Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1111208 - Xestión de Residuos Sólidos (Xestión de Recursos Nauturais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN.SI
BARRAL SILVA, MARIA TERESA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer os tipos de residuos, a súa producción e efectos ambientais. Capacitar ao alumno/a para participar na elaboración de proxectos de xestión de residuos, avaliar os sistemas existentes, contribuír ao seu funcionamento e xestión, e avaliar os seus efectos ambientais. Coñecer a lexislación que afecta aos residuos e a súa xestión. Ser quen de desenvolver proxectos de educación ambiental sobre a problemática dos residuos e as boas prácticas para a súa xestión e tratamento.
    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    Tema 1.- Tipificación, taxas de xeración e caracterización dos residuos sólidos. Efectos ambientais. Código LER. Normas legais básicas e plans de Xestión. Bolsas de residuos. Actuacións preventivas: Análise do ciclo de vida. Minimización dos residuos. 2h.
    Tema 2.- Reutilización e reciclaxe. Conceptos. Sistema de consigna. Sistemas integrados de xestión .Tecnoloxías para a separación. Lexislación aplicable. 2 h.
    Tema 3.- Tipos de tratamento: térmicos (incineración, vitrificación, gasificación, pirólise), biolóxicos (compostaxe e biometanización) e químicos. Avantaxes e inconvenientes. Control ambiental e avaliación económica. 6 h
    Tema 4.- Sistemas de inertización e eliminación. Vertido controlado: sistemas de explotación, control ambiental, clausura e selado; aproveitamento do biogás. 2 h.
    Tema 5.- Residuos sólidos urbanos. Características e problemas ambientais. Sistemas de recollida e tratamento. Planificación e secuenciación dos sistemas de tratamento. Lexislación europea, estatal e autonómica. 4 h
    Tema 6.- Residuos agrarios e agroindustriais. Aplicación ao solo. Outros sistemas de tratamento. 2 h
    Tema 7.- Outros residuos industriais: tipoloxía, producción e sistemas de tratamento. Tecnoloxías limpas. O caso particular dos residuos da minería. 2h
    Tema 8.-Residuos perigosos. Características de perigosidade. Sistemas de etiquetado. Opcións de tratamento e eliminación. Lexislación aplicable. 2h.
    Tema 9.-Aspectos administrativos relativos á producción e xestión de residuos sólidos. Avaliación de impacto ambiental de proxectos relativos a residuos. A prevención e o control integrados da contaminación na xestión de residuos. 2h


    PROGRAMA DE PRÁCTICAS

    Estudio de casos (grupos de 2-3 alumnos). 6 h presenciais dedicados á titorización, documentación, e exposición e debate.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    TCHOBANOGLOUS, G.; THEISEN; VIGIL, S. 1994. Gestión integral de los residuos sólidos. McGraw Hill. Madrid.


    Bibliografía complementaria

    AHMAD, R. 2002. Land application of sewage sludge and biosolids. Lewis Publishers.
    COLOMER, F.J.; GALLARDO, A. 2007. Tratamiento y gestión de residuos sólidos. Ed. Universidad Politécnica de Valencia.
    CHEREMISINOFF, N.P. 2003. Handbook of solid waste management and waste minimization technologies. Butterworth Heinemann.
    DOMENECH, X. 1994. Química Ambiental: el impacto ambiental de los residuos. Miraguano Eds.
    ELÍAS CASTELLS, X. 2000. Reciclaje de residuos industriales. Ed. Díaz de Santos, S.A.
    GARRIGUES Medio ambiente (Obra colectiva) 2003. Manual para la gestión de los residuos urbanos. La Ley, Madrid.
    GRUNDEY, K. 1982 Tratamiento de los residuos agrícolas y ganaderos. Barcelona.
    HERRAEZ, J. y otros. 1989. Residuos urbanos y medio ambiente. Ed. Univ. Autónoma de Madrid.
    HONTORIA, E. y ZAMORANO, M. 2000. Fundamentos de manejo de los residuos urbanos. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.
    LAGREGA, BUCKINGHAM y EVANS. 1996. Gestión de Residuos Tóxicos: Tratamiento, eliminación y recuperación de suelos.
    MARTINEZ ORGADO, C. 1988. Los residuos tóxicos y peligrosos. MOPU, Unidades temáticas de la D.G. de Medio Ambiente. Centro de Publicaciones, Madrid.
    MORENO, J. Y MORAL, R. (Eds.) 2008. Compostaje. Mundi-Prensa Libros, S.A.
    RODRIGUEZ JIMENEZ, J.J. e IRABIEN GULÍAS (Eds.) (1999). Los Residuos peligrosos: caracterización, tratamiento y gestión. Madrid.
    SEOANEZ CALVO, M. 2000. Residuos: problemática, descripción, manejo, aprovechamiento. Ed. MundiPrensa.
    GARRIDO, E.; RAMOS, A.; ZAMORANO, M. 2007. Diagnóstico ambiental de vertederos de residuos urbanos: teoría y práctica. Universidad de Granada.
    LUND, H.F. 1996. Manual MCGRAW-HILL de Reciclaje
    MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, 2005. Gestión de residuos urbanos biodegradables en Europa
    MORENO, J. Y MORAL, R. (Eds.) 2008. Compostaje. Mundi-Prensa Libros, S.A.
    SEOANEZ CALVO, M. 2005. Tratado de reciclado y recuperación de productos de los residuos. Mundi-Prensa.
    TCHOBANOGLOUS, G.; KREITH, F. 2002. Handbook of Solid Waste Management. McGraw-Hill.
    TWARDOWSKA, I.; ALLEN, H.E.; KETTRUP, A,.; LACY, W.2004. Solid waste: assessment, monitoring and remediation. Elsevier.
    Competencias
    O estudante será quen de:
    -Coñecer os tipos de residuos, a sua producción e efectos ambientais.
    -Coñecer os sistemas de tratamento e eliminación existentes, e avaliar os seus posibles efectos ambientais.
    -Contribuir a elaborar proxectos de xestión de residuos
    -Coñecer a lexislación que afecta a os residuos e a sua xestión.
    -Levar a cabo proxectos de educación ambiental sobre a problemática dos residuos e as boas prácticas para a sua xestión e tratamento.

    Metodoloxía da ensinanza
    Expositiva:
    - Presentación inicial dos temas

    Estudo de casos

    Interactiva:
    - Debates
    - Presentación de traballos polos alumnos
    - Consulta de información on line





    Sistema de evaluación
    a) Valoración dun exame (60 % da nota final).
    b) Valoración do estudo de casos (documentación achegada, análise da información, redacción e presentación final do informe) (30%)
    c) Participación activa en clases, debates, visitas e posible curso virtual (10%)

    Tempo de estudo e traballo persoal
    3 créditos: 2 teóricos, 1 práctico
    Dedicación horaria: 75 h
    P= presenciais; np= non presenciais; t= totais

    Teoría: 24 p, 17 np, 41 t
    Estudio de casos: 6 p, 18 np, 24 t
    Examen: 1 p, 9 np, 10 t
    Total: 31 p, 44 n, 75 t




    1º e 2º ciclo (en extinción)