G1021441 - Biodiversidade vexetal e conservación (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 11.00
- Clase Interactiva Seminario: 3.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Botánica
- Áreas: Botánica
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xeral é a adquisición e consolidación, por parte dos alumnos, de coñecementos básicos sobre a diversidade vexetal, a súa importancia, as presións que a ameazan e as bases biolóxicas para a súa conservación. De forma máis específica, prestarase especial atención ás especies e comunidades de maior interese ecolóxico, social, económico ou cultural, así como ás estratexias, técnicas e métodos utilizados para a súa conservación e uso sustentable
ContidosClases expositivas:
1.-Biodiversidade vexetal: concepto, niveis que abarca e importancia.
2.- Diversidade en fungos e plantas non vasculares. Especies ameazadas e taxons de especial interese.
3.- Diversidade en plantas vasculares. Especies ameazadas e taxons de especial interese
4.-Diversidade vexetal como recurso: recursos etnobotánicos e de interese socioeconómico (agrícola, forestal, social, cultural ou industrial).
5- Diversidade en comunidades vexetais naturais. Comunidades e hábitats de maior interese na actualidade
6.-Diversidade vexetal en ambientes forestais, agrícolas e urbanos.
7- Ameazas á diversidade vexetal. Obxectivos e criterios de actuación para a conservación da diversidade vexetal
8.- Bases biolóxicas da conservación. Procesos de evolución e dinámica de poboacións. Análise de viabilidade e vulnerabilidade demográfica.
9.- Conservación de especies silvestres “in situ”. Métodos. Vantaxes e limitacións.
10.- Conservación de especies silvestres “ex situ”. Métodos. Vantaxes e limitacións
11.- Conservación de parentes silvestres de plantas de cultivo e de especies de interese forestal, medicinal ou agronómico. Métodos. Vantaxes e limitacións
12.- Conservación de comunidades vexetais en hábitats naturais. Áreas protexidas.
13.- Conservación de comunidades vexetais en hábitats antropizados de interese especial
14.- Espazos protexidos, conectividade e restauración. Recuperación e restauración de espazos degradados.
Prácticas de laboratorio:
En función da dispoñibilidade de horarios e laboratorios realizaranse 3 prácticas de 2 horas ou 2 prácticas, cada unha de 3 horas.
Practica 1: Manexo de información sobre a área na que se vai a realizar a práctica de campo. Métodos de mostraxe. Recollida e análise de mostras.
Práctica/s 2/3-Elaboración do catálogo das especies estudadas na práctica de campo, confirmando a identidade das mostras recollidas. Estudo comparativo dos datos de campo coa información previa consultada. Estimación das funcións que realizan e do estado de conservación das especies e comunidades máis representativas.
Práctica de campo:
Ten como finalidade a aprendizaxe de métodos de mostraxe e toma de datos no campo. Está previsto realizala nos terreos do Xardín Botánico da USC, próximo á Facultade de Bioloxía. Se iso non fose posible, contémplase a posibilidade de realizala noutro lugar, de acordo cos recursos dispoñibles na data de realización da práctica (5 horas).
Programa de seminarios
1- Diversidade vexetal na Rede Natura 2000 (1hora)
2- Especies, comunidades e hábitats ameazados en España e Galicia (1 hora)
3- Conservación da diversidade vexetal en Galicia (1 hora)
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
BACCHETTA G., BUENO SANCHEZ A., FENU G., JIMENEZ-ALFARO B., MATTANA E., PIOTTO B. & VIREVAIRE M. (eds.). 2008. Conservación ex situ de plantas silvestres. Principado de Asturias / La Caixa. 378 pp. Disponible on line en: http://www.conservacionvegetal.org/upload/publicaciones/28/Conserv-xsitu_Bachetta_et_al._eds.pdf
BAÑARES, A. (coord.). 2002. Biología de la conservación de plantas amenazadas. Organismo Autónomo de Parques Naturales. Madrid.
FRANKEL,O.H.; BROWN, H.D.& BURDON, J.J. 1995. The conservation of plant biodiversity. Cambridge University Press.
GIVEN, D.R. 1994. Principles and Practice of Plant Conservation. Chapman & Hall,
IRIONDO, J.M., ALBERT, M.J., GIMENEZ BENAVIDES, L., DOMINGUEZ LOZANO, F. & ESCUDERO, A. (Eds.) 2009. Poblaciones en peligro: viabilidad demográfica de la flora vascular amenazada de España. Dirección General de Medio Natural y Política Forestal (Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino), Madrid, 242 pp. Disponible on line en: http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/inventarios-nacionales/
MAXTED, N.et al., 1996. Plant Genetic Conservation: The in situ approach, Chapman & Hall, Paris
PRIMACK, R.B. & ROS, J. 2002. Introducción a la biología de la conservación. Ariel Ciencia.
Bibliografía complementaria e recursos de internet
PARDO DE SANTAYANA, M; PIERONI, A; PURI, RK. 2010. Ethnobotany in the New Europe: People, Health and Wild Plant Resources. Berghahn Books.
WOOD, D.; LENNÉ,JD. 1999.Agrobiodiversity : characterization, utilization, and management. Wallingford.
http://www.conservacionvegetal.org/
http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/
http://www.anthos.es/
http://europa.eu/pol/env/index_es.htm
http://www.cbd.int/gspc
http://www.iucnredlist.org/
http://www.bioversityinternational.org/
http://www.gbif.es/index.php
http://www.fao.org/biodiversity/
http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Conservacion
http://reddeparquesnacionales.mma.es/parques/index.htm
CompetenciasCompetencias xerais
- Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes sobre Biodiversidade.
- Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Biodiversidade
- Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais
- Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Biodiversidade, tanto a un público especializado como non especializado
- Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas
Competencias específicas da materia
Preténdese que o alumno/a familiarícese coa biodiversidade vexetal e a súa conservación a través de ferramentas botánicas, mediante a adquisición de:
–Capacidade de análise e interpretación do concepto e importancia da biodiversidade vexetal
–Coñecementos sobre a situación actual de especies e comunidades vexetais de especial interese ecolóxico, socioeconómico e cultural
–Comprensión do carácter multidisciplinar da biodiversidade vexetal
–Coñecementos sobre os taxons e comunidades vexetais de maior interese desde o punto de vista da conservación.
–Coñecementos básicos sobre estratexias de conservación
–Un maior interese pola calidade do medio ambiente e a súa conservación
Metodoloxía da ensinanza -Clases maxistrais sobre os contidos teóricos da materia.
-Prácticas de laboratorio e campo para a realización de estudos reais sobre especies e comunidades vexetais nunha área concreta, que inclúan as funcións que desempeñan e estado de conservación das mesmas. Cada alumno/a elaborará unha memoria cos resultados obtidos.
-Seminarios sobre diferentes aspectos relacionados coa situación actual da biodiversidade vexetal e a súa conservación, en Europa, España e Galicia.
-Titorías para apoio na resolución de dúbidas e problemas, así como para achegar información complementaria docente ou investigadora, relacionada coa materia
-Plataforma virtual da USC utilizarase como complemento da docencia teórica e práctica
Sistema de evaluaciónDispoñible no enderezo
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoal(horas)
Clases expositivas: 30
Clases interactivas: Prácticas e seminarios: 14
Titorías: 1
Total horas traballo presencial: 45
Estudio individual: 57,5
Elaboración memoria de prácticas: 3
Elaboración de seminario: 5
Realización exame: 2
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia ás clases e participación activa nos debates
- Consultar os libros e outras publicacións que se recomendan
- Facer uso das titorías para resolver dúbidas e problemas
- Facer uso de todas as ferramentas de traballo dispoñibles na Facultade de Bioloxía (biblioteca, laboratorios, aula de informática,.....) e noutros centros da USC.