G1021451 - Biotecnoloxía vexetal (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Fisioloxía Vexetal
- Áreas: Fisioloxía Vexetal
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOBXECTIVOS DA MATERIA
- Conseguir unha sólida preparación do alumno, teórica e práctica, en Biotecnoloxía aplicada ás plantas.
- Coñecer os conceptos xerais de técnicas biotecnolóxicas e relacionalos con outras materias básicas e específicas do Grao en Bioloxía.
- Coñecer as bases fisiolóxicas e a metodoloxía da propagación de plantas mediante cultivo in vitro, e as súas aplicacións prácticas na industria actual.
- Adquirir coñecementos na modificación xenética das plantas, métodos, aplicacións e avaliación delas.
- Coñecer e manexar correctamente terminoloxía científica utilizada en Biotecnoloxía
ContidosPROGRAMA DE TEORÍA (30 HORAS)
1. -Técnicas convencionais e limitacións das prácticas de selección vexetal. Biotecnoloxía: conceptos xerais. Introdución ao cultivo in vitro. Antecedentes históricos. Aplicacións actuais (2 h).
2. - Crecemento e diferenciación. Totipotencia. Papel dos reguladores de crecemento. Medios de cultivo. Utilidad da propagación vexetativa in vitro (1h).
3. - Micropropagación. Establecemento. Multiplicación. Enraizamento. Aclimatación. Cultivo de meristemos apicais. Obtención de plantas libres de virus (3 h).
4. - Organoxénese directa e indirecta. Variación somaclonal. Variabilidade e inestabilidade dos cultivos. Aplicacións (2 h).
5. - Embrioxénese somática. Sementes artificiais (2 h).
6. - Plantas haploides. Aplicación práctica dos haploides (2 h).
7. - Cultivos celulares. Suspensións celulares e obtención de metabolitos secundarios. Cultivos en Biorreactores. Elicitores (2 h).
8. - Cultivo de protoplastos. Illamento, cultivo e viabilidade. Rexeneración a partir de protoplastos (2 h).
9. - Bancos de xermoplasma. Biotecnoloxía e conservación de xermoplasma. Cultivos de crecemento mínimo. Encapsulación. Crioconservación (2 h).
10. - Tecnoloxía do ADN recombinante. O xenoma das plantas. Enxeñaría xenética. Modificación xenética dos cultivos vexetais. Aplicacións (2 h)
11. - Transferencia de xenes a plantas. Xenes marcadores seleccionables e xenes informadores (2 h). Transformación por vectores biolóxicos: Agrobacterium tumefaciens , A. rhizogenes e virus (2 h).
12. - Transferencia directa de xenes. Adsorción de DNA exóxeno. Liposomas. Fusión de protoplastos. Fusión química. Electrofusión. Biolística. Microinxección. Electroporación en tecidos (2 h).
13. - Rexeneración e análise de plantas transxénicas. Métodos de confirmación molecular. Herdanza dos carácteres (2 h).
14. - Aplicación e logros actuais na enxeñaría xenética de plantas. Manipulación da resistencia. Alimentos transxénicos. Enxeñaría metabólica. Agricultura biotecnolóxica. (2h).
15. - Bioseguridade. Lexislación. Riscos. Cesión de dereitos de plantas transxénicas (2 h).
• PRÁCTICAS DE LABORATORIO OBRIGATORIAS (12 HORAS)
Práctica de laboratorio 1: Preparación de medios de cultivo in vitro necesarios para a realización das prácticas. Esterilización de medios e material adicional (3 h).
Práctica de laboratorio 2: Establecemento in vitro de cultivos asépticos iniciais. Esterilización e preparación do material vexetal de partida (3 h).
Práctica de laboratorio 3: Organoxénese. Micropropagación. Enraizamento e traspaso a terra. (3 h).
Práctica de laboratorio 4: Embrioxénese somática (3 h).
• TITORÍAS EN GRUPO reducido (3 HORAS)
Cada grupo de alumnos elaborará un traballo relacionado cos contidos da materia. Os temas dos traballos estarán a disposición dos estudantes dende o primeiro día de titoría.
Titoría 1: explicación das normas para a elaboración dos traballos e orientación para a busca de información (1 h).
Titoría 2: seguimento do desenvolvemento do traballo e resolución de dúbidas (1 h).
Titoría 3: revisión final do traballo, resolución de dúbidas, formulación de cuestións e debate (1 h).
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA E COMPLEMENTARIA
BIBLIOGRAFÍA CLASES TEÓRICAS
COLLIN, H.A. AND EDWARS, S. (1998): Plant cell culture. BIOS Scientific Publishers.
DIXON, R.A. AND GONZALES, R.A. (1996): Plant cell culture: A practical approach. Ed.IRL.Press Ltd. Oxford.
GRESSHOFF, P.M. (1997): Technology transfer of plant Biotechnology. CRC Press.
LINDSEY K. (1998): Transgenic plant research. Harwood Acad. Publishers.
SETLOW J.K. (2001): Genetic Engineering. Principles and methods. Kluwer Academic. Plenum Publishers
BIBLIOGRAFÍA CLASES PRÁCTICAS
DODDS, J.H. AND ROBERTS, L.W.(1995): Experiments in plant tissue culture. Cambridge University Press.
SMITH R.H. (2000): Plant tissue culture Techniques and experiments 2ª ed. Academic Press
CompetenciasCOMPETENCIAS
Competencias específicas
• Conceptos básicos de biotecnoloxía en plantas: cultivo in vitro, micropropagación, embrioxénese somática, organoxénese, mellora xenética, haploides, variación somaclonal, metabolitos secundarios, protoplastos, conservación de xermoplasma, enxeñaría xenética en plantas, plantas e alimentos transxénicos.
• Técnicas básicas de biotecnoloxía vexetal: métodos de cultivo in vitro e propagación, métodos de transformación xenética de células vexetais. Análise de variabilidade xenética e de plantas transxénicas.
Competencias transversais
• Utilización de información axeitada, diversa e actualizada, bibliográfica e de internet, utilización de información en lingua estranxeira. Capacidade de síntese e de crítica. Capacidade de traballo individual e en grupo e capacidade de exposición en público. Capacidade de deseñar un protocolo aplicable en biotecnoloxía. Comprensión global da materia.
Metodoloxía da ensinanza METODOLOXÍA DO ENSINO
Clases maxistrais expositiva: coñecementos básicos que o alumno deberá ampliar coa bibliografía seleccionada. Apoio de medios audiovisuais e informáticos.
Prácticas de laboratorio: aprendizaxe e participación activa do alumno
Titorías: preparación para a realización dun traballo persoal
Exames escritos: teórico e práctico
Sistema de evaluaciónSISTEMA DE AVALIACIÓN
Os criterios de avaliación están expostos na táboa que aparece no link seguinte:
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalTEMPO DE ESTUDIO E DE TRABALLO PERSOAL
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA HORAS
Clases maxistrais...................................30
Prácticas de laboratorio...........................12
Titorías en grupo reducido.........................3
-----------------------------------------------------
TRABALLO EN AULA.................................45
-----------------------------------------------------
TRABALLO INDIVIDUAL O EN GRUPO HORAS
Estudio individual......................................... 45
Elaboración de memoria de prácticas................3,5
Elaboración de traballos.................................10
Lecturas recomendadas, actividades.................5
Realización de exame....................................2
Asistencia a charlas ou outras actividades.........2
------------------------------------------------------------
TRABALLO PERSOAL......................................67,5
Recomendacións para o estudo da materiaRECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDIO DE A MATERIA
• Asistencia a todas as actividades docentes, participación activa nelas.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Afondar nos temas.
• Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Observacións* Os estudantes repetidores que teñan superado as actividades obrigatorias (prácticas) non terán a obriga de realizalas de novo, gardándoselles as cualificacións obtidas durante un único curso consecutivo.
** Para aprobar a asignatura terase que obter aló menos a metade da cualificación numérica do exame final de teoría e a metade do valor total da parte práctica da materia.