P1111214 - Reconstrución Paleoambiental (Ciencia do Solo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Xeografía
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Xeografía Física
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia• Conseguir un coñecemento básico dos conceptos de Paleoambiente, Cambio Ambiental (Climático e Ecolóxico), Cuaternario, Pleistoceno e Holoceno.
• Acadar o manexo da terminoloxía do estudo do Cuaternario.
• Introducir ao alumno na comprensión das diferentes relacións que se producen entre os cambios globais e os procesos desencadeados.
• Proporcionarlle ao alumno un coñecemento básico sobre o estudo dos cambios ambientais acaecidos no Cuaternario en Galicia.
• Establecer o papel que as actividades humanas xogaron nos cambios ambientais
ContidosACTIVIDADES EXPOSITIVA-INTERACTIVAS
1.- Conceptos de cambio ambiental e paleoambiente, arquivos e sinais.
2.- O período Cuaternario.
3.- Técnicas de datación aplicadas o estudio do Cuaternario.
4.- Escalas de cambios ambientais: causas e consecuencias globais.
5.- Cambios paleoambientais en Galicia.
ACTIVIDADES INTERACTIVAS
- Traballo de campo (observación, análise e interpretación) nunha área de especial interés para a comprensión da evolución ambiental cuaternaria de Galicia.
- Preparación, exposición e discusión crítica sobre a investigación actual nalgún arquivo our sinal ambiental utilizado no estudo da reconstrucción ambiental.
Bibliografía básica e complementariaANDERSEN, B. G. & BORNS, H. W. (1992): The Ice Age World. Scandinavian University Press.
BELL, M. & WALKER, M. C. J. (1992): Late quaternary environmental change. Phisical & human perspectives. Longman Scientific & Technical. Londres.
BERGLUND, B.E. (1996). Palaeoecological events during the last 15000 years : regional syntheses of palaeoecological studies of Lakes and Mires in Europe. John Wiley & Sons, Chichester, Englad.
FRENZEL, b. (1991). Evaluation of climate proxy data in relation to the European Holocene. Spècial Issue: ESF Project. Verlag, Stuttgart, Germany.
MACKAY, A., BATTARBEE, R., BIRKS, J., OLDFIELD, F. (2005). Global change in the Holocene. Hodder Arnold, Londdon, England.
ROBERTS, N. (1998). The Holocene. An environmental history. Blackwell Publishing, Oxford, England.
WALKER, M. (2005). Quaternary dating methods. John Wiley & Sons, Chichester, England.
WARNER, B.G. (1990). Methods in Quaternary Ecology. Geological Association of Canada Publications, Mississauga, Ontario, Canada.
CompetenciasXerais
.-Capacidade de organización e planificación.
.-Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
.-Capacidade de análise e síntese.
.-Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección, e presentación de toda clase de información.
.-Usar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
.-Capacitación para o traballo en equipos de carácter interdisciplinar. Habilidades nas relacións interpersoais. Creatividade. Toma de decisións. Xerar acordos en equipos interdisciplinares.
. -Capacitación para a aprendizaxe autónoma. Iniciativa e espírito emprendedor.
. -Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.
Específicas:
.-Identificar os factores que interveñen na dinámica dos diferentes ambientes Pleistocénicos-Holocénicos en Galicia.
.-Ser capaces de integrar os modelos locais e rexionais aos modelos globais de cambio climático.
.-Coñecer as ferramentas propias para a análise dos medios cuaternarios.
.-Desenvolver a capacidade de realizar un estudo do medio desde a óptica do paleoambiente.
Metodoloxía da ensinanza O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia expositiva coa interactiva (prácticas de aula e de campo). A parte teórica desenvolverase na clase, e tamén a través das actividades non presenciais.
Estas actividades non presenciais consistirán na lectura e comentario crítico de textos que se citarán, facendo fincapé no estudo dos arquivos paleoambientais, e que o alumno entregará por escrito en forma de cuestionario.
Realizarase traballo de campo de acordo ao horario oficial da materia e en función da dispoñibilidade de recursos, procurando a aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos polo alumno.
Traballaranse temas seleccionados para a súa presentación por parte do alumnado.
As titorías ou o seguimento dos traballos de curso levaranse a cabo de forma individual ou en grupos reducidos.
Sistema de evaluaciónAo inicio da materia entregarase ao alumnado un documento con cuestións abertas que terán que ir contestando ao longo das actividades, e entregar ao remate da materia para a súa avaliación. Valorarase positivamente a aplicación dos coñecementos obtidos nos textos científicos aportados.
Avaliarase o aproveitamento das prácticas de campo desenvolvidas e a participación na aula.
Cada alumno terá a posibilidade de elixir ou a realización dunha proba obxectiva ao final da materia, constituída por preguntas a desenvolver, ou a realización e presentación dun traballo científico para expor na aula. A selección farase o primeiro día de clase sen posibilidade de modificación posterior.
Os requisitos para superar a materia serán os seguintes:
1.-Proba obxectiva ou presentación dun traballo científico (45 % da nota).
2.-Cuestionario e análise de textos (30 % da nota).
3.-Actividades de campo (20 % da nota).*
4.- Asistencia e participación en aula (5 % da nota).
Non se poderá superar a materia se non se realizan todos os traballos propostos.
Os alumnos que non superen a materia na convocatoria de maio deberán repetir a parte non superada dos apartados 1 ou/e 2. Nese caso, as cualificacións obtidas suporán o 65% e o 35% da nota respectivamente.
* de non se realizar a saída de campo, a porcentaxe da nota reservada para esta actividade distribuirase a partes iguais entre o apartado 1 e 2.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
- horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas: 21
- horas titorias: 3
- Como media recoméndase 3 horas de estudo por cada hora de teoría.
- estímase en 15 h o tempo adicado á elaboración da memoria de prácticas, preparación de traballos e cuestionario.
Recomendacións para o estudo da materia1)Traballo continuado ó longo do período de aulas.
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñan.