P1111201 - Sistema Atmosférico e Climatoloxía Aplicada (Coñecementos Básicos para o Estudo dos Sistemas Ambientais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Ecoloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO alumno, ao final do curso, deberá ser capaz de interpretar e caracterizar climaticamente unha estación meteorolóxica a partir dos datos meteorolóxico-ambientais brutos rexistrados. Isto supón que debe coñecer:
1/ fundamentos de física da atmosfera
2/ as características dos elementos do clima (radiación, temperatura, precipitación, presión, vento, etc.) con significado nos procesos naturais (biolóxicos, geomorfológicos, ...)
3/ as técnicas de análise de homoxeneidade, de análise de tendencias e as de normalización das series climatolóxicas, así como as técnicas estatísticas básicas (centralidade, dispersión e probabilidade) adecuadas aos datos climatolóxicos
4/ os métodos de explotación dos datos meteorológicos e climáticos, desenvolvidos para predicir procesos naturais (i. e. distribución de especies, produtividade vexetal; erosión,...) tales como: clasificacións bioclimáticas, balances hídricos, balances orgánicos, etc.
ContidosTEORÍA
Introdución.- A atmosfera, composición e estrutura. Clima e tempo
Factores de diferenciación climática.- Factores astronómicos (enerxía solar. Iluminación do globo). Factores zonais (a circulación xeral). Factores xeográficos (oceanidade-continentalidade. As masas de aire. Factores locais)
As variables climáticas.- Introdución. A radiación: leis da radiación. Insolación real: Medida e cálculo. Balance de radiación-calor. A temperatura: gradientes térmicos. Ciclos e tendencias. Límites térmicos. Horas frío. Medida. Normalización. Predición. A nubosidade: física das nubes. Tipos. Medida e réximes de nubosidade. As precipitacións: tipos e formación. Réximes hídricos. Medida. Normalización. Chuvia útil. Variabilidade e estima. Outros elementos: Humidade. Presión: Sistemas. Circulación atmosférica. Vento
Os Balances naturais.- Balance térmico: equilibrio térmico en organismos superiores. Alteración. Interese aplicado (Produción animal. Confort. Clima urbano. Clima turismo). Balance hídrico: a evapotranspiración; necesidades de rega; réximes hídricos. Balance de erosión: erosión hídrica; erosión eólica. Balance orgánico: produción primaria (agrícola e forestal). Balance produción/descomposición. Clima e produción en augas superficiais
Caracterización e clasificación climática.- Sistemas de clasificación (Obxectivos. Escalas). Principais clasificacións. Grandes tipos de climas e reparto bioxeográfico
Predición climática.- Predición retrospectiva: procesos de sedimentación-erosión e o clima. Palinoloxía. Climatoloxía histórica. Dendrocronoloxía (Principios. Técnicas e métodos. Aplicacións). Predición xeotopográfica: variables. Modelos preditivos. Epidometría. Fenoloxía: teoría do desenvolvemento fásico. Información fenolóxica. Formulacións empíricas. Bioindicación fitoclimática: técnicas de procura de bioindicadores ópticos. Utilidade e limitacións. Catálogos fitoclimáticos. Relacións numéricas. Análise de gradientes ambientais
O home e a atmosfera.- Problemas locais: a contaminación atmosférica. Modelos de dispersión de contaminantes. Calidade do aire. Efectos da contaminación atmosférica sobre a biota. Biomonitorización da calidade do aire. Aerobioloxía. Clima-incendios. Problemas globais.- Burato na capa de ozono. Declive forestal. Anomalías climáticas (Paleoclimas. O Neno. Os Monzóns. Efecto invernadoiro e cambio climático). Modificación artificial do tempo e do clima
SEMINARIOS
Homoxeneidade, tendencia e normalización das series climatolóxicas
Centralidade, dispersión e probabilidade dos datos climatolóxicos
Caracterización de parámetros climáticos
Modelos bioclimáticos (balances de radiación, hídricos, de erosión e orgánicos)
Aplicación de índices e clasificacións climáticas
Bioindicación climática
Biomonitorización da calidade do aire
Bibliografía básica e complementaria*Bibliografía básica
TEORÍA
Bailey, R. (1998): Ecosystem geography. Springer Verlag. NY
*Ballester M. (1993): Meteorología física del aire. Colección Textos de apoyo. Ed Eudema Unv.
Barret E. y Curtis L (1982): Introduction to environmental remote sensing. Ed. Chapman &Hall. London.
Barry R. y Chorley J. (1978): Atmósfera tiempo y clima. Ed Omega
Capel, JJ (1998): El niño y el sistema climático. Ariel Geografía.Barcelona.
*Bonan, G. (2002): Ecological climatology. Concepts and applications. Ed. Cambridge Unv. Pres.
Carballeira y col (2003): Biomonitorización de la calidad del aire. En Martí, A. (Ed.): Clima y calidad ambiental. Pbl. USC
Cox, B. y Moore P (1993): Biogeography. Ed. Blackwell Sc.
*Elías F. y Castellvi F. (1996): Agrometeorología. Ed. Mundiprensa & Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
Ellis S. y Mellor A. (1995): Soils and environment. Ed. Routledge.
Font, I., Climatología de España y Portugal, Inst. Nac. Meteorología, Ministerio Transportes, Turismo y Comunicaciones, Madrid, 1983.
Jones, H. (1983): Plants and Microclimate. A quantitative approach to environmental plant physiology. Ed. Cambridge Unv. Press.
Joussaume, S. (1999): Climat. D`Hier á Demain. Ed. CNRS. Paris
Keane T. (1986): Climate, Weather and Irish agriculture. Ed Agric. Credit Corporation. Dublin.
Ledesma, MJ (2000): Climatología y Meteorología Agrícola. Ed. Paraninfo. Madrid.
Linacre E. (1992): Climate data and resources. A reference guide. Ed. Routledge. London.
Parcevaux, A. and Huber, L. (2007): Bioclimatologie. Concepts et applications. Ed Quae.Versailles Cedex. France.
Russell , D. y Allem P. (1997): Applied climatology. Principles and practice. Ed. Routledge, New York.
Sutcliffe J (1977): Plant and temperature. Studies in biology nº 86. Ed. Arnold
Stoutjesdijk Ph y Barkman J. (1992): Microclimate. Vegetation and fauna. Ed. Opulus press. Sweden.
Yunus M. and Iqbal, Y. (1996): Plant response to air pollution. Wiley $Son. London.
Vide, J. y Olcina, J. (1996): Tiempo y clima mundiales. Oikos Tau Barcelona.
Woodward, F. (1987): Climate and plant distribution. Col. Cambridge Studies in Ecology. Cambridge Unv. Press.
SEMINARIOS
Aguado, E. y Burt, J. (2004): Understanding Weather & Climate. 3ªed. Prentice Hall. N. Jersey. EEUU.
*Carballeira y col (1983): Bioclimatología de Galicia. Ed. Fundación P. Barrie de la Maza. A Coruña.
Carballeira e col.(2003) Biomonitorización de la Calidad del aire en Martí, A., Clima y calidad Ambiental, Pbl USC.S. de Compostela, 2003.
*Fernández García F. (1995): Manual de Climatología aplicada. Clima, Medio ambiente y Planificación. Ed. Síntesis Col. Espacios y Sociedades.
Software de Bioclimatoloxía (Cálculo de variables bioclimáticas; CLIMEX) e bases activas de datos climáticos de Galicia (Instituto Nacional de Meteoroloxía-Ministerio de Medio Ambiente; Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental-Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia).
CompetenciasTal como se sinalou nos obxectivos, a idea é desenvolver a materia cun claro compoñente aplicado. Ao final de curso, o alumno deberá ser capaz de depurar, caracterizar e explotar adecuadamente, desde unha perspectiva bioclimática, as series de datos rexistrados nunha estación meteorolóxica.
Metodoloxía da ensinanza A materia impártese durante o primeiro cuadrimestre. Dúas horas á semana dedicaranse a desenvolver o programa teórico e unha hora aos seminarios prácticos.
Ao alumno subminístraselle un “Manual de Bioclimatoloxía. Con especial referencia ao caso de Galicia” de apoio da materia, que inclúe tanto os temas teóricos como os seminarios e o material necesario para a súa aplicación.
A resolución dos problemas presentados nos seminarios esixe do alumno unha dedicación adicional non presencial. Ao alumno poderáselle solicitar, ao final do curso, a presentación das cuestións presentadas nos boletíns para a súa avaliación.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación final, consistirá en dúas probas: unha, de resolución de cuestións teóricas (50%) (preguntas curtas e desenvolvemento dun tema); e dúas, a resolución de casos prácticos (50%) (con apoio bibliográfico).
Ao alumno poderáselle solicitar, ao final do curso, a presentación das cuestións expostas nos Boletíns para a súa avaliación.
A superación da parte teórica ou da parte práctica da proba final poderase conservar (análise individualizada) na segunda convocatoria do mesmo ano académico.
Nos exames está permitido o uso de calculadoras, pero non de axendas electrónicas ou dispositivos similares.
Tempo de estudo e traballo persoalExtensión: 3c
Horas de clases presenciais: teoría, seminarios 24h.
Horas de exames e titoría: 6h.
Horas de estudo e de traballo persoal estimadas: 40h.
Considérase que un alumno de "nivel medio", para superar a materia, deberá dedicar ao redor de 70h.
Recomendacións para o estudo da materiaRealización persoal ou en grupos reducidos (2 ou 3 alumnos) dos casos prácticos contidos nos boletíns que se subministran ao longo de todo o curso.