P1111209 - Análise de Solos, Augas, Residuos e Materiais Xeolóxicos (Ciencia do Solo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñece-los sistemas de descripción de solos en campo e gabinete.
Realizar determinacións analíticas de propiedades básicas do solo, das augas, dos residuos e dos materiais xeolóxicos, comprendendo as técnicas usualmente utilizadas.
Obter datos de parámetros físico-químicos do solo, das augas, dos residuos e dos materiais xeolóxicos.
Aprender técnicas de caracterización de solos, augas, residuos e materiais xeolóxicos de laboratorio.
Realizar interpretacións dos datos físico-químicos de solos e augas en campo e laboratorio.
Contidos1.- Utilización das ferramentas habituais para a descripción morfolóxica dos solos.
2.- Traballo de campo. Descripción e mostraxe de solos, materiais xeolóxicos e augas.
3.- Identificación de propiedades físico-químicas de solos, augas, residuos e materiais xeolóxicos en laboratorio: reacción química, oxíxeno disolto, análise elemental, análise granulométrico, caracterización mineralóxica, caracterización de propiedades físicas, determinación do complexo intercambio catiónico, determinación de metais pesados.
4.- Interpretación dos datos analíticos.
Bibliografía básica e complementariaFAO. 2006. Guidelines for soil description. 4th. Roma.
Guitian Ojea, F. y T. Carballas Fernández. 1975. Técnicas de análisis de suelos. Ed. Pico Sacro, Santiago de Compostela. 288 pp.
LaGrega, M.D., Buckingham, P.L., Evans, J.C. 1996. Gestión de residuos tóxicos: tratamento, eliminación y recuperación de solos. McGraw-Hill/Interamericana de España, S. A., ISBN: 0-07-019552-8, España
Porta, J. 2000. Edafología para la agricultura y el medio ambiente. Ed. Mundi.Prensa.
Skoog, D.A. y Leary, J.J. Análisis Instrumental, 4ª Ed. McGraw-Hill, Madrid, 1994
SSSA. 1996. Methods of Soil Analysis. Part 1: Physical and mineralogical methods; Part 2: Microbiological and Biochemical properties; Part 3.- Chemical methods; Part 4: Physical methods. Madison.
USDA, 1999.- Soil Taxonomy. Second Edition. 1999.
Walsh, L.M. y Beaton J.A. (eds). 1973. Soil testing and plant analysis. Soil Sci. of America, Madison, Wisconsin, USA
Competencias1.- Describir o medio físico, definir os parámetros de estudio e seleccionar as mostras de traballo.
2.- Analizar os parámetros físico-químicos mais importantes de solos, augas, residuos e materiais xeolóxicos.
3.- Interpretar os datos analíticos para a súa aplicación na xestión dos recursos.
Metodoloxía da ensinanza Debido a natureza práctica da materia, esta se impartirá en forma de:
a) Seminarios, nos que se tratarán as bases teóricas necesarias para a comprensión e desenvolvemento das sesións prácticas e, se analizarán e discutiran os resultados das prácticas cos alumnos.
b) Unha saída ao campo para o estudo in situ do material obxecto de estudo e a recollida das mostras para traballo de laboratorio.
c) Sesións de laboratorio. Para o desenvolvemento de cada práctica, subministraráselles aos alumnos un guión no que se especifica claramente a metodoloxía que hai que seguir.
Por outra parte, os alumnos deben realizar un traballo persoal ou en equipo no que se recolla o feito ao longo do curso.
Sistema de evaluación- participación regular nas actividades: a asistencia é obrigatoria, e haberá que asistir a un mínimo do 80% da materia.
- Avaliación continúa:
- - implicación activa nas actividades: 60% da nota final
- - memoria do traballo realizado: 40% da nota final
Tempo de estudo e traballo persoalAsistencia a seminarios, excursións e laboratorio: 24 h
Tempo dedicado ao estudo e preparación dos contidos explicados: 21h
Preparación do traballo: 30 h
Recomendacións para o estudo da materia1)Traballo continuado ó longo do período de aulas.
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñan.
3) Consulta bibliográfica