Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

G1021453 - Xeobotánica (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 30.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 11.00
  • Clase Interactiva Seminario: 3.00
  • Horas de Titorías: 1.00
  • Total: 45.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Botánica
  • Áreas: Botánica
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GUITIAN RIVERA, PABLO.SI
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Obtención dos coñecementos básicos que permitan comprender os patróns de distribución das plantas e as causas que os xeran.
    Coñecer e comprender a unidades fitoxeográficas ás diferentes escalas e os debates sobre a súa interpretación existentes na actualidade. Coñecer os métodos de estudo da vexetación. Coñecer as principais comunidades de plantas do NW ibérico, a súa distribución e a súa importancia.

    Contidos
    Estudio da vexetación: criterios estructurais e métodos de clasificación para a descripción e a análise da vexetación. Xeobotánica histórica. Fitoclimatoloxía. Fitoecoloxía. Fitosocioloxía. Fitoxeografía. Sistemática fitosociolóxica. Fitosocioloxía aplicada.

    Tema 1. - Xeobotánica ecolóxica e histórica. Evolución histórica da Xeobotánica. Métodos de estudo. (1hora)

    Tema 2- Procesos: Especiación. Diversificación. Extinción. Dispersión. Rutas migratorias. Especies invasoras. (2 horas)

    Tema 3. - Patróns de distribución: Áreas de distribución. Tipos de áreas. Endemismos. Disxunción. Vicariancia e dispersalismo. (3 horas)

    Tema 4. - Xeobotánica histórica: Métodos de estudo. Rexistro fósil. Palinoloxía. Filoxeografía. (3 horas)

    Tema 5. - Xeobotánica histórica. Evolución dos continentes. Xeofloras arctoterciaria e paleotropical. (1 hora)

    Tema 6. - Xeobotánica histórica: Cambios climáticos. Glaciación. O NW ibérico. Refuxios glaciares. Recolonización postglaciar. (2 horas)

    Tema 7. - Xeobotánica ecolóxica. As plantas e o medio. Adaptacións. Formas biolóxicas. (1 hora)

    Tema 8. - Métodos de análise e estudo da vexetación I: Formacións vexetais: Concepto e clasificación. Biomas. Concepto. Características. Distribución. (2 horas)

    Tema 9. - Métodos de análise e estudo da vexetación II: Fitosocioloxía. Método, sistemática e aplicacións. Sucesión. Series de vexetación. (3 horas)

    Tema 10. - Bioclimatoloxía. Índices e mapas bioclimáticos. Bioclimatoloxía de Galicia. (2 horas)

    Tema 11. - Unidades bioxeográficas. Os Reinos florísticos. Unidades bioxeográficas
    de Europa, Península Ibérica e Galicia. (3 horas)

    Tema 12. - Compoñentes da flora galega. Vías migratorias. Endemismos. Flora
    vascular ameazada. (2 horas)

    Tema 13. - Vexetación galega. Principais formacións boscosas. Influencias e vías migratorias. Características e distribución. (1 hora)

    Tema 14. - Principais formacións de matogueira. Influencias e vías migratorias. Características e distribución. (1hora)

    Tema 15. - Vexetación costeira galega. Frontes de vexetación. Principais comunidades. Influencias e vías migratorias. (1 hora)

    Tema 16. -Recompilación xeral da vexetación de Galicia e o seu estado de conservación. Hábitats prioritarios. (2 horas).




    PRÁCTICAS DE CAMPO: Recoñecemento e interpretación de comunidades vexetais de Galicia. O lugar de realización das prácticas de campo dependerá da dispoñibilidade económica.

    PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Recoñecemento e interpretación de comunidades vexetais de Galicia. Complementaria ás prácticas de campo.
    Bibliografía básica e complementaria
    Alcaraz Ariza, F.J. et al. 1987. La vegetación de España. Alcalá de Henares: Servicio de Publicaciones de la Universidad.
    Blanco Castro, E. et al. 1997. Los bosques ibéricos: una interpretación geobotánica. Barcelona. Planeta.
    Carrión, J. S. 2003. Evolución Vegetal. Murcia: DM.
    Cox, C. B. & Moore, P.D. 2005. Biogeography. An ecological and evolutionary approach. Blackwell Science.
    Huggett, R.J. 2004. Fundamentals of biogeography . Routledge.
    Izco, J., 1996. Fitogeografía: origen y distribución de la flora gallega. En: X. Filgueira et al. eds. Galicia. Vol. XVII. Geografía General. A Coruña: Hércules de Ediciones, pp. 202-227.
    Kent, M. & Coker,P. 1995. Vegetation, description and analysis. A practical approach. Chichester: John Wiley & Sons.
    Parenti, L.R. & Ebach, M.C. 2009. Comparative biogeography. , Univ. California Press,
    Takhtajan, A. 1988. Floristic regions of the World. Berkeley: University of California Press.
    Zunino, M & Zullini, A. 2003. Biogeografía. La dimensión espacial de la evolución. México: Fondo de Cultura Económica.


    Subminístraselle ao alumno copias e direccións de acceso a artigos recentes e páxinas web relacionadas cos temas estudados.






    Competencias
    As formacións vexetais son o soporte básico dos ecosistemas terrestres e
    supoñen a abafadora maioría da súa biomasa. O obxectivo que se persegue é
    introducir o alumno no coñecemento da vexetación destacando como
    parámetros fundamentais desta a analizar: a) as variacións que existen
    entre distintos tipos de vexetación; b) as causas destas variacións; c) a
    perspectiva bioxeográfica destas. O alumno adquire coñecementos dos
    principais biomas da Terra dende o punto de vista florístico, fitocenológico e
    dinámico. Analiza a vexetación e a problemática ambiental, coñece a vexetación
    galega e os Parques Naturais.
    Metodoloxía da ensinanza
    Clases maxistrais: 30h
    Clases prácticas e seminarios: 11+3 h
    Titorías 2h
    Contidos en USC virtual
    Sistema de evaluación
    (http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html)

    Realizarase un único exame sobre os contidos teóricos e prácticos que determinará o 90% da nota final.
    O 10% restante corresponde á valoración da elaboración da memoria de prácticas.
    A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases expositivas 30 horas
    Clases interactivas: Prácticas e seminarios 14 horas
    Titorías 1 hora
    Total horas traballo presencial na aula no laboratorio e no campo. - 45 horas

    Estudo autónomo individual ou en grupo. - 57,5 horas
    Preparación do seminario e das memorias de prácticas. - 7 horas
    Exame: 2 horas
    Outras tarefas: 1 hora
    Total horas traballo persoal do alumno 67,5 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia ás clases e participación activa en todas as actividades do curso.
    - Consultar os libros e traballos que se recomendan.
    - Facer uso dás titorías para resolver dúbidas e problemas.
    Observacións
    REQUISITOS PREVIOS RECOMENDADOS: Coñecementos de Botánica I e II e Fundamentos de Bioloxía animal e vexetal



    1º e 2º ciclo (en extinción)