Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1111202 - Edafoloxía Xeral (Ciencia do Solo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN.NON
GARCIA-RODEJA GAYOSO, EDUARDO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Adquirir unha formación básica en Edafoloxía que inclúe:
    • Coñecer a morfoloxía e a organización dos solos e os factores e procesos que determinan a súa formación.
    • Coñecer os compoñentes e as propiedades dos solos e os métodos para o seu estudio.
    • Coñecer os distintos tipos de solos do mundo e a súa distribución.
    • Entender as funcións do solo, a súa importancia como recurso e o seu papel nos ecosistemas.

    Contidos
    Programa de clases expositivas

    - Conceptos xerais. Organización do solo a diferentes escalas. Morfoloxía do solo.

    - A formación do solo. Factores de formación e o seu papel na edafoxénese. Procesos de edafoxénese: Meteorización, acumulación e evolución da materia orgánica, horizonación e edafoturbación. Outros procesos.

    - A fase sólida do solo. Compoñentes inorgánicos: Natureza, composición, orixe e propiedades da fracción inorgánica. Compoñentes orgánicos: Natureza, composición, orixe e propiedades da materia orgánica do solo. Interaccións organominerais.

    - As fases fluídas do solo. A auga do solo: Capacidade de almacenamento de auga do solo, fluxo do auga no solo, balance hídrico. A disolución do solo. A atmosfera do solo: Composición e dinámica.

    - Propiedades do solo I. Propiedades físicas: Textura. Estrutura do solo. Densidade e porosidade. Permeabilidade. Color.

    - Propiedades do solo II. Propiedades físico-químicas. O complexo adsorbente do solo: carga permanente e variable, cambio de catións, cambio e retención de anión. Reacción do solo. Procesos de oxidación- redución.

    - Tipoloxía e distribución de solos. Aspectos básicos da clasificación e tipoloxía de solos. Distribución dos solos do mundo e a súa relación cos factores ambientais.

    Programa de clases interactivas

    Estudio dos solos de unha zona a partir de información cartográfica e documental.

    • Práctica de campo. Morfoloxía, descrición e toma de mostra de solos.
    • Compoñentes e propiedades físicas e físico-químicas de solos
    • Caracterización de horizontes, propiedades e materiais de diagnóstico
    • Interpretación de solos

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    - BOHN, H.L., McNEAL, B.L:, O’CONNOR, G.A. 1993. Química del Suelo. Limusa, México
    - BREEMEN, N. van & BUURMAN, P. 1998. Soil Formation. Kluwer Academic Publishers, Dordrecht.
    - DRIESSEN, P.M., DECKERS, J.A., SPAARGAREN, O.C., NACHTERGAELE, F.O. (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. FA, Rome. http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start.pdf ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
    - IUSS GRUPO DE TRABAJO WRB. 2007. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 103. FAO, Roma. http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM
    - JUMA, N.G. 1999. The Pedosphere and its Dynamics. A System Approach to Soil Science. Vol1. Salman Productions, Edmonton.
    - PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2008. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa. 2008.
    - PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., ROQUERO, C. 2003. Edafología. Para la agricultura y el medio ambiente. Mundi-Prensa.
    - SOIL SURVEE STAFF. 2006. Claves para la Taxonomía de Suelos. 10ª Edición. USDA-NRCS, Washington. ftp://ftp-fc.sc.egov.usda.gov/NSSC/Soil_Taxonomy/keys/Spanish_Keys.pdf
    - SUMNER, M.E. (Ed.) 2000. Handbook of Soil Science. CRC Press, Boca Raton.

    Prácticas

    - FAO. 2006. Guidelines for soil description. FAO. Roma. ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/guidel_soil_descr.pdf
    - GUITIÁN, F. & CARBALLAS, T. 1975. Técnicas de análisis de suelos. Ed. Pico Sacro Santiago de Compostela
    - M.A.P.A. 1993. Métodos oficiales de análisis. Secretaria General Técnica. Madrid.
    - MUNSELL COLOR. 1994. Munsell Soil Color Charts. Revised Edition. Macbeth Division of Kollmorgen Instruments Corporation. New Windsor, New York.
    - PORTA, J. 1986. Técnicas y experimentos en Edafología. Collegi Oficial d’Enginyers Agrònoms de Catalunya. Barcelona
    - PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M. Agenda de campo de suelos. Información de suelos para la agricultura y el medio ambiente. Mundi-Prensa. 2005.

    Bibliografía complementaria

    - AUERSWALD, K., STANJEK, H. & BIGHAM, J.M. (Eds.). 1997. Soils and Environment. Soil Processes from Mineral to Landscape Scales. Advances in GeoEcology 30, Catena Verlag, Reiskirchen.
    - BOUNEAU, M., SOUCHIER, B. 1987. Edafología. 2. Constituyentes y propiedades del suelo, Masson, Barcelona.
    - BRIDGES, E.M. 1997. World Soils. Cambridge Universite Press. New York.
    - BRIDGES, E.M., BATJES, N.H. & NATHCERGAELE, F.O. (Eds.) 1998. World Reference Base for Soil Resources. Atlas. ACCO, Leuven.
    - DIXON, J.B.; SCHULZE, D.G. 2002. Soil mineralogy with Environmental Applications. SSSA Book Series 7. Madison, USA.
    - DUCHAUFOUR, P. 1984. Edafología 1. Edafogénesis y Clasificación. Ed. Masson. Barcelona.
    - EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
    - HILLEL, D. 1998. Environmental Soil Physics. Academic Press. San Diego.
    - INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL. 2006. Geología, Geomorfología y Edafología. Monografías del Atlas Nacional de España. Centro Nacional de Información Geográfica. Madrid.
    - IUSS Working Group WRB. 2006. World Reference Base for Soil Resources. World Soil Resources 103. 2nd edition. 2006. FAO, Roma. http://www.fao.org/ag/Agl/agll/wrb/doc/wrb2006final.pdf
    - MACÍAS, F. & CALVO, R. 2001. Atlas de Galicia. Solos. Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia.
    - SOIL SURVEY STAFF. 1999. Soil Taxonomy. A Basic System for Making and Interpreting Soil Surveys. 2nd Edition. USDA-NRCS, Washington. http://soils.usda.gov/technical/classification/taxonomy/
    - SUMNER, M.E. (Ed.) 2000. Handbook of Soil Science. CRC Press, Boca Raton.


    Competencias
    • Describir e interpretar solos no campo
    • Interpretar as propiedades dos solos e as relacións entre elas.
    • Saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas relacionados cos solos e as súas funcións.
    • Saber identificar horizontes, propiedades e materiais de diagnóstico.
    • Ser capaces de manexar con soltura a información de solos e a súa aplicación ao medio ambiente
    • Capacidade para elaborar informes sobre solos


    Metodoloxía da ensinanza
    A parte teórica se impartirá mediante clases maxistrais acompañadas de sesións de discusión a partir da lectura de textos seleccionados.

    As clases interactivas consistirán en:

    Práctica de campo: Xornada de campo orientada ao análise dos factores de formación e a descrición de morfoloxía e propiedades de solos.

    Seminarios: Se dedicarán á interpretación (morfoloxía, compoñentes, propiedades, procesos, tipos de horizontes e propiedades de diagnóstico), a partir de información cartográfica e documental, dos solos de unha zona previamente seleccionada. A final de curso os estudantes deberán presentar unha memoria individual sobre os solos da zona elixida.

    Titorías: se orientaran á resolución de dúbidas sobre a materia e a preparación, seguimento, elaboración e presentación da memoria sobre o traballo realizado nos seminarios.

    Sistema de evaluación
    a) Valoración dun exame (60 % da nota final)
    b) Valoración do traballo realizado nos seminarios e a memoria presentada (30% da nota final). Para a súa avaliación se terá en conta a calidade e orixinalidade da memoria; tamén se valorará a precisión nas respostas a preguntas sobre o traballo realizado.
    d) Asistencia, rendemento e participación activa nas actividades docentes (10% da nota final). Baseada en controles de asistencia, tamén terá en conta a participación e rendemento nas actividades presenciais.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 26 (expositivas 9, interactivas 12, titorías 3, realización do exame: 2)
    Horas de traballo persoal do estudante 49 (estudio individual 35, preparación da memoria das actividades interactivas 10, lecturas recomendadas 4)

    Recomendacións para o estudo da materia
    É conveniente ter coñecementos básicos de química, xeoloxía e de inglés cun nivel de comprensión medio.
    Utilizar a bibliografía e ler os textos recomendados para as clases expositivas e seminarios
    Asistir e participar activamente nas actividades docentes.
    Realizar as actividades propostas.





    1º e 2º ciclo (en extinción)