P1111212 - Modelización Ambiental (Coñecementos Básicos para o Estudo dos Sistemas Ambientais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química
- Áreas: Enxeñaría Química
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo básico da materia é resolver modelos de problemas ambientais cun mínimo de formalismo matemático. A metodoloxía a empregar coñécese como dinámica de sistemas.
Se parte da base de considerar que nada na Terra permanece estático, polo tanto os modelos dos sistemas reais virán representados por sistemas de ecuacións diferenciais. E a maior parte das veces trátase de sistemas complexos coas súas partes interrelacionadas entre si por medio de numerosas variables. A solución destes problemas non é posible seo obxectivo é dar un número o máis preciso posible, o de selo supón tempos de cálculo excesivamente longos.
O verdadeiro obxectivo é establecer a estructura do sistema e obter solucións que sinalen a evolución dos sistemas co tempo de forma que se poida comprobar cal é a consecuencia nun futuro das decisións tomadas a día de hoxe.
ContidosTeoría: Modelización baseada en dinámica de sistemas
Existencias, fluxos e conversores Diagramas de fluxo e diagramas causais. Retroalimentación. Patróns de comportamento.
Bloque práctico:
-Modelado de sistemas empregando o simulador VenSIM:
-Estudo de casos resolvéndoos en Vensim:
O ecosistema do lago Mono. A relación depredador- presa na meseta del Kaibab. A contaminación por pesticidas das augas costeiras.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica:
1.-A..Ford
Modeling the environment
Island Press, 1999
2.- J. Smith, P. Smith
Environmental modelling
Oxford University Press, 2007
Bibliografía complementaria:
3.- N. Nirmalakhandan
Modeling tools for environmental engineers and scientists
CRC Press, 2002
4.-M.L. Deaton, J.J. Winebrake
Dynamic modelling of environmental systems
Springer, 1999
CompetenciasNesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da modelización en xeral ou específicos da Modelización do Medio Ambiente natural en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se instruirá aos alumnos nas seguintes competencias:
Elaboración de modelos de sistemas complexos.
Construcción de diagramas causais.
Simulación de problemas ambientais.
Resolución de sistemas ambientais, dinámicos e en estado estacionario.
Metodoloxía da ensinanza Esta materia se desenvolverá mediante diferentes mecanismos de ensinanza e aprendizaxe, como se indica nos seguintes apartados. É importante sinalar que os contidos da materia poderán abordarse alternativa ou reiterativamente na docencia presencial ou non presencial, segundo conveña en cada caso.
1. Docencia presencial
- Clases teóricas, que introduzan os conceptos e problemas básicos relacionados coa dinámica de sistemas, de acordo cos obxectivos da materia.
- Seminarios prácticos a desenvolver con simulador, de acordo cos casos propostos no segundo bloque.
- Titorías presenciais, para o seguimento da docencia non presencial.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia será una combinación de:
-Avaliaciónd e actividade en seminarios: 70%
-Avaliaciónde traballo proposto polo profesor: 30%
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25-30 horas de traballo total.
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos que se matriculen da materia terán unha serie de coñecementos básicos que resultan de importancia para lograr superar a mesma: coñecementos matemáticos así como de procesos biolóxicos, químicos e físicos, aplicacións informáticas a nivel de usuario (Word, Excel, web).
ObservaciónsO curso impártese en castelán e en galego.