Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1111103 - Xeoloxía Ambiental (Coñecementos Básicos para o Estudo dos Sistemas Ambientais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Unha vez finalizada esta asignatura, o alumno debe ser capaz de identificar os riscos xeolóxicos aos que se pode ver sometida unha determinada rexión e de establecer pautas de ordenación do territorio que permitan evitar que o fenómeno catastrófico chegue a producirse ou, cando menos, que diminúan as consecuencias deses acontecementos.
    Por outra banda, o alumno deberá saber identificar tamén os posibles recursos xeolóxicos existentes nunha zona e, ademais, avaliar algunhas das consecuencias que a explotación deses recursos podan orixinar no medio.


    Contidos
    CLASES TEÓRICAS:
    1.- Introdución e conceptos básicos. Definición e historia da xeoloxía ambiental. Método de traballo en xeoloxía ambiental. A Terra como sistema. Interaccións entre sistemas. Ciclos.
    2.- Recursos: Concepto de recurso xeolóxico. Recursos renovables e non renovables. Concepto de reserva. Estratexia sostible dos recursos renovables e dos non renovables.
    3.- Recursos minerais: Recursos metálicos e non metálicos. Procesos que orixinan xacementos minerais. Métodos de investigación de xacementos minerais. Explotación de xacementos minerais e impacto causado por esa explotación.
    4.- Rochas industriais: Pedras de construción e rochas ornamentais. Áridos. Cementos e formigóns. Arxilas para ladrillos. Vidros e asbestos. Regulación das actividades extractivas.
    5.- A auga como recurso: Ciclo e distribución da auga. O subministro da auga a partir de: cursos fluviais, transvases, pantanos, lagos, desalinización, augas subterráneas. Impacto causado pola extracción de auga. As augas termais como recurso xeolóxico.
    6.- Recursos enerxéticos: Tipos de fontes de enerxía. Enerxías fósiles (carbón e petróleo). Enerxía subministrada pola auga (hidroeléctrica, ondaxe, mareas, xeotérmica). Enerxía solar. Enerxía eólica. Enerxía nuclear. Biomasa e biocarburantes.
    7.- Recursos científicos e paisaxísticos: O patrimonio xeolóxico.
    8.- Riscos xeolóxicos: Concepto de risco. Efectos primarios, secundarios e terciarios dun risco. Valoración do risco. Concepto e tipos de riscos xeolóxicos.
    9.- O risco volcánico: Distribución dos volcáns. Índices de explosividade. Impactos dos volcáns. Previsión vulcanolóxica. Identificación e valoración do risco volcánico. Planificación do territorio volcánico.
    10.- O risco sísmico: Distribución dos terremotos. Orixe dos terremotos. Tipos de ondas sísmicas. Magnitude e intensidade dun terremoto. Precursores sísmicos. Perigos dun terremoto.Maremotos e tsunamis. Medidas de seguridade. Mapa de prioridades de risco sismotectónico.
    11.- Movementos en masa I: Subsidencia e colapso. “Creep” e solifluxión.
    12.- Movementos en masa II: Escorregamento. Clasificación dos escorregamentos. Factores que inflúen na estabilidade das ladeiras. Síntomas do risco de escorregamento. Prevención e control dos esgorregamentos.
    13.- Enchentes: Orixe das enchentes. Efectos das enchentes. Factores ambientais que inflúen nas avenidas. Estratexias para previr as enchentes e para reducir as perdas que orixinan.
    14.- Procesos costeiros: Dinámica do mar. Procesos de erosión costeira. Estratexias de estabilización costeira.

    CLASES PRÁCTICAS:
    - Preparación e seguimento dun traballo sobre os riscos e os recursos xeolóxicos dunha zona determinada que se presentará ao finalizar o curso (grupos de 2-3 alumnos).
    - Itinerario de campo para observar aspectos relacionados coa Xeoloxía Ambiental.

    Bibliografía básica e complementaria
    BENNET, M.R. & DOYLE, P. 1997. Environmental Geology. Geology and the human environment. John Wiley & sons , New York.
    BOLT, B.A. 1993. Terremotos. Ed. Reverté Serie Reverté Ciencia y Sociedad.
    COATES, D.R. 1981. Environmental Geology. John Wiley & Sons, Inc.
    CRAIG, J.R.; VAUGHAN, D.J. e SKINNER, B.J. 2007. Recursos de la Tierra: Origen, uso e impacto ambiental. Pearson Prentice Hall. Madrid.
    GARCIA GUINEA, J. e MARTÍNEZ FRIAS, J. 1992. Recursos minerales de España, CSIC, Madrid.
    I.G.M.E. 1987. Riesgos Geológicos. Serie Geología Ambiental.I.G.M.E.Madrid.
    KELLER, E.A. e BLODGETT, R.H. 2007. Riesgos naturales. Pearson Prentice Hall. Madrid.
    MONTGOMERY, C.W. 1995. Environmental Geology. Wm. C. Brown Publishers. Chicago.
    MURCK, B.W. e SKINNER, B.J. 1999. Geology Today: Understanding our Planet . John Wiley and Sons, New York.
    MURCK, B. W., SKINNER, B. J. e PORTER, S.C. 1995. Environmental Geology, John Wiley & Sons, New York.
    NUHFER et al. 1997. Guía ciudadana de los riesgos geológicos. I.C.O.G. Madrid.
    PIPKIN, B.; TRENT, D.D. e HAZLETT, R. 2005. Geology and the environment. Thomson. USA.
    PLUMMER, C.C. e McGEARY, D. 1985. Physical Geology. Wm. C. Brown. Dubuque, Iowa.
    TARBUCK, E.J. e LUTGENS, F. K. 2005. Ciencias de la Tierra: una introducción a la geología física. Pearson Prentice Hall. Madrid.
    WATSON, J. 1983. Geology and Man: An introduction to applied earth science. George Allen & Unwin Ltd.

    Clases prácticas:
    BLATT, H. 1994. Laboratory exercises in Environmental Geology. Wm. C. Brown Pub. Dubuque, Iowa.
    CENTENO et al. 1994. Geomorfología práctica: ejercicios de fotointerpretación y planificación geoambiental.Rueda. Madrid.
    ZUMBERGE, J.H. and RUTFORD, R.H. 1988. Laboratory manual . Physical Geology. Wm. C. Brown Pub. Dubuque, Iowa.
    Mapas geológicos de escalas 1:50.000 y 1:200.000 del I.T.G.E.
    Mapas de rocas industriales de escala 1:200.000 del I.T.G.E.
    Mapas geotécnicos de escala 1.200.000 del I.T.G.E.

    Competencias
    - Manexo do vocabulario científico de Xeoloxía
    - Aprender a observar os procesos xeolóxicos no medio natural
    - Manexo da bibliografía xeolóxica
    - Interpretación de mapas xeolóxicos
    - Identificar os riscos xeolóxicos aos que se pode ver sometida unha determinada rexión.
    - Identificar os posibles recursos xeolóxicos existentes nunha zona.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas son clases fundamentalmente maxistrais nas que o profesor exporá os contidos básicos da materia. Nas clases interactivas buscaranse exemplos do medio natural galego relacionados relacionados cos temas de estudo, fomentando a participación e a discusión por parte do alumnado. Como ferramentas complementarias, utilizaranse medios audiovisuais e o Campus Virtual da USC.

    Por último, o traballo práctico pretende unha aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos polo alumno ao longo do curso.





    Sistema de evaluación
    Para a superación da asignatura será obrigatoria a asistencia ás clases (expositivas e interactivas), a realización do traballo de campo e a asistencia ao itinerario de campo. A puntuación máxima total que se poderá alcanzar é de 10 puntos que se repartirán da seguinte maneira (con 5 puntos o alumno terá superado a asignatura):
    - O exámen de teoría representarán o 60% da nota final.
    - A asistencia e participación nas actividades docentes suporá o 10% da nota final.
    - O traballo de campo representarán o 30% restante.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 créditos ECTS, calculando 25 horas por crédito (presenciais e non presenciais) supoñen un total de 75 horas que se reparten da seguinte maneira:
    - 21 horas de docencia presencial distribuidas entre clases expositivas (9h) e interactivas (12h)
    - Itinerario de campo (3 horas presenciais e 4 non presenciais)
    - Tutoría (1h presencial)
    - Examen (2h presenciais).
    - 44h non presenciais, de traballo personal do alumno que incluen as horas adicadas ao estudio da teoría (25h) e a preparación do traballo de campo (19h)


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas
    - Consulta da bibliografía recomendada
    - Facer uso das titorías para resolver dúbidas





    1º e 2º ciclo (en extinción)