P1111205 - Xeoestatística e Sig Aplicados a Ecoloxía (Ecoloxía e Ecotoxicidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
- Áreas: Ecoloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo é que o alumno adquira os coñecementos e destrezas que lle permitan traballar de maneira básica con datos espaciais. Isto inclúe que sexa capaz de tomar datos no campo e xeorreferencialos, que sexa capaz de introducilos nun Sistema de Información Xeográfico e representalos cartograficamente e que sexa capaz de facer análises estatísticos para tirar a información contida neles. Este obxectivo conseguirase grazas á adquisición das capacidades que se detallan no apartado correspondente.
Contidos1.- Rexistro de datos. Global Positioning System (GPS). Introdución á análise multicriterio. Sistemas de Información Xeográfica (SIX): medio físico, deseño da mostraxe, análise de hábitat e aplicacións na conservación de especies.
2.- Manexo do GPS e posicionamento. Sistemas de proxección e elección de datum. Transferencia de datos de GPS a SIX.
3.- Estudio do medio físico con SIX. Cálculo de distancias. Cálculo de pendentes. Delimitación de cuncas fluviais. Mapas do relevo. Cálculo da insolación.
4.- Uso de SIX na conservación. SIX e manexo de bases de datos provenientes de múltiples fontes. Integración de datos SIX con información adicional.
5.- Introdución á estatística espacial e á teoría xeoestatística.
6.- Métodos de análise xeoestatístico: análise exploratorio, semivariografía estándar e robusta, interpolación espacial (krigging e outras técnicas), validación cruzada dos resultados da interpolación, construción de mapas dos resultados da interpolación.
7.- Introdución ó entorno de programación R e ós módulos de análise estatístico espacial sp e gstat. Emprego destes aplicativos para a análise de exemplos de datos xeoestatísticos.
8.- Intercambio de datos entre aplicativos SIX e de análise estatístico.
Bibliografía básica e complementariaArmstrong, M., (1998). Basic linear geostatistics. Springer. Berlin
Chilès, J.-P.; Delfiner, P., (1999). Geostatistics. Modelling spatial uncertainty. Wiley Series
in Probability and Statistics, Applied Probability and Statistics Section. John Wiley and
Sons. New York.
Comas, D., Ruiz, E. (1993). Fundamentos de los sistemas de información geográfica. Ariel Geografía. Barcelona.
Cressie, N.A.C., (1993). Statistics for spatial data. Wiley Series in Probability and Statistics,
Applied Probability and Statistics Section. John Wiley and sons. New York.
Fortin, M.-J.; Dale, M., (2005). Spatial analysis. A guide for ecologists. Cambridge
University Press. Cambridge, U. K.
Isaaks, E.H., Srivastava, R.M. (1989). An introduction to applied geostatistics. Oxford University Press, New York.
Johnston, C.A. (1998). Geographic information systems in ecology. Blackwell Science. Oxford.
Kraak, M.-J., Ormeling, F. (2003, 2nd ed.). Cartography. Visualization of geospatial data Pearson Education, Ltd. Harlow, U.K.
Legendre, P., Legendre, L. (1998). Numerical ecology. Elsevier, Amsterdam.
Longley, P.A., Goodchild, M.F, Maguire, D.J., Rhind, D.W. (2005, 2nd ed.). Geographic information systems and science. John Wiley & Sons, Ltd. Chichester, U.K.
Maestre, F.T.; Escudero, A.; Bonet, A. (Eds.), (2008). Introducción al análisis espacial de datos en Ecología y Ciencias Ambientales. Métodos y aplicaciones. Universidad Rey Juan Carlos, Servicio de Publicaciones. Madrid.
Schabenberger, O.; Gotway, C.A. (2005). Statistical methods for spatial data analysis. Texts in Statistical Science. Chapman & Hall/CRC. Boca Raton.
Wadsworth, R., Treewek, J. (1999). Geographical information systems for ecology. An introduction. Addison Wesley Longman Ltd. Harlow, U.K.
Webster, R.; Oliver, M.A., (2007, 2nd ed.). Geostatistics for environmental scientists. John
Wiley and Sons. Chichester.
CompetenciasAs competencias que adquirirá o alumno despois de superar a materia serán:
1.- Manexar os sistemas de orientación espacial (GPS).
2.- Coñecer de forma básica os sistemas de representación xeográfica e os distintos tipos de proxeccións.
3.- Coñecer e manexar ferramentas informáticas que permitan a transformación de datos entre proxeccións diferentes.
4.- Integrar datos espaciais en Sistemas de Información Xeográfica.
5.- Coñecer os elementos básicos da representación cartográfica.
6.- Utilizar Sistemas de Información Xeográfica para resumir e presentar cartograficamente datos espaciais.
7.- Coñecer os principios da xeoestatística.
8.- Coñecer o funcionamento de aplicativos informáticos para a análise xeoestatística dos datos espaciais.
9.- Realizar análises estatísticas de datos espaciais, xunto coa valoración da calidade dos resultados e a súa representación cartográfica coas ferramentas dos propios aplicativos de análise estatístico.
Espérase que o nivel de competencia adquirido sexa básico pero abondo para o traballo aplicado e para continuar estudios máis avanzados no futuro.
Metodoloxía da ensinanza O ensino desenvolverase fundamentalmente na aula de informática, na que se manexarán diversos programas para a obtención, procesado e análise de datos. Presentaranse exercicios e supostos prácticos que se realizarán na aula. Os alumnos realizarán tamén traballo independente con datos similares a los analizados nas clases presenciais.
Sistema de evaluaciónPlantearánse diversos exercicios práticos durante as clases que deberán ser realizados polos alumnos e a partir dos cales obteráse a calificación final. A non entrega dalgunha das tarefas implicará a realización dun exame final que no seu caso suporá o 100% da calificación.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA (horas)
Clases de encerado (9)
Clases interactivas na aula de informática (12)
Titorías (3)
Total de horas de traballo presencial na aula (24)
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO (horas)
Estudio autónomo individual ou en grupo (30)
Redacción de exercicios, conclusións, traballos (15)
Total de horas de traballo persoal do alumno (45)
ObservaciónsRecoméndase a asistencia e participación activa nas clases e seminarios programados. É importante resolver as dúbidas no momento que xurdan, así como revisar e completar as notas da clase despois dela. As titorías representan unha oportunidade excelente para mellorar a aprendizaxe e resolver dúbidas. A consulta do material que estará á disposición dos alumnos na páxina web do Campus Virtual da USC facilitará o estudio da materia.