Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1121103 - Plantas ameazadas e conservación (Biodiversidade Vexetal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fisioloxía Vexetal, Botánica
  • Áreas: Fisioloxía Vexetal, Botánica
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ CAAMAÑO, MARIA LUZ.NON
Ortiz Nuñez, Santiago.SI
Rodriguez Oubiña, Juan Jose M.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer a importancia da biodiversidade vexetal. Seu papel ecolóxico. Ameazas a biodiversidade. Conservación, preservación e protección.

    Coñecer a problemática da flora ameazada de extinción, identificar e avaliar casos concretos da flora vascular ameazada de Galicia e aprender a metodoloxía necesaria para invertir os procesos de extinción mediante a elaboración de Planos de recuperación e conservación.

    Coñecer os fundamentos e o conxunto das técnicas (tipoloxía de recolección de mostras, técnicas de preservación e seguemento en bancos de xermoplasma, etc.) relacionadas coa conservación ex situ de plantas vasculares ameazadas de extinción.

    Importancia da aplicación da Biotecnoloxía aos programas de conservación ex situ de especies ameazadas onde se inclúen as técnicas de cultivos in vitro ralentizados, a encapsulación e a crioconservación como ferramentas indispensables e complementarias da conservación ex situ.

    Coñecer a importancia da biodiversidade da flora briolóxica. Coñecer as técnicas relacionadas coa conservación ex situ de briófitos ameazados. Coñecer o estado actual de vulnerabilidade da flora briolóxica galega. A partires da lista vermella dos briófitos de Galicia, deducir os ambientes e hábitats que intengran un maior número de especies ameazadas.

    Contidos
    Programa Teórico

    Tema 1. Conservación de flora vascular ameazada in situ. Censo e monitorización de poboacións de plantas vasculares ameazadas de Galicia. Caracterización ecolóxica, edafolóxica, bioxeográfica, etc., de poboacións. Identificación de ameazas intrínsecas e extrínsecas. Avaliación de riscos de extinción proxectados no tempo. Elaboración de planos de Recuperación e Conservación en función dos parámetros observados.
    Tema 2. Conservación de flora vascular ameazada ex situ. Protocolos de mostraxe. Bancos de xermoplasma. Técnicas de almacenamento e perservación de xermoplasma. Estudos de xerminación e viabilidade.
    Tema 3. Técnicas biotecnolóxicas na conservación ex situ do xermoplasma da flora ameazada. Cultivos in vitro ralentizados. Encapsulación. Vitrificación e crioconservación.
    Tema 4. Importancia dos Briófitos na conservación: papel nos ecosistemas; Sucesión. Colonizadores. Formadores e estabilizadores do solo. Hábitats de especial riqueza en Biodiversidade: lugares de interese en Galicia. Ambientes a protexer. Ameazas para a flora briolóxica: destrucción do bosque. Prácticas agrícolas modernas (uso de herbicidas e fertilizantes químicos). Introducción de malas herbas. Especies invasoras. Contaminación ambiental. Os briófitos na Estratexia Europea de Conservación: Listas vermellas. Categorías de ameazas e as súas aplicacións. Causas de ameazas. Medidas de Conservación.

    Programa de prácticas de campo e de laboratorio:

    - Análise in situ da problemática de plantas vasculares ameazadas de Galicia. Elaboración de censos e posta en práctica de métodos de monitorización. Caracterización ecolóxica do hábitat das poboacións. Identificación de ameazas intrínsecas e extrínsecas e posibles medidas de conservación a por en práctica.
    - Realización dun cultivo in vitro dunha planta vascular e dun briófito. Métodos de conservación de xermoplasma a curto, medio e longo plazo: Realización de Cultivos ralentizados, encapsulación de xermoplasma en alxinato e crioconservación en nitrógeno líquido.
    - Estudio en laboratorio e campo da biodiversidade briolóxica de interese conservacionista. Toma de muestras.

    Bibliografía básica e complementaria
    -Bajaj YPS ed. 1995. Somatic embriogénesis and synthetic seed I and II. En: Biotechnology in agriculture and forestry Vol 30 y 31. Springer, Berlin-Heidelberg-New York.
    -Bañares, A. (Coord.). 2002. Biología de la conservación de plantas amenazadas. Organismo Autónomo de Parques Naturales. Madrid.
    -Bañares, Á., A. Blanca, J. Güemes, J.C. Moreno & S. Ortiz, 2004. Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España, 2ª ed. Dirección General para la Biodiversidad, Publicaciones del O.A.P.N., Madrid.
    -Bañares, A., G. Blanca, J. Güemes, J. C. Moreno & S. Ortiz. (eds.). 2007. Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Adenda 2006. Dirección General para la Biodiversidad-Sociedad Española de Biología de la Conservación de Plantas. Madrid.
    -Benson EE. 1999. Cryopreservation En: Benson EE, ed. Plant conservaqtion biotechnology. Taylor & Francis, London.
    -Bunn E (2005) Development of in vitro methods for ex situ conservation of Eucalyptus impensa, an endangered mallee from southwest Western Australia. Plant Cell, Tissue & Organ Culture 83: 97-102.
    -Bunn E, Turner S, Panaia M, Dixon KW (2007) The contribution of in vitro technology and cryogenic storage to conservation of indigenous plants. Australian Journal of Botany 55: 345–355
    -Cropper, S. 1993. Management of Endangered Plants. CSIRO Publications.
    -Duckett JG, Burch J, Fletcher PW, Matcham HW, Read DJ, Russel AJ, Pressel S (2004) In vitro cultivation of bryophytes: a review of practicalities, problems, progress and promise. Journal of Bryology 26: 3-20.
    -Engelmann F (2004) Plant cryopreservation: progress and prospects. In Vitro Cellular & Developmental Biology-Plant 40: 427-433.
    -Engelmann, F. & J. M. M. Engels, 2002. Technologies and Strategies for ex situ Conservation. In: Engels, J. M. M.; , V. Ramanatha Rao, A. Brown & M. T. Jackson (eds.). Managing Plant Genetic Diversity: 89-103.. CABI Publishing, UK.
    -Gold, K., P. León-Lobos &. M. Way. 2004. Manual de Colecta de Semillas de Plantas Silvestres: Para conservación a largo plazo y restauración ecológica. Boletín N° 110. Instituto de Investigaciones Agropecuarias, Millennium Seed Bank Project, Royal Botanic Gardens Kew.
    -González-Benito ME, Pérez C, Viviani AB (1997) Cryopreservation of nodal explants of an endangered plant species (Centaurium rigualii Esteve) using the encapsulation-dehydration method. Biodiversity and Conservation 6: 583-590.
    -Guarino, L., V. Ramanatha Rao & R. Reid (eds.). 1995. Collecting Plant Genetic Diversity. CAB International. UK.
    -Hernández-Bermejo, E., M. Clemente & V. H. Heywood (eds.). 1990. Conservation Techniques in Botanic Garden. Koeltz Scientific Books. Koenigstein.
    -Hidalgo, R. 1991. Conservación ex situ. In: Castillo, R., J. Estrella & C. Taia (eds.). Técnicas para el Manejo y Uso de los Recursos Genéticos Vegetales: 71-87. Instituto Nacional de Investigaciones Agropecuarias. Ecuador.
    -Lynch PT, Benson EE, Harding K (2007) Climate change: the role of ex situ and cryo-conservation in the future security of economically important, vegetatively propagated plants. Journal of Horticultural Science & Biotechnology 82: 157-160.
    -Meffe, G. K. & C. R. Carroll. 1997. Principles of Conservatin Biology, 2nd Edition.
    -Ortiz, S., J. Rodríguez-Oubiña & I. Pulgar, 1998. Unha primeira aproximación ao listado da flora rara e ameazada de Galicia (NO da Península Ibérica). Nova Acta Ci. Compost. (Bioloxía) 8: 95-101.
    -Probert, R. J. & F. hay. 2000. Keeping Seeds Alive. In: Black, M. & J. D. Bewley (eds.) Seed Technology and it’s biological basis: 375-410. Sheffield Academic Press.
    -Redenbaugh K, Slade D, Viss P, Fujii JA (1987) Encapsulation of somatic embryos in synthetic seed coats. HortScience 22: 803-809.
    -Reinoso Franco, J. Rodriguez-Oubiña,J. & M.C. Viera Benítez. (2002). Lista Roja de los Briófitos de Galicia . Nova Acta Cientifica Compostelana, 12: 83-93.
    -Schumacker, R. & Martiny, P. (1995). Threatened bryophytes in Europe including Macaronesia. In: Stewart, N. (Ed.), red Data Book of European Bryophytes: 29-193. European Committee for the Conservation of Bryophytes, Trondheim.
    -Synge, H. (ed.). 1981. The biological aspects of rare plant conservation. John Wiley & Sons.
    -UICN, 2001. Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN, Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. UICN, Gland, Switzerland and Cambridge, United Kingdom.
    -VV. AA., 2000. Lista Roja de la Flora Vascular Española (valoración según categorías UICN). Conservación Vegetal 6 (extra): 11-38.
    -Young, J. A. & C. G. Young. 1999. Collecting, processing and germinating seeds of wildland plants. Cuarta edición. Timber Press, INC. Oregon.

    Competencias
    Competencias específicas

    -Aprendizaxe dos protocolos de mostraxe e conservación ex situ de plantas vasculares ameazadas e de interese diverso

    -Aprendizaxe dos sistemas de censo e monitorización de plantas vasculares ameazadas, identificación de ameazas e probabilidade de extinción no tempo, elaboración de planos de recuperación e conservación de especies concretas da flora de Galicia para invertir os procesos de extinción

    -Aprendizaxe dos protocolos de conservación ex situ de plantas vasculares e de briófitos ameazados ou de interese mediante as diversas técnicas de cultivo in vitro

    Competencias persoais

    - Capacidade de análise e síntese
    - Capacidade de organización e planificación
    - Traballo en equipo

    Outras competencias

    - Capacidade de aplicación dos coñecementos na práctica


    Metodoloxía da ensinanza
    O curso impartirase no Campus de Santiago, no primeiro cuadrimestre.
    A docencia teórica repartirase en nove sesións expositivas de dúas horas de duración cada unha (total 18h).
    A docencia práctica organizarase da seguinte forma:
    - Prácticas de laboratorio: 6 sesións de 2h cada unha para o estudio das principais especies ameazadas da flora galega; 2 sesións de 2h no laboratorio de biotecnoloxía para o estudio de técnicas alternativas de conservación de xermoplasma de flora ameazada vascular e briofítica.
    - Prácticas de campo: organizadas en un itinerario de 8h de duración, onde se observará flora ameazada representativa e estudiaránse aspectos relacionados coa súa conservación e protección. Estas serán horas presenciais que o alumno terá que dedicar á materia.
    Por outra banda os alumnos realizarán catro traballos conxuntos que servirán para exercitaren o traballo en grupo no rastrexo da información, o manexo da documentación científica e da linguaxe técnica necesaria para aplicar coñecementos botánicos á conservación da biodiversidade.
    Se programará unha visita a un Centro de Biotecnoloxía Vexetal

    Sistema de evaluación
    O 20% da nota final puntuaranse coa realización de traballos dos que deberán derivar resultados e conclusións, mais a valoración de aspectos ao longo do curso, xa sexan de comprensión ou participativos, e o 80% restante puntuarase coa asistencia ás actividades programadas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Asistencia a aulas teóricas: 18h mais 20h de traballo persoal
    Asistencia a prácticas de campo: 8h
    Prácticas de laboratorio: 16h
    Realización de traballos de curso: entre 25 y 40 horas
    Asistencia a tutorías: 6h
    Presentación de traballos: 4h
    Total volumen de traballo: 97-112 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a todas as clases tanto teóricas como prácticas
    Asistencia semanal ás titorías
    Realización das saídas ao campo para a realización dos estudios in situ
    Consulta da bibliografía recomendada





    1º e 2º ciclo (en extinción)