G1021450 - Biodiversidade animal e conservación (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Clase Interactiva Seminario: 7.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 47.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Zooloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ao alumno coñecementos esenciais sobre a biodiversidade animal, a súa importancia cuantitativa, os patróns de especiación e extinción, as ferramentas máis utilizadas para o seu coñecemento e os principais problemas de conservación e ferramentas lexislativas e técnicas para a súa xestión.
Contidos• PROGRAMA DE TEORÍA (30 h)
1) Elementos conceptuais (4 h). Conceptos de Biodiversidade e Conservación. A biodiversidade animal ao longo do tempo. Especiación e extinción. A biodiversidade animal en cifras. Cómo medir a biodiversidade. Hotspots.
2) Ferramentas para o coñecemento da biodiversidade animal (6 h).
a. Nivel específico. Técnicas moleculares e morfométricas.
b. Nivel poboacional. Métodos de inventariado e cuantificación de poboacións animais no medio terrestre e acuático.
3) Elementos para a conservación e xestión da biodiversidade animal (4 h).
a. Marco lexislativo e técnico para a conservación. Catálogos de Especies Ameazadas e Libros Vermellos. Plans de Conservación e Recuperación.
b. Áreas protexidas.
c. Conservación ex – situ.
d. A fauna nas Avaliacións de Impacto Ambiental (EIAs).
4) Biodiversidade animal terrestre (4 h).
a. Problemas de conservación de fauna en ecosistemas ibéricos: medio forestal, medio agrícola e humedais.
5) Biodiversidade animal mariña (12 h).
a. Nocións básicas de oceanografía física e biolóxica.
b. Ecosistemas litorais e oceánicos:
- Bentónicos de fondos duros e brandos: intermareais, infralitorales, circalitorales y batiales-abisales.
- Peláxicos: afloramentos costeiros, Mediterráneo, Océano Antártico.
• SEMINARIOS (7 h)
a. Fauna ameazada de Galicia (2 h).
b. A monitorización a longo prazo de poboacións animais como ferramenta para a xestión (3,5 h).
c. Fauna invasora (1,5 h).
• PRÁCTICAS DE CAMPO (8 h)
Aplicación de técnicas de inventariado y cuantificación de fauna.
Configuraranse grupos de 4alumnos, os cales aplicarán as técnicas de inventariado e, no seu caso, de cuantificación de determinados grupos faunísticos previamente seleccionados. Traballarase no medio litoral e terrestre. A información obtida por cada grupo de alumnos empregarase para a elaboración dun traballo (escrito e presentado oralmente) atendendo ás pautas de elaboración dun artigo científico. Estas pautas incluirán, polo menos, os seguintes fitos: adquisición e lectura de artigos sobre o tópico abordado, tratamento cartográfico e/ou estatístico da información colectada, redacción do traballo atendendo ás normas determinadas por unha revista científica da área.
• TITORÍAS OBRIGATORIAS (2,25 HORAS/ALUMNO)
Haberá dous grupos de titorías personalizadas. Contidos das titorías:
Titoría 1: Concreción do traballo experimental. Hipótese a testar. Ónde buscar bibliografía. Planificación do traballo de campo. Preparación do Proxecto. (1 h).
Titoría 2: Revisión do Proxecto. Inicio da mostraxe de campo. Resolución de dúbidas (1,25 h).
Bibliografía básica e complementariaCaughley, G. & A. Gunn. 1996. Conservation Biology in Theory and Practice. Blackwell Sciences, Cambridge.
Gaston, K. J. & J. I. Spicer. 2004. Biodiversity: An Introduction. Blackwell, Oxford.
Hawksworth, D. L. & A. T. Bull, editors. 2007. Vertebrate conservation and biodiversity. Springer, Dordrecht.
Hunter, M. L. & J. P. Gibbs, 2007. Fundamentals of Conservation Biology. Blackwell, Oxford.
Jeffries, M. J. 2005. Biodiversity and Conservation. Routledge, London.
Solan, M., Aspden, R. J. & D. M. Paterson, editors. 2012. Marine Biodiversity and Ecosystem Functioning: Frameworks, methodologies, and integration. Oxford University Press, Nueva York.
Sutherland, W. J. (ed.). 1996. Ecological Census Techniques, Cambridge University Press, Cambridge.
Tellería, J. L. 2012. Introducción a la conservación de las especies. Ed. Tundra, Valencia.
CompetenciasCompetencias específicas
• Coñecemento sobre a diversidade animal, a súa análise e aspectos bioxeográficos, ecolóxicos e de conservación.
• Técnicas de inventariado e cuantificación de poboacións animais.
• Identificación de problemas ambientais que afectan á fauna.
• Utilización da fauna nas Avaliacións de Impacto Ambiental e xestión do territorio.
Competencias transversais
• Busca e utilización de información científica, capacidade para o traballo en grupo, desenvolvemento das capacidades de redacción de traballo científico, capacidade de traballo en grupo e capacidade de exposición en público.
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais
Prácticas de campo
Titorías
Exames escritos
Sistema de evaluaciónPara consultar os criterios de avaliación desta materia é necesario ir o seguinte link:
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 30 Estudo individual 47,5
Prácticas de campo 8 Elaboración de traballos 11,75
Seminarios 7
Titorías obrigatorias 2,25 Realización de exame 2
Presentación de traballo 4
TRABALLO NA AULA 51,25 TRABALLO PERSOAL 61,25
Recomendacións para o estudo da materia• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.