P1121104 - Biodiversidade e conservación do macrobentos das augas continentais (Sistemas Acuaticos) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Zooloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPor razóns esencialmente prácticas e atendendo ao seu tamaño, os invertebrados das augas continentais son xeralmente divididos en dous grupos principais: microinvertebrados e macroinvertebrados. Entre os primeiros inclúense animais case microscópicos (tamaño inferior a 1 mm), como protozoos, nematodos, rotíferos, diferentes grupos de crustáceos planctónicos, etc; os segundos son de maior tamaño (media entre 3 e 5 mm), visibles a simple vista, como as larvas de moitos insectos, moluscos, hirudíneos, etc. Neste curso imos tratar dos macroinvertebrados, entre os que están incluídos, polo xeral unha serie de organismos que viven directamente sobre os sedimentos ou entre os primeiros centímetros (macroinvertebrados bentónicos), ou ben en contacto temporal ou permanente coa superficie do auga (macroinvertebrados do neuston). A gran maioría dos invertebrados que flotan na columna de auga de lagos, lagoas e encoros, que constitúen o zooplancton, son moi pequenos (a maioría microscópicos), e escapan polo tanto dos nosos obxectivos.
Nalgúns casos abordaremos o estudo de certos grupos de microinvertebrados (hidrácaros, ostracodos e mesmo Nematodos), porque algúns dos seus representantes atópanse na fronteira convencional entre ó macroscópico e o microscópico. En particular os aspectos ós que adicaremos a nosa atención son:
a) Coñecer as súas características morfolóxicas, de comportamento e ecolóxicas.
b) Avaliar o estado de singularidade, coñecemento e valor de conservación da fauna Ibérica, con especial atención a fauna de Galicia.
c) Ofrecer unha visión xeral dos factores de impacto negativo na nosa fauna de macroinvertebrados.
d) Coñecer as principais técnicas de recolección, separación en vivo, conservación e identificación de grupos representativos.
ContidosPrograma Teórico:
Macroinvertebrados bentónicos: Composición e diversidade das comunidades. Adaptacións anatómicas, de comportamento e fisiolóxicas. Alimentación: sistemas, mecanismos e comportamento alimentario. Principais factores de distribución. Fauna de ambientes especiais. Estado de coñecemento, singularidade e valor de conservación. Principais factores de ameaza para a fauna galega.
Programa de Prácticas:
Introdución ás técnicas de recollida e estudo dos macroinvertebrados. Visitas a varios ríos para a toma de mostras en augas correntes. Visita a unha lagoa para recoller mostras en medios lénticos. Separación e observación en vivo. Identificación do material no laboratorio.
Bibliografía básica e complementariaBERTRAND H. 1954. Les insectes aquatiques d´Europe. Ed. Lechevalier, Paris, 2 vol. 566 p.
CAMPAIOLI S., GUETTI P. F., MINELLI A Y RUFFO S. 1994. Manuale per il riconoscimento dei Macroinvertebrati delle acque dolci italiane. Trento: APR&B Ed., 357 p.
COBO F., GONZÁLEZ M. A., VIEIRA-LANERO R. y SERVIA M. J. 2006. “O río animado”. Biodiversidade dos ecosistemas acuáticos continentais galegos. Cobo F. (ed.), Universidad de Santiago de Compostela.
CROFT P. S. 1986. A Key to the major groups of British Freshwater invertebrates. AIDGAP. Field Studies 6 : 531-579.
FITTER R.y MANUEL R. 1986. Field Guide to the Freshwater Life of Britain and North-West Europa. Collins, Grafton Street, London, 382 p.
GONZÁLEZ M. A. y COBO F. 2000. Macroinvertebrados en las aguas continentales ibéricas: algunas consideraciones sobre el estado de conocimiento, la biodiversidad y el problema de las especies invasoras. AEMS-Ríos con Vida, 75: 52-55.
GONZÁLEZ, M. A. y COBO, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. 173 pp. Edita Hércules de Ediciones, A Coruña. ISBN: 84-96314-40-5.
MARTINEZ-ANSEMIL E y GONZÁLEZ M. A. 1992. La Fauna de las aguas dulces. Guía de la Naturaleza de Galicia. Faro de Vigo Ed., fasc. 39: 763-780.
MEMBIELA P., COBO F., GONZÁLEZ M. y MARTÍNEZ-ANSEMIL E. 1990. A investigación limnolóxica en Galicia con especial referencia ós macroinvertebrados. Precedentes, estado actual e perspectivas. Ingenium, 2: 81-94.
NILSSON A. 1996. Aquatic Insects of North Europe. A taxonomic handbook. Appolo Books, Stenstrup, vol. 1: 274 p., vol. 2: 440 p.
PUIG M. A. 1999. Els macroinvertebrats dels rius catalans. Ed. Generalitat de Catalunya, Departament de Medi Ambent, 251 p.
SANSONI G. 1988. Atlante per il riconoscimento dei macroinvertebrati dei corsi d´acqua italiani. Serv. Prot. Ambiente, Trento. APR&B Ed., 190 p.
TACHET H., RICHOUX P., BOURNAUD M. y USSEGLIO-POLATERRA P. 2002. Invertebrés d´eau douce. Systématique, biologie, écologie. CNRS ed. 587 p.
VIEITEZ E. y REY J. M. (ed.) 2004. A Natureza Ameazada.Consello da Cultura Galega, Sección de Patimonio Natural, 835 p.
CompetenciasComo resultado da realización diste curso, pretendemos cos alumnos adquiran as seguintes competencias:
1) Competencias específicas
- Recoñecemento dos grandes grupos de macroinvetertebrados e identificación dos grupos mais representativos hasta ó nivel taxonómico de familia.
- Coñecemento dos protocolos de móstreo para ó estudio dos macroinvertebrados nos diferentes ambientes das augas continentais.
2) Competencias instrumentais
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Resolución de problemas
3) Competencias persoais
- Traballo en equipo
4) Competencias sistémicas
- Aprendizaxe autónomo
5) Outras competencias
- Capacidade de aplicar os coñecementos a práctica.
Metodoloxía da ensinanza De acordo ca distribución da carga lectiva que propuxemos optamos por deseñar un curso esencialmente práctico, polo que as clases maxistrais foron reducidas ó mínimo necesario para presentar ó alumno as bases teóricas referidas o grupo de estudio así como os fundamentos metodolóxicos das técnicas que deberá manexar nas prácticas de campo e de laboratorio.
O traballo autónomo consistirá no estudio da información recibida nas clases maxistrais e nas prácticas realizadas, todo o que servirá ó alumno para a realización dun exame no que deberá demostrar que adquiriu as competencias e destrezas antes mencionadas.
Sistema de evaluaciónRealizarase unha avaliación continua durante todo ó período lectivo. Na nota final terase en conta tanto a asistencia a toda las actividades programadas, como a exposición dos coñecementos e competencias obtidos durante a realización dunha entrevista co profesor.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos, que representan unha carga total de traballo para ó alumno de 45 horas. Ó desglose de horas para cada unha das actividades implicadas e o seguinte:
Clases maxistrais: 6 hp, 12 hta, 0,7 ECTS
Seminarios/Prácticas: 23 hp, 30 hta, 2,1 ECTS
Examen: 1 hp, 3 hta,0, 2 ECTS
Total: 30 hp, 45 hta, 3 ECTS
hp: horas presenciais hta: horas de traballo autónomo
Recomendacións para o estudo da materiaRecomendase asistir participativamente as clases teóricas e prácticas e analizar a bibliografía facilitada.