G1021446 - Neurobioloxía (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 4.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía
- Áreas: Fisioloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquirir un coñecemento básico sobre o sistema nervioso e como ten lugar a transmisión de sinais, tendo en conta os diferentes niveis: I. o celular/molecular, II. o sináptico e III. os circuítos do comportamento. Cada un destes niveis se solapa cos outros, sendo os niveis celular/sináptico nos que se incidirá máis profundamente durante o curso.
Obxectivos específicos:
1.Coñecemento básico dos constituíntes do SN
2.Como se xeran os sinais e pasan dunha neurona a outra neurona
3.Interacción dos neurotransmisores cos seus receptores
4.Analizar e estudar os sistemas de neurotransmisión individualmente
ContidosTEORIA (30 h)
Compoñentes celulares do tecido nervioso. (2 h)
Procesado da información nas dendritas: Potenciais postsinápticos e correntes subumbrales. Patróns de descarga neuronal. (5 h)
Canles iónicos: propiedades. Bioloxía molecular das canles iónicos sensibles á voltaxe. (5 h)
Tipos de comunicación neuronal: a transmisión sináptica eléctrica e química. A neurotransmisión química: etapas. Liberación de neurotransmisores: Axuste excitación-secreción. Plasticidad sináptica a curto prazo. (4 h)
Farmacoloxía e Bioquímica da transmisión sináptica I: neurotransmisores clásicos (acetil-colina, serotonina, catecolaminas, GABA e glutamato). (7 h )
Farmacoloxía e Bioquímica da transmisión sináptica II: sinalización non clásica no cerebro (neurotransmision peptidérgica e neurotransmisores non convencionais). (3 h)
Receptores de neurotransmisores. Recaptación de neurotransmisores: transportadores. (2 h)
Neurotransmisores e estados de enfermidade. (2 h)
SEMINARIOS (2 + 2 h): Desenvolveranse cuestións e problemas relacionados cos temas do programa.
TITORIAS (2 H): Centraranse en asistir aos estudantes no seu proceso de aprendizaxe e así mellorar o rendemento académico. Trataranse aspectos como: a orientación na distribución do tempo e motivación, resolución de dúbidas, autoevaluaciones e tratamento da información.
PRACTICAS (9 h)
Correntes subumbrales
A función sinaptica. Modelos de sinpasis
Coordenadas estereotáxicas no cerebro de rata (Interpretación e utilización dun atlas de estereotaxia). Aplicacións
Bibliografía básica e complementariaByrne, J.H. and Roberts, J.L. 2009. From molecules to networks : An introduction to cellular and molecular neuroscience. 2nd ed. Amsterdam: Academic Press.
Hammond, C., ed. 1996. Cellular and molecular neurobiology. San Diego: Academic Press.
Kandel, E.R., Schwartz, J.H. y Jessell, T.M. 2001. Principios de neurociencia. 4ª ed. Madrid: McGraw-Hill.
Siegel, G.J. et al. 2006. Basic neurochemistry. Molecular, cellular, and medical aspects. 7th ed. Amsterdam: Elsevier.
Squire, L.R. et al. 2003. Fundamental neuroscience. 2nd ed. Amsterdam: Academic Press.
CompetenciasCoñecemento dos temas do programa de Neurobioloxía, tanto en amplitude como en profundidade
Adquirir soltura na busqueda bibliográfica aplicada á materia
Ser capaz de deseñar un experimento, coñecer técnicas experimentais en Neurociencia e
interpretar resultados
Manexo das novas tecnoloxías dirixídas á exposición de traballos.
Metodoloxía da ensinanza Clases expositivas: desenrolo por parte do profesor dos aspectos fundamentais dos temas do programa. O alumnado poderá utilizar as herramientas do campus virtual para descargar os resúmenes das presentaciones.
Clases interactivas:
Nos seminarios discutiranse cuestions e problemas relacionados cos temas do programa.
Prácticas: Terán lugar no laboratorio de prácticas do departamento e na aula de informática
Sistema de evaluaciónOs contidos teóricos evaluaranse mediante un examen escrito na data oficial indicada polo Centro e representará o 70% da nota final. Será necesario obter un 3,5 sobre 7 pontos para sumar o resto das aportacions.
O sistema de avaliación será o mesmo nas duas oportunidades, xuño e xullo
As notas de prácticas e seminarios gardaranse durante os seguintes catro cursos.
Mais detalles na seguinte dirección: http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoal4,5 ECTS, 25h/crédito: 112,5 h
Horas presenciais:
Expositivas: 30
Interactivas
Seminarios: 4
Laboratorio: 9
Tutorías: 2
Realización do exame: 2,5
Total horas presenciais: 47,5
Horas de estudo e traballo personal:
Expositivas: 50
Interactivas:15
Total horas estudo: 65
Recomendacións para o estudo da materiaÉ moi recomendable que o alumno participe activamente en tódolos apartados avaliables e levar ao día o estudo da materia
ObservaciónsOs alumnos matriculados nesta materia tendrán a súa disposición, no Campus Virtual da USC, gran parte do material que os profesores utilizan na súas clases para desenrolar as explicacións dos diferentes temas.