Dirixido por Yann Arthus-Bertrand, o documental mostra a diversidade da vida na Terra e cómo as actividades humanas téñense convertido nunha ameaza para o equilibrio ecolóxico do planeta.

    Prácticas de Campo (8 horas)
    1ª Sesión (4 horas): “Visita guiada as actividades de Restauración da Entulleira da mina de cobre de Touro”.
    Os alumnos deberán de elaborar un informe crítico sobre as intervencións realizadas e sobre o grado de restablecemento dun sistema “semi natural”.

    2ª Sesión (4 horas): "Seguimento temporal da estrutura de comunidades de bosque no entorno da cidade de Santiago”.
    Sobre a base dos datos recollidos no campo polos propios alumnos e dos recollidos polos compañeiros de cursos anteriores, cada grupo elaborará un informe co seguimento de distintos indicadores da estrutura e crecemento de poboacións, así como da súa estrutura e dinámica temporal das comunidades estudadas.

    Titorías en Grupos Reducidos (2 horas)


    Titoría 1: Introdución a Cienciometría e publicación de traballos científicos (1 h).

    Titoría 2: Desenvolvemento dun mapa conceptual da disciplina (1 h).



    Bibliografía básica e complementaria
    Begon, M., Townsend, C.R., Harper, J.L. 2006. Ecology: From Individuals To Ecosystems. John Wiley & Sons.

    Botkin, D.B., Keller, E.A. 2011. Environmental Science: Earth as a Living Planet. John Wiley & Sons, 4th Edition

    Newman, E.I. 2000. Applied Ecology & Environmental Management. Blackwell Science, Oxford, UK.

    Tyler Miller, G. 2002. Introducción a la Ciencia Ambiental–desarrollo sostenible de la Tierrra. Thomson, Madrid.

    Krebs, Ch. 2008. The Ecological World View. CSIRO Publishing, Collingwood, Australia.


    Bibliografía complementaria

    Rey Benayas, J.M, Espigares, T. y Nicolau, J. M. 2003. Restauración de ecosistemas mediterráneos. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Alcalá.



    Competencias
    Competencias xerais
    As especificadas na memoria do Grao en Bioloxía
    Competencias específicas de la materia
    Ao remate dos estudios desta materia, os alumnos deberían de ser capaces de identificar os principais desafíos ambientais a los que se enfronta nosa sociedade, comprender e súas causas e coñecer as propostas que dende a Ecoloxía se ofrecen para solucionalos.
    Deberían de ter adquirido certa familiaridade co emprego de modelos matemáticos de representación de procesos ecolóxicos.
    Deberían de ter adquirido un compromiso coa idea dun desenvolvemento compatible coa protección ambiental e a conservación de especies e comunidades.

    Competencias transversais
    En función da metodoloxía da ensinanza e das distintas actividades planeadas para o desenvolvemento desta materia, esperase que os alumnos que a cursen incrementen a súa competencia nos seguintes aspectos:
    Capacidade de análise e síntese
    Capacidade para el razoamento e a argumentación
    Habilidade no manexo de TICs
    Utilización de información en lingua inglesa
    Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos


    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións expositivas, en forma de clases maxistrais, e as prácticas de campo, nas que primará unha pedagoxía máis activa, constituirán o núcleo da docencia. Nas sesións expositivas os alumnos adquirirán os conceptos e coñecerán os procesos propios da disciplina. Os seminarios e as prácticas de ordenador permitirán desenvolver aspectos específicos do programa teórico, cunha maior interacción cos alumnos. Un importante recurso didáctico ao que se recorrerá para lograr os obxectivos educativos será o poñer á disposición dos alumnos gran cantidade de material multimedia (textos, transparencias, vídeos, follas de cálculo, enlaces a páxinas webs, etc.) para o que se empregará o soporte do curso virtual incluído na plataforma da USC virtual. A atención individualizada ao estudante nas titorías permitirá, nalgunha medida, personalizar a ensinanza. O nivel das clases teóricas será alcanzable para os estudantes cunha preparación académica e intelectual media. Os estudantes por debaixo da media serán obxecto de atención titorial, namentres que os que se atopen por riba da media poderán satisfacer os seus maiores desexos de coñecementos co acceso a recursos e bibliografía máis especializada.
    Sistema de evaluación
    Os criterios de avaliación expóñense detalladamente na táboa accesible a través do seguinte enlace:

    http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html

    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL EN AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL O EN GRUPO HORAS
    Clases maxistrais 25 Estudio individual 50
    Prácticas de Campo 8 Elaboración de Cuestionarios 10
    Prácticas de Ordenador 5 Elaboración de un mapa conceptual 4
    Seminarios 5 Asistencia a charlas u outras actividades 1
    Titorías obrigatorias 2 Realización do exame 3
    TRABALLO NA AULA 45 TRABALLO PERSOAL 68

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase a asistencia diaria e a participación activa as clases e ás prácticas. É importante resolver no momento as dúbidas que xurdan, así como revisar e completar as notas de clase antes da seguinte clase. As titorías representan unha moi boa oportunidade para mellorar a aprendizaxe e resolver dúbidas. O estudo da materia verase facilitado pola consulta do material multimedia que se porá á disposición dos alumnos no curso virtual da materia. É importante, tamén, a lectura da bibliografía recomendada para cada tema.






    1º e 2º ciclo (en extinción)