G1021445 - Fitopatoloxía (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal
- Áreas: Fisioloxía Vexetal
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Coñecer e manexar vocabulario específico da materia.
-Adquirir coñecementos básicos acerca dos organismos causantes das enfermidades das plantas.
-Adquirir coñecementos avanzados da interacción planta-patóxeno, e das defensas das plantas fronte as enfermidades.
-Adquirir coñecementos avanzados relacionados ca descriptiva das enfermidades das plantas.
-Identificar as enfermedades máis relevantes no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.
-Coñecer e utilizar as técnicas de laboratorio empregadas habitualmente nas Ciencias da Vida.
-Valorar a importancia socioeconómica das enfermedades das plantas.
ContidosTEORÍA (30 HORAS)
Unidade I. Conceptos xerais (2 horas)
Factor adverso. Enfermidade. Patóxenos. Parasitismo e patoxenicidade. Procesos patoxénicos.
Patóxenos bióticos. Estrutura e función. Enfermidades abióticas
Unidade II. Interaccións hospedeiro-patóxeno (4 horas)
Localización. Penetración. Colonización. Invasión. Factores de patoxenicidade.
Degradación de cubertas vexetais. Degradación encimática da parede celular.
Toxinas específicas e non específicas. Modo de acción
Unidade III. A defensa das plantas fronte a patóxenos (8 horas)
Defensas químicas e estruturais preexistentes. Defensas inducidas
Resposta hipersensitiva. Fitoalexinas. Elicitores. Resistencia sistémica adquirida.
Xenética das relacións hospedeiro-patóxeno. Xenes e enfermidade. Variabilidade xenética.
O concepto xene por xene. Resistencia e enxeñería xenética
Unidade IV. Fisioloxía da planta enferma (4 horas)
Ambiente e enfermidade
Papel das hormonas na expresión de síntomas.
Alteracións na permeabilidade. Desequilibrio hídrico
Cambios no metabolismo do carbono. Desaxustes na actividade respiratoria e na fotosíntese
Unidade V. Epidemioloxía das enfermidades das plantas (2 horas)
Dinámica da interacción entre poboacións de patóxeno e hóspede. Modelos. Predición
Control das enfermidades das plantas
Unidade VI. Fitopatoloxía descritiva (10 horas)
Enfermidades producidas por fungos e organismos semellantes
Enfermidades producidas por procariotas: mollicutes e bacterias
Enfermidades producidas por virus e viroides
Plantas superiores parasitas
Nematodos como fitopatóxenos
• PRÁCTICAS DE LABORATORIO (7 HORAS)
Práctica de laboratorio 1: Postulados de Koch, caso práctico.
-Inoculación de plantas de tomate con Agrobacterium tumefaciens (1 hora)
-Illamento de bacterias de plantas de tomate (2 horas)
-Cultivo de patóxeno bacteriano. Crecemento e identificación (1 hora)
Práctica de laboratorio 2: Observación e identificación de patóxenos fúnxicos. Oidios e roias. (1,5+1,5 horas)
• PRÁCTICAS DE CAMPO (3 HORAS)
Observación de sintomatoloxía e recolección de plantas enfermas.
Visita á Estación Fitopatolóxica de Areeiro (Pontevedra).
• TUTORÍAS EN GRUPO REDUCIDO (3 HORAS)
Elaboración de traballos relacionados coa Unidade Didáctica VI do programa de contidos teóricos.
• SEMINARIOS (2 HORAS)
Exposición dos traballos elaborados polos alumnos
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA Y COMPLEMENTARIA
AGRIOS, G.N. (2005). Plant Pathology, Academic Press.
BUCHANAN, B. B., GRUISES W., JONES R.L.(2000) Biochemistry and Molecular biology of Plants, ASPP Rockville Maryland.
LUCAS, J. A. (1998) Plant pathology and plant pathogens. Blackwell Science.
LLACER, G., LÓPEZ, M.M., TRAPERO, A., BELLO, A. (1996) Patología Vegetal. Sociedad Española de Fitopatología.
MALOY, O.C.,MURRAY T. D. (2001) Encyclopedia of Plant Pathology, John Wiley & Sons Inc.
for signal transduction, APS Press.
SCHEFFER, R.P. (1997). The nature of disease in Plants, Cambridge University Press.
SCHUMAN,G.L., D’ARCY C.J. (2006). Essential Plant Pathology, APS Press.
SMITH, I.M. , DUNEZ, J., JELLIOT R.A., PHILLIPS, D.H., ARCHER, S.A.(1988). Manual de enfermedades de las plantas. Mundi Prensa
STRANGE , R.N. (2003) Introduction to Plant Pathology, John Wiley & Sons Ltd. England.
TRIGIANO, R. ,WINDHAM, M.T. , WINDHAM A.S. (2008). Plant Pathology: Concepts and Laboratory Exercises, CRC Press, Florida USA.
Citas de recursos en internet
Páxina web da Sociedade Española de Fitopatoloxía: www.sef.es [citado 5 jun 2012]
Páxina web da Sociedade Americana de Fitopatoloxía. Recursos educativos [en inglés]: www.apsnet.org [citado 5 jun 2012]
Páxina web da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Centro de investigación e diagnóstico de enfermidades de plantas da Diputación de Pontevedra: www.efa-dip.org [citado 5 jun 2012]
Páxina web da Organización Europea sobre Protección de Plantas [en inglés] : www.eppo.org [citado 5 jun 2012]
The plant pathology internet guide book (o libro da patoloxía vexetal en internet) [en inglés] : www.pk.uni-bonn.de/ppigb/ppigb.htm [citado 5 jun 2012]
Vademecum de fitosanitarios: www.infoagro.com/agrovademecum/ [citado 5 jun 2012].
Páxina web da Universidade de Davis, (California, USA) sobre patoloxía vexetal [en inglés]: www.ipm.ucdavis.edu/PMG/crops-agriculture.html [citado 5 jun 2012]
CompetenciasCompetencias específicas
Coñecemento e manexo do vocabulario específico da materia.
Construción dunha base conceptual para o estudo da patoloxía vexetal.
Familiarización co recoñecemento das enfermidades das plantas.
Adquisición de coñecementos básicos sobre a metodoloxía xeral do diagnóstico de enfermidades.
Deseño, proposta e desenvolvemento de experimentos.
Competencias transversais
Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas colectivamente.
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais
Para as exposicións empregarase fundamentalmente o apoio da proxección de presentacións, con abundancia de fotografías e esquemas. Buscarase en todo momento a participación activa do alumnado mediante a formulación de cuestións relativas ó tema en curso e a súa interrelación cos temas xa vistos.
Seminarios
Exposición dos traballos elaborados polos alumnos
Prácticas de laboratorio e de campo
Durante a impartición da materia de Fitopatoloxía e tal como se reflectiu no apartado de contidos, o alumnado desenvolverá dúas prácticas de 7 horas de duración, unha delas consta da inoculación de plantas susceptibles e resistentes á bacteria patóxena Agrobacterium tumefaciens. O desenvolvemento ou non da enfermidade está estreitamente relacionado cos conceptos de resposta hipersensitiva e a xenética da relación patóxeno-hóspede. Noutra sesión práctica examinaranse no laboratorio plantas afectadas con fungos, e determinarase, coa axuda de claves sinxelas, os organismos responsables da enfermidade.
As prácticas de campo consistirán en unha saída ós xardíns do campus universitario para observación e recoñecemento de sintomatoloxía de plantas enfermas, así como recolección de material para as prácticas de laboratorio. Adicionalmente se fará (se se conta con financiación) unha visita á Estación Fitopatoloxica de Areeiro (Pontevedra), como centro de diagnóstico e investigación de enfermidades de plantas.
Tutorías en grupos reducidos
Exposición de normas e guías para elaboración de traballos, e metodoloxía para a búsqueda de información.
Seguimento e corrección dos traballos elaborados polos diferentes grupos.
Exames escritos
Avaliarase mediante proba escrita, ó final de curso, os coñecementos adquiridos polos alumnos nas clases expositivas en nas prácticas
Sistema de evaluaciónConsultar en:
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases maxistrais 30
Prácticas de laboratorio 7
Prácticas de campo 3
Tutorías 3
Seminarios 2
TOTAL TRABALLO NA AULA 45
TRABALLO INDIVIDUAL O EN GRUPO HORAS
Estudo individual 45
Elaboración de traballos 15
Lecturas, actividade de biblioteca 5
Realización do exame 2,5
TOTAL TRABALLO PERSOAL 67,5
Recomendacións para o estudo da materia• Asistencia a tódalas actividades docentes, seguimento continuado da materia explicada nas clases expositivas.
• Participación activa e implicación nas discusións que se propoñen nas clases expositivas e de laboratorio.
• Consulta das fontes bibliográficas recomendadas.
• Facer uso da aula virtual da materia.
• Facer uso frecuente das tutorías.