P1121106 - Xestión e planificación de espazos naturais. biodiversidade da paisaxe. (Conservación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Botánica
- Áreas: Botánica
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFormar ao alumno/a na caracterización, planificación, xestión e avaliación dos diversos tipos de espazos naturais establecidos na lexislación actual.
Os obxectivos concretos desta materia son:
- Analizar o réxime xurídico dos espazos naturais. Establecer e avaliar os criterios para a súa catalogación e descatalogación.
- Avaliar as características dos diversos tipos de espazos naturais, abranguendo tanto aqueles de ámbito internacional (OSPAR, RAMSAR, MAB), europeo (Rede Natura 2000), nacional (Lei 42/2007) ou autonómico (Lei 9/2001).
- Abordar os instrumentos de planificación e xestión establecidos en la lexislación. Plans de Ordenación dos Recursos Naturais, Plans de Conservación, Plans de Acción, etc.
- Abordar os métodos de avaliación do estado de conservación dos espazos naturais, así como da súa integridade ecolóxica.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO
1- Concepto de espazo natural.
2. - Historia dos espazos naturais.
3. - Réxime xurídico dos espazos naturais.
4. - Espazos naturais de ámbito internacional: OSPAR, MAB, Humidais Ramsar, Rede Natura 2000, outros espazos.
5. - Espazos naturais de ámbito nacional: Reservas Naturais, Parques Nacionais, Monumentos Naturais e Paisaxes protexidas, Areas Marinas Protexidas
6. - Espazos naturais de ámbito galego: ZEPVN, Humidal, Protexido, ENIL-EPIN
7. - Espazos naturais de ámbito galego: Espazos por lexislación urbanística
8. - Planificación de espazos naturais
9. -Valoración de espazos naturais
PROGRAMA PRÁCTICO
A materia inclúe prácticas de campo nas cales se realizaran visitas de campo a espazos protexidos de Galicia
Bibliografía básica e complementariaALICJA, B. et al. (1996). Biodiversity Conservation in Transboundary Protected Areas: Proceedings of an International Workshop, Bieszczady and Tatra National Parks, Poland, May 15-25, 1994. National Research Council (U.S.). Office for Central Europe and Eurasia. National Academies Press.
DEL SAZ SALAZAR, S.; PÉREZ Y PÉREZ, L. & BARREIRO HURLÉ, J. (1988). Valoración contingente y protección de los espacios naturales. Revista Valenciana d´Estudis Autonòmics. 23.
EUROPARC-España. 2002. Plan de acción para los espacios naturales protegidos del Estado Español. Ed. Fundación Fernando González Bernáldez. Madrid.
IUCN (1994). Parks for Life: Action for Protected Areas in Europe. Programme, Federation of Nature and National Parks of Europe. IUCN European Programme
IZCO, J. & RAMIL-REGO, P. (Coord). (2001). Análisis y valoración de la sierra de O Xistral: un modelo de aplicación de la directiva hábitat en Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia. Santiago.
MARTÍNEZ VEGA, J. (2003). Tecnología de información geográfica en la planificación de los Espacios Naturales Protegidos. In: J. Martínez Vega & M.A. Martín Lou (Edit). Métodos para la Planificación de Espacios Naturales Protegidos. Colección de Estudios Ambientales y Socioeconómicos. CSIC. Madrid. 53-61.
MOSE, I. (2007). Protected Areas and Regional Development in Europe: Towards a New Model for the 21st Century. Ashgate Publishing, Ltd., 2007
MULERO, A. (2002). La protección de los espacios naturales en España. 309 pp. Ed. Mundiprensa. Madrid.
RAMIL-REGO, P. et al. (2003). Inventario de los humedales de Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia. Santiago.
RAMIL-REGO, P. et al. (2005). Plan de ordenación de los recusos naturales del LIC Parga – Ladra - Támoga. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia. Santiago.
RAMIL-REGO, P. et al. (2008). Plan director de ordenación de los recusos naturales y del medio físico de la Red Natura 2000 de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia. Santiago.
RAMIL-REGO, P. et al. (2008). Plan ordenación de los recusos naturales del Parque Natural de Baixa Limia – Serra do Xurés. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Xunta de Galicia. Santiago.
SYNGE, H. (2004). European Models of Good Practice in Protected Areas. IUCN World Commission on Protected Areas.
CompetenciasAo concluír esta materia, os alumnos deben ser competentes en varios aspectos:
Competencias específicas
- Coñecemento dos tipos e espazos naturais.
- Réxime xurídico e ámbito de protección dos espazos naturais.
- Instrumentos de xestión
- Instrumentos de avaliación.
Competencias instrumentais
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Resolución de problemas
Competencias persoais
- Traballo en equipo
Competencias sistémicas
- Aprendizaxe autónoma
Outras competencias
- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
Metodoloxía da ensinanza Ao ser un curso eminentemente práctico, nas clases maxistrais exporanse ao alumno a introdución -bases teóricas- que deba coñecer para aplicar no traballo de campo e práctico.
O traballo autónomo -que trata de afondar no manexo das fontes de información, no traballo en equipo, no uso da linguaxe científico escrito- consistirá en, tras o estudio, extraer as conclusións das prácticas realizadas, que deberán ser presentadas ás profesoras por escrito.
O exame consistirá nunha entrevista de cada alumno coas profesoras, onde debe demostrar que alcanzou as competencias e destrezas antes mencionadas.
Sistema de evaluaciónA consecución desas competencias avaliarase continuamente, durante todo o período lectivo. Na nota final terase en conta:
- a asistencia a todas as actividades programadas,
- a preparación e defensa do traballo encargado,
- a elaboración dos resultados de prácticas e a súa presentación
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos ECTS (25 horas presenciais), cunha carga total de traballo autónomo do alumno de 50 horas. A distribución de horas para cada actividade móstrase a continuación.
9 h para clases expositivas máis 35 h para estudio
10 h para clases interactivas (prácticas de laboratorio)
5 h de titorías máis 15 h para la preparación do traballo de curso
1 h para exames e revisión
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas
- Analizar a bibliografía facilitada
Observacións- Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas
- Analizar a bibliografía facilitada