G1021454 - Enxeñaría Xenética (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 30.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 5.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 5.00
- Total: 45.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo é o resultado da apredizaxe desta materia polos/as alumnos/as lles permita:
-Coñecer os conceptos, terminoloxía e metodoloxía básicas da Enxeñaría Xenética e algunhas das súas aplicacións.
-Manexar a bibliografía especializada e expor traballos relacionados coa Enxeñaría Xenética e a Biotecnoloxía.
Contidos1. PROGRAMA E DURACIÓN DAS CLASES EXPOSITIVAS
TEMA 1. INTRODUCIÓN Á ENXEÑARÍA XENÉTICA E BIOTECNOLOXÍA (1h 30’)
TEMA 2. ENZIMOLOXÍA DO DNA RECOMBINANTE. (2h)
TEMA 3. HIBRIDACIÓN DE ÁCIDOS NUCLEICOS E PROTEÍNAS. (2h)
TEMA 4. CLONACIÓN DE DNA EN E. coli. (2h 30’)
TEMA 5. XENOTECAS E MICROARRAYS. (2h)
TEMA 6. A PCR. (2h)
TEMA 7. SECUENCIACIÓN DO DNA. (2h)
TEMA 8. MUTAXÉNESE DIRIXIDA E ENXEÑARÍA DE PROTEÍNAS. (2h)
TEMA 9. EXPRESIÓN DE PROTEÍNAS RECOMBINANTES EN E. coli. (2h)
TEMA 10. ENXEÑARÍA XENÉTICA CON LÉVEDOS. (2h)
TEMA 11. CLONACIÓN DE DNA EN CÉLULAS DE ANIMAIS. (2h)
TEMA 12. BIOTECNOLOXÍA EN ANIMAIS. (3h)
TEMA 13. BIOTECNOLOXÍA EN VEXETAIS. (3h)
TEMA 14. BIOTECNOLOXÍA APLICADA Á MEDICINA. (2h)
2. PROGRAMA DAS CLÁSES PRÁCTICAS DE LABORATORIO
-PRÁCTICA 1. Dixestión de DNA con enzimas de restricción; purificación de DNA xenómico a partir de saliva; amplificación por PCR dunha rexión do xenoma purificado. (2h 30’)
-PRÁCTICA 2. Análise en xeles de agarosa dos fragmentos de DNA obtidos na práctica anterior e valoración dos resultados (2h 30’)
3. PROGRAMA DAS CLASES DE SEMINARIO
-Seminario 1. Técnicas de marcaxe de sondas para hibridación (1h)
-Seminario 2. Variacións da técnica básica da PCR e as súas aplicacións (1h)
-Seminario 3. Técnicas de secuenciación do DNA. (1h)
-Seminario 4. Vectores para a clonación en lévedos. (1h)
-Seminario 5. Vacinas recombinantes e outras aplicacións biomédicas. (1h)
4. PROGRAMA DAS TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO
-Titoría 1. Presentación aos/ás alumnos/as dos traballos de seminarios a realizar por cada grupo ao largo do curso. (1h)
-Titorías 2 e 3. Dirección dos traballos dos seminarios, seguimento dos/as alumnos/as, dúbidas e preguntas. (1h)
-Titoría 4. Corrección cos/coas estudantes da memoria de prácticas e do cuestionario; resolución de dúbidas. (1h)
-Titoría 5. Seguimento dos/as alumnos/as; dúbidas e preguntas cara ao exame. (1h)
Bibliografía básica e complementaria-Brown, T.A. 2001. /Gene cloning and DNA analysis. /4th ed. Malden: Blackwell Science.
-Brown, T.A. 2008. /Genomas. /3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
-Glick, B.R. & Pasternak, J.J. 2003. /Molecular biotechnology: principles and applications
of recombinant DNA/. 3rd ed. Washington: ASM.
-Herráez, A. 2012. /Texto ilustrado e interactivo de biología molecular e ingeniería
genética: conceptos, técnicas y aplicaciones en ciencias de la salud. /2ª ed. Amsterdam:
Elsevier.
-Izquierdo Rojo, M. 2001. /Ingeniería genética y transferencia génica. /Madrid: Pirámide.
-McPherson, M.J. & Moller, S. 2006. /PCR. /2nd ed. New York: Taylor & Francis.
-Perera, J., Tormo, A. y García, J.L. 2002. /Ingeniería genética. /Madrid: Síntesis. 2 vol.
-Primrose, S.B. & Twyman, R.M. 2006. /Principles of gene manipulation and genomics./ 7th
ed. Malden: Blackwell Publishing.
-Sambrook, J. & Russell, D.W. 2001. /Molecular cloning : a laboratory manual/. 3rd ed.
Cold Spring Harbor: Cold Spring Harbor Laboratory Press. 3 vol.
-Smith, J.E. 2009. /Biotechnology. /5th ed. Cambridge: Cambridge University Press.
CompetenciasAs competencias específicas que se desenrolan nesta materia, tal como se relata na Memoria de Grao en Bioloxía, son as seguintes:
Ámbito competencial de coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades:
Técnicas básicas en bioloxía
Ámbito competencial de orixe e bases moleculares da vida: Análise de biomoléculas e procesos metabólicos.
Análise molecular, celular e tisular.
Ámbito competencial de biotecnoloxía e biomedicina: Biotecnoloxía e ADN recombinante.
Métodos de análise clínica e molecular.
Aplicacións agroalimentarias e forestais.
A materia de Enxeñaría Xenética, xunto con outras ofertadas no grao participa, en maior ou menor medida, na adquisición por parte do/a estudante das seguintes competencias xerales:
-Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía, incluíndo a perspectiva histórica do seu desenrolo.
-Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
-Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análisis e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
-Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecmentos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
-Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
A materia de Enxeñaría Xenética, xunto con outras ofertadas no grao participa, en maior ou menor medida, na adquisición por parte do/a estudante das seguintes competencias transversais:
-Capacidade de análise e síntese.
-Capacidade para o razoamento e a argumentación.
-Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma
colectiva.
-Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
-Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e
coherente.
-Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demáis.
-Habilidade no manexo de TICs.
-Utilización de información bibliográfica e de Internet.
-Utilización de información en lingua estranxeira.
-Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus
coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza DESENROLO DOS CONTIDOS E OBRIGATORIEDADE DE ASISTENCIA
No apartado CONTIDOS DA MATERIA indícanse as duracións aproximadas das diferentes actividades presenciais dos/as alumnos/as no aula ou laboratorio.
a) O programa de teoría será presentado polo profesor en formato de clases maxistrais nas clases expositivas, que son de asistencia obrigatoria polo alumnado, cun mínimo de asistencia do 80% (pasarase lista de asistencia). Terán unha duración aproximada de1h. Nas clases teóricas, ademais do encerado, se usarán presentacións audiovisuais, que serán accesíbles no curso virtual da materia, para que sexa máis fácil o seguimento dos contidos. Nas clases, os/as alumnos/as poden interrumpir as explicacións do profesor con cuestións ou dúbidas, así como, o profesor poderá facer preguntas e solicitar a participación dos/as estudantes na discusión e presentación dos contidos. As clases teóricas requerirán un seguimento e adicación diarios (no aula e fora dela) xa que o profesor presentará os aspectos básicos da asignatura que han de ser abondados mediante o manexo da bibliografía e o estudo. Traballaranse, en xeral, todas as competencias e obxectivos específicos da materia, mediante a interrelación dos contidos e conceptos da materia, e a familiarización e manexo das principais fontes bibliográficas no campo da Enxeñaría xenética e a biotecnoloxía que permitan ao/á alumno/a un seguimento e abondamento na información recibida na aula.
O tempo estimado de estudo non presencial cara ao exame final obrigatorio, xunto coa materia dos seminarios, prácticas e cuestionarios, é de 45 horas.
b) As prácticas de laboratorio realizaranse polas tardes en dúas sesións (de aproximadamente 2,5 horas cada unha) en días consecutivos. Son de asistencia obrigatoria ao 100%. As prácticas consistirán na realización dalgunhas das técnicas básicas en Enxeñaría xenética e servirán para reforzar e ver a aplicación real dos contidos amosados na teoría. Os/as alumnos/as deberán firmar nun listado do grupo. Os/as estudantes deberán realizar unha memoria de prácticas cos resultados obtidos, así como respostar a un cuestionario teórico/práctico da materia (ambos obrigatorios e individuais). Este cuestionario está pensado para reforzar a aprendizaxe profunda da materia, a interrelación de conceptos, aprender a transferir e aplicar coñecementos e practicar o pensamento crítico e a metodoloxía científica. Deberá ser entregado, xunto coa memoria de prácticas, na última semana lectiva e serán corrixidos nunha titoría. O tempo estimado de preparación non presencial da memoria de prácticas e do cuestionario é de 5 horas.
c) Os seminarios no aula consistirán en exposicións obrigatorias dos/as alumnos/as, en períodos duns 10’ por grupo de traballo (6-7 persoas), de diferentes partes do seminario concernentes á temática específica previamente acordadas co profesor e supervisados por este nas titorías. Cada grupo deberá entregar ao profesor un resumo da súa exposición. Este resumo, xunto coa exposición en si e a resolución das preguntas que xurdan, será valorado para a nota final. O profesor elixirá no momento, en cada caso, que membro ou membros do grupo exporá o seu apartado. Os contidos expostos nos seminarios sumaranse aos contidos do programa das clases expositivas de cara ao exame. Son de asistencia obrigatoria, cun mínimo do 80%. O tempo estimado de elaboración non presencial dos traballos de exposición (5 por grupo de traballo ao largo do curso) é de 15,5 horas.
d) O programa das titorías de grupo reducidos amósase no apartado 4 desta guía. Son de asistencia obrigatoria, cun mínimo do 80%.
e) Aqueles/as alumnos/as que non cumpran os requisitos de asistencia esixidos e/ou que non realizasen todas as actividades obrigatorias non terán dereito a exame, e polo tanto non poderán superar a materia en ningunha das dúas oportunidades de avaliación por curso.
-É necesario obter unha cualificación numérica mínima de 3,5 no exame (ordinario ou de recuperación) para poder sumar as notas do resto de actividades.
-A asistencia ao 100% de todas as actividades non suporá per se ningunha valoración de cara á cualificación final.
-Non haberá ningún mecanismo para a compensación das faltas de asistencia ou da non realización dalgunha das actividades que conten para a cualificación final.
ALUMNOS/AS REPETIDORES/AS
-Sempre que se teñan superado os requisitos de asistencia nalgún dos dous cursos anteriores, non é necesario repetir as prácticas de laboratorio nin as titorías en grupo reducido.
-A asistencia ás clases expositivas e aos seminarios é obrigatoria, cos mesmos criterios que un/unha alumno/a de nova matrícula.
Sistema de evaluaciónNa seguinte dirección atópase unha táboa que amosa o sistema de avaliación e obrigatoriedade de asistencia:
http://fxc.usc.es/gl/centros/bioloxia/criteriosavaliacion.html
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NO AULA (Total: 45h)
Clases maxistrais: 30h
Prácticas de laboratorio: 5h
Seminarios: 5h
Titorías en grupos reducidos: 5h
TRABALLO PERSOAL DO/A ESTUDANTE (Total: 67,5h)
Estudo individual: 45h
Elaboración da memoria de prácticas e cuestionario teórico/práctico: 5h
Elaboración de traballos en grupo: 15,5h
Realización de exames: 2h
Recomendacións para o estudo da materiaA recomendación máis importante é que a asistencia e o aproveitamento das clases se fai esencial con este sistema. Chegar ao exame final sn coñecer ao profesor e poder aprobar a materia é imposible dada a obligatoriedade de asistencia. Ademáis, aínda cun 10 no exame é imposible aprobar a materia xa que pondera un 55% e existen diversas actividades presenciais e non presenciais de cumprimento obrigatorio. Levar ao día a materia, practicar o pensamento (correlacionar conceptos) e abondar nos coñecementos amosados en clase é esencial para superar a materia..
Nas probas escritas é importante ler atentamente as preguntas, interpretar a lóxica dos resultados ou as respostas, empregar unha linguaxe precisa e rigurosa, e repasar as respostas.
Nos seminarios, memoria de prácticas e cuestionario teórico/práctico vaise a considerar a calidade e amplitude da revisión bibliográfica (si é o caso), a estrutura das respostas e a súa presentación (ortografía, imaxes, esquemas propios, etc.), a adecuación dos contidos requeridos, a claridade expositiva e o dominio da linguaxe e conceptos científicos.
Así mesmo, recomeédase ao largo do curso a revisión das probas despois de ser avaliadas, porque permiten comprobar os erros e corrixilos, e consultar co profesor nas titorías todas aquelas dúbidas que poidan xurdir.