G1021452 - Bioquímica clínica e Patoloxía molecular (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 8.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaNesta materia optativa de 4.5 créditos do segundo cuadrimestre intentaremos obter unha visión xeral do que significa a Bioquímica Clínica como un dos instrumentos necesarios para facer un diagnóstico, prognóstico e seguimento das distintas patoloxías. Partindo de coñecementos sobre o funcionamento normal de células, tecidos, órganos ou sistemas, obtidos en disciplinas variadas como a Bioquímica, Fisioloxía, Citoloxía/Histoloxía ou Xenética, faremos unha descrición global das bases bioquímicas, fisiolóxicas e fisiopatolóxicas de distintas enfermidades. Estudaremos os espécimes máis correntes nun laboratorio clínico (soro, plasma, ouriños, etc), así como as condicións en que as devanditas mostras son recollidas e procesadas, de modo que se garanta unha correcta interpretación posterior dos parámetros hematolóxicos e bioquímicos. Coñeceremos tamén, dende un enfoque teórico-práctico, distintas metodoloxías analíticas existentes nos laboratorios clínicos, así como o modo correcto de xerar os devanditos datos analíticos ou de xestionar e interpretar a información obtida. Finalmente, afarémonos ao manexo e comprensión da linguaxe especializada nesta disciplina, que nos permitirá interaccionar con outros colectivos do ámbito da Biomedicina.
ContidosTeóricos/Clases maxistrais (30 h)
PRIMEIRA PARTE:
Tema 1 (4 h). Introdución á Bioquímica Clínica e a Patoloxía Molecular. Historia. Fase preanalítica: obtención de mostras e factores preanalíticos que inflúen nos resultados. Fase analítica: magnitudes bioquímicas e factores analíticos que afectan aos resultados e á calidade analítica. Valores de referencia. Sensibilidade, especificidade e valor predictivo. Interpretación dos datos bioquímicos. Semioloxía e valor semiolóxico.
SEGUNDA PARTE:
Tema 2 (3 h). Proteínas plasmáticas. Proteínas de fase aguda. Inmunoglobulinas. Complemento. Enzimoloxía Clínica: Enzimas e isoenzimas. Principais enzimas de interese diagnóstico.
Tema 3. (2 h) Homeostase da auga e electrólitos. Alteracións do equilibrio ácido-base.
Tema 4. (2 h) Estudo do metabolismo mineral. Exploración da enfermidade ósea.
Tema 5. (2 h) Bioquímica hematolóxica. Hemoglobinopatías.
Tema 6. (2 h) Estudo bioquímico da función hepática.
Tema 7. (2 h) Estudo bioquímico da función renal.
Tema 8. (2 h) Diabete e hipoglicemias.
Tema 9. (1 h) Exploración bioquímica da función pancreática. Fibrose quística.
Tema 10. (2 h) Dislipemias e obesidade. Bases moleculares da hipercolesterolemia.
Tema 11. (1 h) Enfermidades mitocondriais. Trastornos da beta-oxidación.
Tema 12. (1 h) Exploración bioquímica das glándulas endócrinas.
Tema 13. (1 h) Diagnóstico da enfermidade cardiovascular e muscular. Distrofias musculares.
Tema 14. (1 h) Bases moleculares da transformación neoplásica. Marcadores tumorais.
Tema 15. (1 h) Bases moleculares das enfermidades neurolóxicas
_________ (3 h) Exposición pósteres
Prácticas de laboratorio (8 h)
> > Práctica 1 (4 h) Determinación de niveis totais de hemoglobina en sangue, de hemoglobina glicada e actividade sérica de gamma-GT. Casos prácticos.
> > Práctica 2 (4 h) Urianálisis: parámetros físicos e químicos. Química seca e determinación de niveis de creatinina en ouriños. Aclaramiento renal. Casos prácticos.
Seminarios (2 h):
> > Utilizaranse para a resolución de casos e problemas prácticos.
Titorías (5 h):
> > Serán empregadas para facer un seguimento dos traballos tanto individuais como colectivos dos alumn@s
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA RECOMENDADA
Baynes, John W. y Dominiczak, Marek H. ed. 2006. Bioquímica médica. 2ª ed. Madrid: Elsevier.
Baynes, John W. and Dominiczak, Marek H. ed. 2009. Medical Biochemistry. 3rd ed. Edinburgh: Mosby.
Devlin, Thomas M. ed. 2004. Bioquímica: libro de texto con aplicaciones clínicas. 4ª ed. Barcelona: Reverté.
Devlin, Thomas M. ed. 2010. Textbook of Biochemistry with Clinical Correlations. 7th ed. Hoboken: John Wiley & Sons.
Fuentes Arderiu, Xavier, Castiñeiras Lacambra, María José y Queraltó Compañó, José María. 1997-1998. Bioquímica clínica y patología molecular. 2ª ed. Barcelona: Reverté. 2 v.
Gaw, Allan et al. 2000. Bioquímica clínica: texto ilustrado en color. 2ª ed. Madrid: Harcourt.
Gaw, Allan et al. 2008. Clinical Biochemistry: An Illustrated Colour Text. 4th ed. Edinburgh: Churchill Livingstone.
PÁXINAS EN INTERNET
Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM): http://www.sebbm.es/
Sociedade Española de Bioquímica Clínica e Patoloxía Molecular (SEQC): http://www.seqc.es/
American Association of Clínical Chemistry (AACC): http://www.aacc.org/
Association for Clinical Biochemistry (ACB): http://www.acb.org.uk/
Diario Médico: http://www.diariomedico.com/
National Center for Biotechnology Information (NCBI). Pubmed: http://www4.ncbi.nlm.nih.gov/entrez/
CompetenciasAs competencias específicas que a materia Bioquímica Clínica e Patoloxía Molecular ten asignadas na Memoria do Grao en Bioloxía e que van potenciadas durante o curso son as seguintes:
Ámbito competencial coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Competencias en manexo de técnicas básicas en Bioloxía. Preténdese que o estudante adquira unha serie de coñecementos teóricos e prácticos e habilidades sobre as probas analíticas máis habituais realizadas nos laboratorios hematolóxicos e bioquímicos que lle permitan no futuro abordar distintos problemas nun laboratorio de Bioquímica Clínica.
Ámbito competencial orixe e bases moleculares da vida: Competencias en manexo de conceptos, mecanismos e hipóteses. O estudante aprenderá a comprender e utilizar a linguaxe específica existente nun laboratorio de Bioquímica Clínica. Tamén como a partir da información analítica recompilada así como outros signos e síntomas presentes nun paciente se pode establecer unha hipótese de traballo (diagnóstico).
As competencias transversais que se van traballar na materia Bioquímica Clínica e Patoloxía Molecular durante o curso son as seguintes:
Capacidade de análise e síntese
Capacidade para o razoamento e a argumentación
Capacidade de traballo en grupo e de abranguer situacións problemáticas de forma colectiva
Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
Compromiso de veracidade da información que se ofrece aos demais
Utilización de información bibliográfica e de Internet
Utilización de información en lingua estranxeira
Capacidade para resolver problemas mediate a aplicación integrada dos coñecementos
Metodoloxía da ensinanza TRABALLO PRESENCIAL: CLASES MAXISTRAIS, PRÁCTICAS DE LABORATORIO, SEMINARIOS E TITORÍAS
Esta materia ten un total de 45 horas presenciais, distribuídas en 30 horas de clases maxistrais, 8 horas de prácticas de laboratorio, 2 horas de seminarios e 5 horas de titorías en grupos reducidos.
Clases maxistrais (30 horas): Só existe un grupo expositivo nesta materia. A asistencia ás clases maxistrais non é obligatoria, aínda que sí recomendable, e terase en conta como unha nota máis dentro da avaliación continua (5% da nota). Durante as clases maxistrais desenvolverase o temario da materia. As presentacións de Power Point empregadas e todo o material didáctico estarán dispoñibles na aula virtual da materia. Pediráselles aos alumn@s unha participación activa nas claes, ben para recordar coñecementos referentes ás materias xa cursadas en anos anteriores (Bioquímica, Fisioloxía, Citoloxía/Histoloxía, Xenética) ou para resolver unha serie de casos clínicos encamiñados á aplicación dos conceptos teóricos.
Sesións prácticas obrigatorias no laboratorio (8 horas): Haberá 2 grupos de laboratorio con 25 alumn@s. Cada un deles realizará 2 sesións prácticas de 4 horas de duración, nas que se traballará con distintos tipos de mostras biolóxicas (soro, sangue completo, ouriño) e diferentes técnicas analíticas (cromatografía, ensaios enzimáticos, colorimetría, química seca, microscopía, etc). Tamén se resolverán casos prácticos.
Seminarios obrigatorios: 2 serán os grupos de seminarios, de 25 alumn@s cada un. Haberá 2 sesións de 1 hora de duración. Serán utilizadas para a resolución de casos e problemas prácticos, se ben os seminarios se desenvolverán subdividindo a clase en 4 pequenos subgrupos (5-6 alumn@s), que traballarán de forma competitiva. Os seminarios terán lugar no horario habitual e na mesma clase na que se imparte a materia.
Titorías: Haberá 4 grupos de titorías, de 12-13 alumn@s cada un. As 5 sesións (5 horas) de titorías serán empregadas para facer un seguimento do traballo individual (parte A) e do traballo colectivo (parte B). Ver a continuación.
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: NON PRESENCIAL
Elaboración de traballos (15.5 horas):
@s alumn@s de cada un dos 4 grupos de titorías terán que repartirse á súa vez en 2 subgrupos de 5-6 persoas (8 grupos en total) para realizar un traballo obrigatorio (tanto para alumn@s de nova matrícula coma para repetidores).
Este traballo obrigatorio constará de dúas partes (A e B) e tratará sobre unha determinada patoloxía humana, que poderá ser eligida polo grupo de entre unha listaxe de patoloxías correspondentes a última parte do temario; a única condición que se impón é que ningún dos 8 grupos pode coincidir na temática do traballo. Como se acaba de dicir, o traballo terá dúas partes:
Parte A (individual): consistirá nun traballo curto (cinco follas) que será levado a cabo por cada estudante de xeito INDIVIDUAL. O devandito traballo, AVALIABLE (20% da nota) a través dunha plantilla de evaluación que estará disponible para o/a alumno/a, servirá para facer unha primeira aproximación bibliográfica á patoloxía, e será entregado, antes da data sinalada, ao profesor. Calquer indicio de plaxio neste traballo individual supondrá un 0 neste apartado.
Parte B (colectiva). Consistirá nun traballo de grupo, no que a información recollida por cada un dos membros servirá para a elaboración dun póster AVALIABLE (5% da nota), que será exposto posteriormente na facultade durante os dous últimos días do curso e sobre o que o profesor e o resto dos alumn@s poderán realizar, de xeito oral e totalmente informal, unha serie de preguntas. A fase expositiva do póster non será avaliada.
Sistema de evaluaciónNo seguinte enlace de internet dispós dunha táboa que resume os criterios de avaliación da presente materia: http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoal67.5 horas totais de traballo persoal do estudante. Desas 67.5 horas, 50 horas serán as que o alumno lle terá que dedicar para o estudo da materia, que deberá ser constante ao longo do cuadrimestre. 15.5 horas para a elaboración dos traballos individuais e colectivos (póster) e 2 horas para a realización do exame.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o estudo da materia de xeito continuado, así como participar activamente nas clases prácticas e teóricas. Repasar o contido da materia antes das sesións prácticas, e facer uso das titorías para solucionar as dúbidas que poidan xurdir. Empregar a bibliografía recomendada.
ObservaciónsCoñecementos previos en Química, Matemáticas, Biofísica, Bioloxía da célula, Bioquímica I e II e Xenética I e II