P1111211 - Propiedades Bioquímicas do Solo e O Seu Uso como Indicadores de Calidade (Ciencia do Solo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Departamento Externo
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaProporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios sobre as propiedades bioquímicas do solo, a súa determinación e a súa utilización para o diagnóstico da calidade do solo.
ContidosTeóricos
- A materia orgánica do solo e as súas funcións.
- A función degradativa do solo.
- Propiedades bioquímicas do solo: parámetros xerais e específicos.
- Estudo detallado das principais propiedades bioquímicas (1): Respiración basal, biomasa microbiana, ATP, actividade deshidroxenasa, catalasa,
- Estudo detallado das principais propiedades bioquímicas (2): Encimas hidrolíticas do ciclo do C, N, P e S.
- Procesos de degradación do solo físicos, químicos e biolóxicos e a súa influencia sobre as propiedades bioquímicas.
- Calidade do solo e posibilidades de uso das propiedades bioquímicas para estimar a perda de calidade.
Prácticos
- Determinación da respiración basal do solo
- Determinación da actividade catalasa do solo
- Determinación da actividade ureasa do solo
- Determinación da actividade aril-sulfatasa do solo
Bibliografía básica e complementaria Alef, Nannipieri (1995). Methods in Applied Soil Microbiology and Biochemistry. Academic Press, London (UK), 576 pp.
García Esquerdo, Gil Sotres, Hernández Fernández, Trasar Cepeda (2003). Técnicas de análises de parámetros bioquímicos en solos. Edicións Mundi-Prensa, Madrid (España), 371 pp.
Ademais, os alumnos utilizarán traballos sobre o tema obxecto da materia de carácter recompilatorio (revisións bibliográficas) publicados nos últimos anos e cuxa procura será realizada por eles mesmos (baixo a asesoría dos profesores) para que aprendan a familiarizarse cos sistemas de procura de información bibliográfica.
Competencias- Interpretación das propiedades bioquímicas do solo
- Diagnóstico da calidade do solo a través das propiedades bioquímicas
- Utilización e interpretación de bibliografía científica
- Determinación de propiedades bioquímicas do solo
Metodoloxía da ensinanza Seguirase unha metodoloxía docente que facilite a interacción positiva entre alumnos e profesores. Para iso:
a) cada sesión teórica iniciarase cun pequeno debate co fin de motivar no alumnado o interese polo tema. A continuación, realizarase a exposición por parte do profesorado dos contidos teóricos da materia, introducindo o plantexamento de cuestións que deben resolver os alumnos, e concluirase nun debate no que participen todos e do que se extraerán conclusións que permitan avanzar no coñecemento teórico.
b) Unha parte da materia desenvolverase no laboratorio, para que os alumnos poidan aplicar os coñecementos adquiridos na fase teórica, e desa maneira poidan iniciarse no campo da interpretación dos resultados experimentais.
c) Finalmente, os alumnos resolverán varios casos prácticos referentes á avaliación da calidade dun solo, elaborando os correspondentes informes que serán discutidos nunha sesión conxunta cos profesores.
Sistema de evaluaciónContinua e considerando:
a) Participación activa nas clases teóricas e nos debates xerados durante as mesmas, así como a posible realización dun exame final (máximo, 50% da nota final).
b) Actitude e disposición no laboratorio (máximo, 25% da nota final).
c) Valoración do interese na resolución de casos prácticos (máximo, 25% da nota final).
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases maxistrais 12
Prácticas de laboratorio 8
Prácticas de lousa/seminarios 2
Titorías 2
Total horas de traballo presencial 24
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE Horas
Estudo individual 20
Elaboración de memorias de prácticas 3
Lecturas recomendadas 8
Asistencia a charlas, ou outras actividades 2
Realización de exames 3
Total horas de traballo persoal 36