G1021442 - Microbioloxía clínica (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA Microbioloxía Clínica inclúe contidos mínimos de formación, adquisición de competencias e habilidades que o alumno do Grao en Bioloxía debe coñecer respecto das enfermidades infecciosas. Abórdanse aspectos relacionados cos mecanismos bacterianos de patoxenicidade e virulencia; iníciase ao alumno na análise microbiolóxica de mostras clínicas e realízase unha breve descrición sobre a etioloxía, patoxenia , sintomatoloxía e epidemioloxía das principais enfermidades infecciosas humanas. Estes contidos capacitarán ao alumno para abordar saídas profesionais da área da saúde relacionadas co coñecemento e a aprendizaxe do papel dos microorganismos como axentes infecciosos, así como das técnicas empregadas no diagnóstico microbiolóxico da enfermidade infecciosa.
ContidosPrograma de clases expositivas (e duración estimada)
Tema 1. Mecanismos bacterianos de patoxenicidade e virulencia (1.5h)
Tema 2. Mecanismos defensivos do hospedeiro(1h)
Tema 3. Introdución á epidemioloxía das enfermidades infecciosas (1h)
Tema 4. Enfermidades infecciosas de pel, tecidos brandos e ollos (2.5h)
Tema 5. Enfermidades infecciosas do sistema respiratorio (2.5h)
Tema 6. Enfermidades infecciosas do sistema gastrointestinal (2h)
Tema 7. Enfermidades infecciosas do sistema xenitourinario (1.5h)
Tema 8. Enfermidades infecciosas do sistema cardiovascular (1.5h)
Tema 9. Enfermidades infecciosas do sistema nervioso (1.5h)
Tema 10. Zoonosis (2.5h)
Tema 11. Infeccións nosocomiais (1h)
Tema 12. Enfermidades infecciosas emerxentes e reemerxentes (1h)
Tema 13. Principios de diagnóstico microbiolóxico (2h)
Tema 14. Estudo microbiolóxico de ouriños (1h)
Tema 15. Estudo microbiolóxico de feces (1h)
Tema 16. Estudo microbiolóxico de exudado faríngeo, conxuntival e ótico (1h)
Tema 17. Estudo microbiolxico de esputo (1.5h)
Tema 18. Estudo microbiolóxico de mostras uretrais e vaxinais (1.5h)
Tema 19. Estudo microbiolóxico de líquido cefalorraquídeo e sangue (1.5h)
Tema 20. Estudo microbiolóxico de mostras para anaerobios (1h)
Programa de clases prácticas:
1. O laboratorio de Microbioloxía Clínica: normas de seguridade. Estudo de microbiota normal de pel e garganta. Análise microbiolóxico de ouriños: urocultivo. (3h)
2. Tinción Gram das mostras de pel, garganta e ouriños. Infeccións asociadas a catéter: Proba de Maki. Simulación de transmisión de patóxeno por contacto. (3h)
3. Probas de identificación sobre os illados. Antibiograma por difusión no medio sólido. (3h)
4. Análise e interpretación dos resultados. Recollida selectiva de residuos, esterilización e reciclaxe de material. Realización do exame de avaliación.
(3h)
2.3.-Clases Interactivas:
Impartirase unha clase interactiva de 2h de duración en grupos de 20 alumnos. Terá carácter complementario para alcanzar os obxectivos docentes e poderá orientarse cara á ampliación de temas ou conceptos impartidos nas clases expositivas, a análise e discusión de artigos de divulgación ou noticias relevantes relacionadas coa materia ou cara á interpretación da Microbioloxía mediante diversas ferramentas audiovisuais (cine, TV, prensa, …).
2.4.-Tutorías
Os alumnos recibirán 1h de tutoría en grupos de 10 para clarexar dúbidas de calquera aspecto da materia.
Bibliografía básica e complementariaBásica
•Prats, G. (2006) Microbiología Clínica. Buenos Aires: Ed. Panamericana.
•Spiecer, W.J. (2009) Microbiología Clínica y Enfermedades Infecciosas: Texto y Atlas en color. 2ª ed. Barcelona: Elsevier.
Complementaria
•Gamazo, C., López-Goñi, I. y Díaz, R. (2005) Manual práctico de Microbiología. 3ª ed. Barcelona: Masson.
•Harvey, R.A., Champe, P.C y Fisher, B.D. (2007) Microbiología: Lippincott's illustrated reviews. 2ª ed. Barcelona: Wolters Kluwer.
•Struthers, J.K. y Westran, R.P. (2005) Bacteriología Clínica. Barcelona: Masson.
-http://www.seimc.org/documentos/protocolos/clinicos/
CompetenciasCompetencias xerais
-Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas nesta materia.
Competencias específicas
- Coñecer e aplicar correctamente o vocabulario e a terminología propia da Microbioloxía.
- Adquirir os coñecementos básicos sobre a patoxenicidade e o desenvolvemento de enfermidade das bacterias responsables de enfermidades humanas.
- Adquirir habilidades manuais necesarias para a correcta manipulación de microorganismos e desenvolver as técnicas convencionais de identificación de bacterias patóxenas.
Competencias transversais
- Desenvolver capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
Metodoloxía da ensinanza A) Clases expositivas en grupo grande
Leccións maxistrais do profesor/a con diverso apoio informático. No Aula Virtual tamén haberá material complementario da materia a disposición do alumno.
B) Clases interactivas en grupo reducido
Esta actividade realizarase en grupos de 20 alumnos e serán clases dirixidas polo profesor/a empregando como base diversos medios audiovisuais (películas, imaxes, vídeos) que servirán para ilustrar os temas a desenvolver. O alumno debe participar activamente intentando resolver as cuestións que se expoñan. Antes de finalizar cada interactiva, os alumnos deberán responder un cuestionario sobre a temática abordada na clase. As clases interactivas supón un máximo de 1 punto (10% da nota final).
C) Clases prácticas de laboratorio
Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade require unha boa actitude individual. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos e da metodoloxía a seguir. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas habendo lido atentamente o contido do manual. Tras a explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e observacións necesarias para a consecución dos obxectivos da práctica, para o que contará coa supervisión do profesor/a.
Duración: 12h distribuídas en 4 días consecutivos. O último día, tras valorar os resultados finais, o alumno deberá realizar un exame sobre as prácticas desenvolvidas no laboratorio, que terá unha puntuación máxima de 1,5 puntos. A presentación coidada e esmerada do caderno de prácticas no que o alumno recollería todos os resultados suporá un máximo de 0,5 puntos; xa que logo, a realización completa das prácticas supón un máximo de 2 puntos (20% da nota final).
D) Tutorías
O alumno recibirá 1h de tutoría en grupos de 10, pretendéndose aclarar as dúbidas sobre calquera aspecto teórico-práctico ou de avaliación da materia.
Sistema de evaluaciónhttp://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo individual ou en grupo: 60h
Cumplimentación do caderno de laboratorio, preparación e realización do exame práctico: 4h
Realización e revisión do exame teórico: 2,5h
Resolución de dúbidas: 1h
Total horas traballo persoal do alumno 67,5h
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase aos alumnos que empecen a estudar a materia desde o primeiro día. É moi importante que se familiaricen co vocabulario propio da materia canto antes, para o que disporán, entre outros materiais didácticos, dun glosario de termos no Aula Virtual.
Por ser unha materia de poucos créditos, a información que se dá nas clases expositivas está moi condensada, polo que se recomenda a asistencia continuada e o estudo semanal para un maior aproveitamento da materia. Tamén se aconsella a consulta frecuente dos libros recomendados na bibliografía e o acceso ao material didáctico que se colgará no Aula Virtual.
En canto ás clases prácticas, é esencial que o alumno presente unha actitude responsable durante as horas que pasará no laboratorio, do que se desprenderá a adquisición de destreza na manipulación dos microorganismos.
Respecto das clases interactivas, o alumno beneficiarase dunha actitude participativa, sendo o momento máis adecuado para a súa intervención no aula.
ObservaciónsRecomendacións de face á avaliación:
a)Exame de teoría: Preparar adecuadamente a materia, especialmente nos conceptos e temas crave (que serán resaltados polo profesor durante as clases expositivas).
b)Prácticas de Laboratorio: Mostrar a adecuada atención ás indicacións do profesorado, respectando especialmente as normas de seguridade e esforzándose en adquirir as destrezas necesarias durante as prácticas.
c)Avaliación nas clases interactivas: Preparar con antelación os temas a tratar, demostrar interese e participación activa durante as clases.