Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021424 - Bioloxía Molecular (Materias obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Seminario: 10.00
  • Horas de Titorías: 5.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO.SI
COVELO ARTOS, GUILLERMO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo AOrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo BHorariosClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Preténdese que o estudiante integre os coñecementos previos doutras materias para deste xeito ser capaz de analizar o fluxo de información, xenética e molecular, así como os sistemas de regulación que operan nas células.
    Contidos
    PROGRAMA DE TEORÍA (30 HORAS) (CLASES EXPOSITIVAS)

    I. A EXPRESIÓN DO XENOMA E A SÚA REGULACIÓN

    Lección 1. DNA, xenomas e cromosomas (2h).

    (A) EXPRESIÓN XÉNICA E SINALIZACIÓN CELULAR

    Lección 2. Introdución á sinalización celular: sinais, receptores e proteínas transductoras (1.5h).
    Lección 3. Rutas de sinalización intracelular I (2h).
    Lección 4. Rutas de sinalización intracelular II (2h).

    (B) CONTROL DA EXPRESIÓN GÉNICA e da ACTIVIDADES FUNCIONAIS das PROTEÍNAS

    Lección 5. Expresión xénica e control transcripcional (2h).
    Lección 6. Control postranscripcional da expresión xénica (2h).
    Lección 7. Evolución postbiosíntesis das proteínas (2h).
    Lección 8. Control da actividade biolóxica das proteínas (1.5 h).

    II. CONTROL DA ACTIVIDADE E HOMEOSTASIS CELULAR

    (A) CONTROL DA ACTIVIDADE ENERXÉTICA e METABÓLICA CELULAR

    Lección 9. Metabolismo enerxético e o seu control (2h).
    Lección 10. Nutrintes e nutrixenómica (1.5h).
    Lección 11. Integración e especialización metabólica en organismos superiores (3.5h)

    (B) CONTROL DA DIVISIÓN, PROLIFERACIÓN e MORTE CELULAR

    Lección 12. Células nai, lonxevidade e envejellecemento celular. Morte celular e a sua regulación (2.5h).
    Lección 13. Proliferación e ciclo celular en células eucariotas e a sua regulación (3h).
    Lección 14. Alteracions e reparación do DNA. Oncoxéne y cancro (2.5h).


    CLASES INTERACTIVAS (SEMINARIOS) (10 HORAS)

    • Seminarios (5h): Metodoloxía e técnicas de investigación en xenes e proteínas.

    • Seminarios (5 h): Resolución dos cuestionarios correspondentes os contenidos das clases expositivas:

    - Seminario 1: DNA, xenomas e cromosomas (1h).

    - Seminario 2: Sinalización celular (1h).

    - Seminario 3: Regulación da expresión xénica e actividade proteica (1 h).

    - Seminario 4: Control da actividad enerxética e metabólica (1h).

    - Seminario 5: Ciclo celular, morte celular e a sua regulación (1h).


    • CLASES TITORIAS (TITORÍAS) (5 HORAS)

    Titoría 1: DNA, xenomas e cromosomas (1 h).

    Titoría 2: Sinalización celular (1 h).

    Titoría 3: Control da expresión xénica (1 h).

    Titoría 4: A actividades celular e o seu control (1 h).

    Titoría 5: Avaliación de alumnos con exame control (1h) con cuestións sobre so seminario " Metodoloxía e técnicas de investigación en xenes e proteínas" que será impartido nas clases interactivas (5h).

    Bibliografía básica e complementaria
    - Alberts, B.; Johnson, A., Lewis, J., Raff, M., Roberts, K., Walter, P. Molecular Biology of the
    Cell. Garland Science. 2008.
    - Baynes, J., Dominiczak, M. Medical Biochemistry. 3th edition. Mobsy. 2009.
    - Brown. T.A. Genomes 3. Garland Sciences. 2007.
    - Clark, D.P., Pazdernik, N.J. Molecular Biology. 2nd ed. Academic cell. 2013.
    - Devlin, T.M. Textbook of Biochemistry with Clinical Correlations. 7th edition. Wiley Liss Inc.,
    New York. 2011.
    - Gil, A. Tratado de Nutrición. Tomo I. Bases Fisiológicas y Bioquímicas de la Nutrición. 2ª ed.
    Ed. Panamericana. 2010.
    - Hérraez, A. Biología Molecular e Ingeniería Genética. Conceptos, técnicas y plaicaciones en
    ciencias de la salud. 2ª ed. Elsevier. 2012.
    - Lodish, H., Kaiser, C.A., Brestscher, A., Amon, A., Berk, A., Krieger, M., A.; Ploegh, H., Scott,
    M.P. 2013. Molecular Cell Biology. 7th ed. W.H. Freeman and Company. New York.
    - Marks, F., Kilngmüller, U., Müller-Decker, K. Cellular Signal Processing. An Introduction to the
    Molecular Mechanisms of Signal Transduction.Garland Sciences. 2009.
    - Stryer, L., Berg, J.M. Tymocczo, J.L. Bioquímica con aplicaciones clínicas. 7ª ed. Ed. Reverté.
    2013.
    - Weinberg, R. The Biology of Cancer. Garlan Science. 2007.
    Competencias
    Competencias xerales

    As competencias que aparecen como xerais na Memoria do Grao de Bioloxía:

    • Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía incluíndo a perspectiva histórica do seu desenrolo.
    • Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións en problemas relacionados coa Bioloxía
    • Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise y e de abstracción na definición e plantexamento de problemas y na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
    • Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
    • Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.

    Competencias específicas

    Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades
    Técnicas básicas en bioloxía

    Ámbito competencial: Orixe e bases moleculares da vida
    Conceptos, mecanismos e hipóteses.
    Bioloxía molecular da célula.
    Análise de biomoléculas e procesos metabólicos.
    Análise molecular, celular e tisular.

    Ámbito competencial: Bioloxía humana, herencia e evolución
    O material hereditario.
    Análise xenético e evolutivo.
    O fluxo da información xenética.

    Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina
    Bases biolóxicas das enfermedades.
    Métodos de análise clínico e molecular.

    Competencias transversais

    • Capacidade de análise e síntese, de razoamento e argumentación.
    • Obtención de información adecuada, diversa e actualizada, bibliográfica e de internet.
    • Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    • Utilización de información en língua estranxeira.
    • Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de sus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    METODOLOXÍA DO ENSINO

    Clases maxistrais (uso do encerado apoyado con presentacións informáticas)
    Seminarios
    Titorías
    Exames escritos

    • CLASES INTERACTIVAS (SEMINARIOS) OBRIGATORIAS (10 HORAS)

    - As clases interactivas responderán a dous formatos diferentes:

    (a) Seminarios expositivos nos que se presenta o tema "Metodoloxía e técnicas de investigación en xenes e proteínas" (5h), no que os contidos serán materia de estudo e avaliable para o exame final.

    (b) Seminarios para a resolución de cuestionarios (5h) relacionados cos temas presentados nas clases expositivas e que serán entregados aos alumnos con antelación polo profesor da materia.

    - A asistencia ás clases interactivas controlarase mediante lista e será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das mesmas para poder presentarse ao exame final escrito. A falta a algúns dos seminarios poderase recuperar coa presentación, por parte do alumno, dun cuestionario ou un traballo (no caso do seminario “Metodoloxía e técnicas de investigación en xenes e proteínas”) de similar temática e extensión ao recibido na clase correspondente.

    • CLASES TITORIAIS (TITORÍAS) OBRIGATORIAS (5 HORAS)

    - As clases titoriais empregaranse para o repaso de conceptos básicos e xerais da materia, para a formulación e resolución de dúbidas e, ademais, para a realización e evaluación do exame sobre o seminario "Metodoloxía e técnicas de investigación en xenes e proteínas".

    - A asistencia ás clases titoriais controlarase mediante lista e será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das mesmas para poder presentarse ao exame final escrito.

    Sistema de evaluación
    Avaliación de contidos (clases expositivas)

    - Os contidos do programa teórico se evaluarán mediante exame escrito (exame final) na data correspondente que dispoña a faculdade. A máxima cualificación obtida no exame (10 puntos) equivale a un 85% da cualificación final.


    Avaliación de clases interactivas

    - A materia explicada no seminario “Metodoloxía e técnicas de investigación en xenes e proteínas” se evaluará nas clases titoriais, tal como se indica no seguinte apartado.


    Avaliación de clases tutoriais

    - Avaliaranse os contidos do seminario “Metodoloxía e técnicas de investigación en xenes e proteínas” mediante a realización dun exame control (1h) que suporá un 15% da nota final. Devandito exame non é recuperable e, en caso de non realizarse, obteríase unha cualificación de 0 puntos neste apartado, polo que a máxima cualificación alcanzable polo alumno (nota final) sería de 8.5 puntos e sempre que cumprise coas esixencias de asistencia ás clases interactivas e tutoriales.

    Avaliación final

    - A cualificación final obterase como a media ponderada das cualificacións obtidas polo estudante no exame de contidos (que evalúa as clases expositivas e cuestionarios das clases interactivas, e corresponde a un 85% do total da nota final) e o exame control (que evalúa os contidos do seminario Metodoloxía e técnicas de investigación en xenes e proteína? e que representa un 15% da nota final), a condición de que alcance un mínimo de 4.5 puntos no exame de contidos.

    - Os criterios de avaliación resumidos poderase obter na seguinte dirección:

    http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html


    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL EN AULA

    Clases maxistrais (expositivas) 30h

    Seminarios (interactivas) 10h

    Titorías obrigatorias 5h

    TRABALLO EN AULA 45h


    TRABALLO INIVIDUAL OU EN GRUPO

    Estudo Individual 62.5h

    Realización de exames e controis 5 h

    TRABALLO PEERSOAL 67.5h
    Recomendacións para o estudo da materia
    • Asistencia a todas as actividades docentes.
    • Consulta da bibliografía recomendada.
    • Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.




    1º e 2º ciclo (en extinción)