G1021449 - Evolución humana e diversidade molecular (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Antropoloxía Física
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Desenvolver criterios para a identificación da variabilidade xenético-molecular da especie humana, así como as estratexias analíticas específicas, apropiadas para cada caso particular.
- Proporcionar criterios de análise do problema da variabilidade molecular orientados á sua interpretación no marco biolóxico xeral (adaptabilidade, reconstrucción evolutiva, filoxenias moleculares).
- Coñecer as aplicacións específicas, tanto no ámbito da identificación biolóxica individual e poboacional, como nos ámbitos clínico e ambiental.
Contidos Teoría (30 horas)
- Interpretación do problema da variabilidade xenético-molecular da especie humana. Perspectivas de análise (2 horas).
- Marcadores xenético-moleculares: Proxecto Xenoma humano. Polimorfismos de ADN (NRY, ADNmt, RFLP, VNTR, STR, Alu, SNP, MVR, Indels, outros) (8horas).
- Aplicación dos marcadores no ámbito da Farmacoxenética e da Ecoxenética (4horas).
- Epidemioloxía xenética, identificación de grupos de risco. Estratexias metodolóxicas. Identificacións de factores de risco. Aplicacións (6 horas).
- Estratexias actuais de screening masivo do xenoma: Microarrays/ GWAS/ MALDI-TOF/ NNGS /outros (4 horas).
- Antropoxenética: Significado biolóxico da variabilidade das poboacións humanas e a sua incardinación no marco evolutivo da especie humana. Ánálisis cladísticos. Network analysis. Path analysis. Biodinámica e historia evolutiva das poboacións humanas actuais(H. sapiens) (6 horas).
Prácticas (10 horas)
1) Perfil molecular individual (Parte I): Técnicas extraccción DNA. Cuantificación e pureza. Amplificación (PCR). (2horas).
2) Perfil molecular individual (Parte II): Separación electroforética (PAGE). Detección molecular (Silver Staining). Identificación fenotipos moleculares.(2horas).
3) Análise e biodinámica das poboacións humanas (Parte I): Análise de Compoñentes Principais. Análise de Correspondencias. Valoración Antropolóxica.(2horas).
4) Análise e biodinámica das poboacións humanas (Parte II): Distancias xenéticas. Árbores filoxenéticas. Bootstrapping. Interpretación Antropolóxica.(2horas).
5) Epidemioloxía xenética (marcadores DNA). Risco relativo. Odd ratios. Regresión loxística. Identificación de grupos de risco. Factores de risco: Valoración (2horas).
Bibliografía básica e complementaria- Ayala, F.J. Evolución Molecular. Barcelona: Ed. Omega, 1980
- Brown, T.A. Genomas. 3ª ed. Buenos Aires: Ed. Médica Panamericana, 2008
- Cavalli-Sforza, L.L., Bodmer, W.F. Genética de las poblaciones humanas. Barcelona: Ed. Omega , 1981
- Speicher, M.R., Motulsky, A.G., Antonorakis S.E. Vogel and Motulsky's Human Genetics. Berlin Heidelberg: Ed. Springer-Verlag, 2010.
- Strachan T., Read A., Human Molecular Genetics. New York: Garland Science Publishing, 2010
Competencias- Saber identificar e interpretar o problema da variabilidade xenético-molecular da especie humana.
- Desenvolver criterios para a elección de estratexias metodolóxicas analíticas, específicas para a interpretación da variabilidade.
- Manexo do tratamento matemático que permita a obxetivación da variabilidade xenético-molecular humana dende un enfoque estadístico.
- Capacidade para establecer o perfil xenético-molecular individual e a sua aplicación na identificación de vestixios biolóxicos (análise criminalística, identificación de restos humanos, etc.).
- Capacidade para a reconstrucción precisa de xenealoxías humanas dende unha perspectiva molecular (análise de parentesco biolóxico, en xeral, análise biolóxico da paternidade, en particular, etc.).
- Identificación dos fenotipos moleculares relacionados con diversos exemplos do ámbito da ecoxenética e da farmacoxenética.
- Establecemento de metodoloxías analíticas para a identificación xenética de individuos incluidos en grupos de risco para o desenvolvemento de patoloxías moleculares.
Metodoloxía da ensinanza - Clases teóricas: Impartiranse 3 clase semanais (duración cuadrimestral).
- Clases prácticas: impartiránse clases prácticas de laboratorio de contidos e desenvolvemento coherentes co programa das clases teóricas
- Titorías: Revision e clarexamento das dúbida,s ou outros aspectos docentes plantexados polos alumnos.
Sistema de evaluación- Teoría: Realizarase un examen final escrito, nos términos establecidos pola normativa legal vixente. Computable como o 90% da calificación final.
- Prácticas: Participación activa e Memoria Final das mismas. Computable como o 10% da calificación final.
Para superar a materia esixirase que o alumno acade alomenos o 50% da puntuación máxima en cada un dos dous apartados da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 45 horas
- Teóricas: 30 horas
- Prácticas: 10 horas
- Titorías: 5 horas
Horas non presenciais: 70 horas (Preparación examen final e Memoria de prácticas)
Avaliación: 3 horas
Horas totales de traballo: 118 horas
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e seguimento continuo da impartición da docencia teórica.
- Apoio bibliográfico orientado para a preparación e estudio da materia.
- As tutorías como sistema de apoio para clarificar/profundizar individualmente os aspectos que o alumno necesite asentar