P1121202 - Biodiversidade de plantas non vasculares (Biodiversidade Vexetal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Botánica , Departamento Externo
- Áreas: Botánica, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaALGAS
Profesor responsable: Carmen López Rodríguez
Os obxectivos concretos desta materia son:
a) Coñecer a anatomía e reprodución as algas.
b) Coñecer os diferentes grupos taxonómicos baseados en carácteres básicos: químicos e citolóxicos
c) Coñecemento da ecoloxía, distribución e aplicación na industria.
FUNGOS E FUNGOS LIQUENIZADOS
Profesores responsables: Regina Carballal Durán, Graciela Paz Bermúdez e Ignacio Garcia Gonzalez
Obxectivos
Ampliar coñecementos sobre a bioloxía, ecoloxía, usos etc. dos fungos e líquenes e a importancia e interese da flora fúngica e liquénica de Galicia. Este coñecemento permitirá a investigación en micoloxía e a súa aplicación á conservación de especies ou hábitats de especial importancia para a diversidade.
ContidosALGAS
Programa teórico
Tema 1. - Introdución. Importancia do estudo dos algas.
Tema 2. - Principais grupos taxonómicos: Cyanophyta, Rhodophyta, Heterokontophyta (Bacillariophyceae, Phaeophyceae, Xanthophyceae), Dinophyta, Euglenophyta e Chlorophyta.
Tema 3. - Importancia das algas nos ecosistemas e a súa distribución.
Tema 4. - Aplicación das algas como bioindicadores e na industria farmaceútica e alimentaria.
Tema 5. - Flora de Galicia. Conservación. Medidas de protección.
Programa de prácticas:
1.- Aprendizaxe no manexo do microscopio óptico e para a correcta observación dos diferentes grupos de algas. Realización de preparacións microscópicas.
2.- Observación do talo das algas e as súas diferentes partes con estereomicroscopio e microscopio óptico
3.- Nocións xerais sobre o cultivo de algas.
4.- Preparación dun herbario.
FUNGOS
Programa teórico
Biodiversidade dos fungos. Principais grupos taxonómicos e características xerais. Estudo dos macromicetos.
Importancia dos fungos como recurso. Formas de aproveitamento e principais grupos de utilidade.
Aproveitamento sostible dos recursos fúngicos. Explotación de fungos comestibles e actividades derivadas.
Problemas relacionados coa explotación dos fungos. Medidas de control. Conservación de especies fúngicas e elaboración de listas vermellas
Programa práctico
Observación de fungos e micotopos in situ.
Observación e identificación de macromicetos en laboratorio.
Breve descrición dos contidos de Líquenes
Teoría
Características biolóxicas e ecolóxicas dos líquenes.
Importancia ecolóxica e para o home.
Razóns para a súa conservación.
Principais ameazas para os líquenes.
A aplicación das categorías UICN a este tipo de organismos.
A flora liquénica de Galicia: riqueza, elementos biogeográficos, comparación con outras áreas de Europa e España.
As especies protexidas e ameazadas da flora galega.
Prácticas
Observación dos carácteres propios dos líquenes, especialmente aqueles que teñen valor taxonómico e/ou se utilizan nas claves de identificación.
Aprendizaxe de ténicas de preparación para a observación de estrucuras microscopicas.
Uso de claves de identificación.
Bibliografía básica e complementariaAlgas
BOLD, H.C. & M.J. WYNE 1985. Introduction to the algae (2nd edition). Prentice-Hall, Inc. New Jersey.
DAWES, C.J. (1997) Marine Botany. John Wiley & Sons, Inc., New York.
DES ABBAYES, H. & CHADEFAUD, M. 1989. Botánica. Vegetales inferiores. Ed. Reverté. Barcelona.
HOEK, VAN DEN, C. MANN, D.G. & JAHNS, H.M. 1995. Algae. An introduction to phycology. Cambridge University Press. London.
IZCO, J., E. BARRENO, M. BRUGUÉS, M. COSTA, J. DEVESA, F. FERNÁNDEZ, T. GALLARDO, X. LLIMONA, E. SALVO, S. TALAVERA & B. VALDÉS 2004. Botánica. McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U. Madrid.
LEE, R. E. (1989) Phycology. Cambridge Univ. Press, Cambridge.
RAVEN, P.H., R.F. EVERT & S.E. EICHORN 1991. Biología de las plantas. Ed. Reverté. Barcelona.
ScaGEL, R.F., R.J. BANDONI, J.R. MAZÉ, G.E. ROUSE, W.B. SCHOFIELD & J.R. STEIN 1991. Plantas no vasculares. Ediciones Omega S.A. Barcelona.
SCAGEL, R.F., R.J. BANDONI, G.E. ROUSE, G.E. SCHOFIELD, J.R. STEIN & T.M.C. TAYLOR. 1987. El reino vegetal. Ediciones Omega S.A. Barcelona.
SMITH, G.M. 1955. Cryptogamic Botany (2 vol.). Ed. Gulbenkian. Lisboa.
STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER 2004. Tratado de Botánica. Ed. Omega. S.A. Barcelona.
Fungi
Fungos
- Ainsworth, G.C., Sparrow, F.K. & Sussman, A.S.-eds.- (1973).- The Fungi. An advanced treatise. Acad. Press New York & London, vol. IVA 621 pp., vol. IVB 504 pp.
- Dennis, R.W.G. 1968.- Bristish Ascomycetes. J.Cramer. Lehre. Germany. 1ª ed., 455 pp.
- Dennis, R.W.G. 1978. Bristish Ascomycetes. J.Cramer. Vaduz. Germany. Ed. rev. 585 pp.
- Mueller, GM, Bills, GF, Foster, MS. 2004. Biodiversity of Fungi. Inventoring and Monitoring Methods. Elsevier Academic Press. Amsterdam.
http://www.mycolog.com/
Líquenes
AHMADJIAN, V.-1993- The lichen simbiosis- J. Wiley-New York
CARBALLAL, R .- 2003- Líquenes. Galicia Naturaleza. Vol. XLII: 18-75. Hércules de ediciones S.A. A Coruña.
CHURCH, J.M.; COPPINS, B.J.; GILBERT, O.L.; JAMES, P.W. & STEWART, N.F. 1996. Red Data Books of Britain and Ireland: lichens. Volume 1: Britain. Joint Nature Conservation Committee, Peterborough.
HLADUN, N. & LLIMONA, X.; 2002. Checklist of the Lichens and lichenicolous Fungi of the Iberian Peninsula and Balearic Islands. http://liquens.bio.ub.es/checklist/index.htm
HAWKSWORTH, D.L. & HILL, D.J.- 1984- The lichen-forming fungi- Blackie & son, Glasgow & London.
MARTÍNEZ, I., ARAGÓN, G., SARRIÓN, F.J., ESCUDERO, A., BURGAZ, A.R. & COPPINS, B.J. (2003) Threatened lichens in Central Spain (saxicolous species excluded). Cryptogamie, Mycol. 24(1): 73-97.
NASH, T.H.III-1996- Lichen Biology- Cambridge University Press
SERUSIAUX, E. (1989) Liste rouge des macrolichens dans la communauté européenne. Centre des Recherches sur les lichens. Départment de Botanique, Liège, Belgique.
VAN HALUWYN; C. & LEROND, M.-Guide des lichens-Ed.Lechevalier. París.
Claves de identificación
CLAUZADE, G. & ROUX, C. -1985- Likenoj de Okcidenta Europo. Ilustritadeterminlibro. Bull. Soc. Bot. Centre-Ouest 7:1-893.
PÉREZ-VALCÁRCEL,C.;LÓPEZ PRADO,M.C. & LÓPEZ DE SILANES VÁZQUEZ, M. E.-2003-Guía de los líquenes de Galicia.-Baía Edicions. A Coruña.
PURVIS, O., COPPINS, B.J., HAWKSWORTH, D.L., JAMES, P.W. & MOORE, D.M. -1992- The lichen flora of Great Britain and Ireland.- Natural History Museum Publications in association with The British Lichen Society.
CompetenciasAlgas, Fungos e Líquenes
.- Capacidade de describir coa terminoloxía axeitada espécimes destes grupos.
.- Uso de técnicas específicas para o estudo das algas, fungos e líquenes.
.- Capacidade de utilizar claves de identificación.
.- Capacidade de avaliar o grao de ameaza de especies concretas e as posibles estratexias para a súa conservación.
Metodoloxía da ensinanza A desagrgación de horas para cadun dos apartados da materia (algas, fungos e líquenes) e o seguinte
3 horas de clases expositivas
4 horas de prácticas
1 hora de tutoría
Sistema de evaluaciónA consecución das competencias antes expostas evaluarase de modo continuo, ó longo de todo o período lectivo
Na nota final terase en conta:
.- a asistencia e participación en todas as actividades programadas (70%)
.- a elaboración dun resumo de prácticas (30%)
Os alumnos que non asistan a algunha das actividades programadas realizaran un exame.
Tempo de estudo e traballo persoalEntre horas presenciais e horas de estudo e preparación de resumos de prácticas, serán necesarias 40 horas.
Recomendacións para o estudo da materia.- Repasar termos e conceptos básicos en botánica.
.- Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas.
.- Consultar a bibliografía facilitada.
ObservaciónsEntre o profesorado que imparte este curso, inclúese a profesora da Universidade de Vigo, Graciela Paz Bermúdez