Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021443 - Inmunoloxía (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 2.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Arias Crespo, María Pilar.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03HorariosClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo CLIS_02HorariosClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal desta materia é que os alumnos teñan unha visión actual e global sobre o funcionamento do sistema inmunitario e que coñezan as nocións fundamentais da resposta inmunitaria, as células e moléculas que compoñen o sistema inmunitario e os mecanismos de comunicación e cooperación existentes entre os diferentes tipos celulares.
    Obxectivos específicos:
    - Coñecer a fisioloxía do sistema inmunitario así como os seus compoñentes moleculares e celulares.
    - Coñecer os mecanismos básicos de recoñecemento e os mecanismos efectores da resposta inmunitaria innata e adaptativa.
    - Coñecer e comprender o papel do sistema inmunitario na defensa do organismo fronte á infección con diferentes patógenos, así como os seus defectos xenéticos primarios e secundarios (inmunodeficiencias).
    - Coñecer a participación do sistema inmunitario en relación a procesos cancerosos, no rexeitamento de transplantes e durante os procesos alérxicos.
    - Coñecer as aplicacións terapéuticas de actuación sobre o sistema inmunitario e a capacidade de manipular a resposta inmunitaria.

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES EXPOSITIVAS

    1. Introdución á inmunoloxía. Aplicacións. Evolución da inmunidade
    2. Células e tecidos do sistema inmune. Sinalización.
    3. O complemento, os seus ligandos e os seus receptores.
    4. Os fagocitos e os seus receptores.
    5. Os anticorpos, os seus ligandos e os seus receptores.
    6. Os linfocitos B e o seu receptor para antígeno.
    7. A xeración da diversidade dos linfocitos B e T.
    8. As moléculas de histocompatibilidad: ligandos e receptores.
    9. A presentación de antígenos aos linfocitos T.
    10. Os linfocitos T e o seu receptor para antígeno.
    11. A xeración do repertorio restrinxido dos linfocitos T.
    12. A xeración de linfocitos T e B efectores.
    13. Mensaxería inmunológica: as citocinas e os seus receptores.
    14. O tráfico leucocitario: as moléculas de adhesión e as súas ligandos.
    15. A inmunidade en acción fronte a virus, bacterias, fungos e parásitos. Inflamación.
    16. As inmunodeficiencias. As alerxias e outras hipersensibilidades.

    O tema 1 desenvolverase en 1 hora e o resto dos temas desenvolvésense cunha duración de 2 horas.

    PROGRAMA DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO

    Os experimentos que se propoñen son sinxelos e conceptualmente correlativos aos temas teóricos da materia. Segundo as horas establecidas para a materia (9h) o alumnado deberá realizar unha serie de ensaios experimentais, recoller os resultados obtidos e analizalos adecuadamente para dar resposta ás preguntas e exercicios expostos no guión de prácticas.

    Programa de prácticas:
    PRÁCTICA 1. Recoñecemento das células compoñentes do sistema inmune. Determinación da viabilidade celular.
    PRÁCTICA 2. Determinación e estudo de subpoblaciones linfocitarias por Citometría de Fluxo.


    PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS/SEMINARIOS

    Segundo as horas establecidas para a materia (2h) constará dun seminario co obxectivo de reforzar mediante casos clínicos os coñecementos desenvolvidos nas clases expositivas.

    PROGRAMA DE TUTORIAS

    Segundo as horas establecidas para a materia (4h) realizaranse as tutorías ca intención da resolución das dúbidas xeradas nas clases expositivas e interactivas. O obxectivo é o de clarificar os conceptos básicos que rexen o funcionamento do sistema inmune e a súa aplicación en casos patolóxicos e/ou a súa terapia.
    Bibliografía básica e complementaria
    INMUNOLOXÍA


    Abbas, A.K., Lichtman, A.H. y Pillai, S. 2012. Inmunología celular y Molecular. 7ª ed. Barcelona: Elsevier

    Regueiro González, J.R. et al. 2010. Inmunología : biología y patología del sistema inmunitario. 4ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana.

    Kindt, T.J., Goldsby, R.A. y Osborne, B.A. 2007. Inmunología de Kuby. 6ª ed. México: McGraw-Hill.

    Roitt, I.M. et al. 2008. Inmunología : fundamentos. 11ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.

    Fainboim, L. y Geffner, J. 2011. Introducción a la inmunología humana. 6ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.

    Gorczynski, R.M. y Stanley, J. 2007. Inmunología basada en la resolución de problemas. Madrid: Elsevier.

    Male, D.K. et al. 2007. Inmunología. 7ª ed. Madrid: Elsevier.

    Parham, P. 2006. Inmunología. 2ª ed. Madrid: Editorial Médica Panamericana.


    Competencias
    As habilidades e competencias que debe adquirir o alumnado son:

    Desenvolver as capacidades de análise e reflexión e razoamento crítico.
    Sintetizar e relacionar diferentes temas.
    Aprender a manexar diferentes fontes de información.
    Resolución de problemas e comprender o método científico.
    Adquirir, desenvolver e exercitar destrezas necesarias para o traballo de laboratorio e a instrumentación básica en Inmunoloxía.
    Coñecer e comprender a estrutura e función de biomoléculas do Sistema inmunitario.
    Coñecer e comprender os procesos da resposta inmune.
    Metodoloxía da ensinanza
    A materia está exposta para potenciar a aprendizaxe activa do alumnado. Por iso, as clases teóricas concíbense como introducións xerais a cada tema, que serán complementadas co resto de actividades propostas. Estas actividades son: o estudo individual, a resolución de cuestións, a preparación das actividades propostas en seminarios e a asistencia a tutorías.

    O estudo individual realizarase en base a unha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base da devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará, nos casos no que sexa necesario, con información adicional.

    Para a realización dos seminarios o alumnado organizarase en grupos estables e centrarase na participación dos/as alumnos/as.

    As tutorías concíbense como medio de control, coordinación e orientación do traballo do alumnado. As tutorías serán o medio idóneo para que os/as alumnos/as expoñan as dúbidas ou cuestións que lles vaian xurdindo ao longo do desenvolvemento do curso. Internet facilitará tamén o contacto do alumnado co profesorado mediante consultas electrónicas.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia será continuada incluíndo datos de asistencia ás actividades, ao exámen, ademais dos traballos e seminarios levados a cabo polo alumnado.

    Os criterios para a avaliación indícanse nunha táboa que se pode ver na seguinte ligazón.
    http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais:

    30 horas maxistrais
    9 horas prácticas de laboratorio
    2 horas de prácticas de pizarra/seminarios
    4 horas de tutoría en grupos reducidos ou individualizados

    Horas non presenciais:

    60 horas de dedicación en estudo individual para a preparación da materia; 8 horas á elaboración de memorias de prácticas e 2 horas á realización do exame.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Utilización da bibliografía recomendada, así como do material gráfico proporcionado polo profesor, imprescindible para a comprensión da materia.
    Lectura e reflexión frecuente sobre a materia impartida, necesarias para a integración dos coñecementos neste campo da ciencia.
    Interese e atención sobre os novos avances nesta disciplina difundidos a través dos medios de comunicación, para a súa incorporación e discusión nas clases e seminarios.



    1º e 2º ciclo (en extinción)