Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1121201 - Biodiversidade e sistemas de información (Concepto e Métodos Biodiversidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física, Departamento Externo
  • Áreas: Zooloxía, Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os sistemas de información xeográfica constitúen unha ferramenta básica para a xestión dos espazos naturais, a biodiversidade e os recursos.

    Os obxectivos concretos desta materia son:
    -Coñecer as características básicas dos sistemas de información xeográfica, o seu funcionamento e utilidade, así como as aplicacións de código aberto utilizadas para a súa xestión.
    -Adquirir as habilidades básicas para xerar información espacial de calidade.
    -Aprender a manter, xestionar e publicar información xeográfica con ferramentas de código aberto.

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO
    Tema 1.- Introducción ao medio mariño galego. Principais recursos. Técnicas de mostraxe. Estimación de abundancias e biomasas.

    Tema 2.- Introducción á cartografía: unidades de medida, sistemas de coordenadas (EPSG), proxeccións, escadas, posicionamiento (GPS-Galileo), cartografía dixital, historia e evolución da cartografía, introducción aos sistemas de información xeográfica (SIX)

    Tema 3.- Descripción das ferramentas de software libre para o mantemento de SIX: gvSIG, PostGIS, MapServer

    Tema 4.- Adquisición de información xeográfica. Protocolos do Open Gis Consortium (OGC): WMS, WFS, WMC. Servicio Gazeteer. Introducción aos metadados

    Tema 5.- Ferramentas para o tratamento de información xeográfica: FWTools

    Tema 6.- Análise de información xeográfica. Elaboración de consultas espaciais e por atributos. O traballo cun xestor de bases de dados relacionais (PostGIS)

    Tema 7.- Creación e edición de mapas: descripción e manexo de información xeográfica, utilización e elaboración de capas e lendas, impresión e exportación de documentos

    Tema 8.- Publicar mapas na web: MapServer, ka-map

    PROGRAMA DE PRÁCTICAS
    Tema 1.- Obtención e tratamento de dados que serán aplicados nun SIX

    Tema 2.- Posicionamento con GPS

    Tema 3.- Utilización dun programa SIX e unha base de dados espacial

    Tema 4.- Utilización dun programa de xestión de metadados

    Tema 5.- Manexo de ferramentas de tratamento de información xeográfica

    Tema 6.- Análise de información xeográfica con programas SIX e bases de dados espaciais

    Tema 7.- Elaboración de cartografía con programas SIX

    Tema 8.- Publicación de cartografía en internet

    Bibliografía básica e complementaria
    BOSQUE, J 1997. Sistemas de información geográfica, 2ª edición. Rialp.

    CALVO, M, 1993 Sistemas de Información Geográfica Digitales. Sistemas Geomáticos. IVAP, Oñati,

    COMAS, D. & RUIZ, E. 1993. Fundamentos de los sistemas de información geográfica. Ariel, Ariel Geografía, Barcelona,

    MOLDES, F.J., 1995 Tecnología de los Sistemas de Información Geográfica. Ra-Ma

    RUIZ FERNÁNDEZ, LUIS A., 1998 Introducción al Tratamiento Digital de Imágenes en Teledetección. Servicio Publicaciones UPV

    CHUECA PAZOS, MANUEL & HERRÁEZ BOQUERA, JOSÉ, 1996 Métodos Topográficos. Ediciones Paraninfo, Madrid.

    The OpenGIS™ Abstract Specification. Topic 1: Feature Geometry (ISO 19107 Spatial Schema). Version 5. OpenGIS™ Project Document Number 01-101

    Open Geospatial Consortium. Implementation Specification for Geographic Information Simple feature access – Part 1: Common_architecture. Editor: Keith Ryden. Número de referencia: OGC 05-126

    Open Geospatial Consortium. Implementation Specification for Geographic Information Simple feature access – Part 2: SQL option. Editor: Keith Ryden. Número de referencia: OGC 05-134

    Competencias
    Ao concluir esta materia, os alumnos e alumnas deben ser competentes en varios aspectos:

    Competencias específicas
    -Coñecemento dos sistemas de información xeográfica, as súas capacidades e ferramentas de xestión de código abierto
    -Uso de técnicas e aplicacións específicas para o traballo con información xeográfica
    -Deseño de protocolos para abordar o manexo da información xeográfica

    Competencias instrumentais
    -Capacidade de análise e síntese
    -Capacidade de organización e planificación
    -Resolución de problemas

    Competencias personais
    -Capacidade de análise e comprensión dos problemas plantexados e traballo en equipo

    Competencias sistémicas
    -Aprendizaxe autónomo

    Outras competencias
    -Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica

    Metodoloxía da ensinanza
    Mediante clases maxistrais e prácticas adecuadas para o seguemento curricular. Asemade será necesaria a elaboración dun traballo de fin de curso guiado polos docentes co fin de aumentar as capacidades do alumno/a. Ao finalizar o curso, o alumno ou alumna ten que amosar que adquiríu as competencias e destrezas necesarias


    Sistema de evaluación
    Existirá una evaluación de tipo continuo durante el periodo lectivo. En esta evaluación se tendrá en cuenta:
    -la asistencia las actividades programadas,
    -la preparación y defensa del trabajo encargado,
    -la elaboración de los resultados de prácticas y su presentación.
    -realización de un examen.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 créditos, calculando unha carga total de traballo para o alumno de 45 horas. O desglose de horas para cada unha das actividades implicadas na materia lévase a cabo na seguinte táboa.

    Táboa 1. Proposta de distribución da carga en créditos ECTS
    Actividade H. presenciais H. traballo autónomo Créditos ECTS Totais
    Clases maxistrais 15 25 1,6
    Seminarios/Prácticas 12 16 1,12
    Titorías 2 0 0,08
    Examen 1 4 0,2
    Total 30 45 3

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas
    -Manexar a bibliografía facilitada
    -Interactuar coa información facilitada ao través de Internet

    Observacións
    Direccións de interese

    http://www.gvsig.gva.es/
    http://www.sextantegis.com/
    http://fwtools.maptools.org/
    http://mapserver.gis.umn.edu/
    http://postgis.refractions.net/
    http://ka-map.maptools.org/





    1º e 2º ciclo (en extinción)