Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1121203 - Ecofisioloxía e tecnoloxía de sementes (Biodiversidade Vexetal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fisioloxía Vexetal, Botánica
  • Áreas: Fisioloxía Vexetal, Botánica
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CORNIDE PAZ, TERESA.NON
DIAZ VIZCAINO, ELVIRA ANTONIA.SI
HERNANDEZ NISTAL, JOSEFINA.NON
RODRIGUEZ PEREZ, MARIA DEL CARMEN.NON
Vázquez Ruiz de Ocenda, Rosa Ana.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos concretos desta materia son coñecer:
    As bases moleculares e celulares da reprodución das plantas, estudando o ciclo reprodutor, a indución floral, a frutificación e a biotecnoloxía da reprodución das plantas.
    A formación da semente, detallando as orixes (maternais ou embrionarias) das súas distintas partes.
    Os mecanismos fisiolóxicos, bioquímicos e xenéticos da xerminación, e cómo son afectados en situacións de estres, como cambios ambientais, aplicación de fitosanitarios, ataques de patóxenos, ...
    A ecoloxía da dormición e a importancia dos bancos de sementes na agricultura e ciencias forestais, así como os diferentes tratamentos que permiten que unha semente durminte xermine.
    Aspectos da tecnoloxía de sementes, entendendo as bases moleculares da enxeñaría xenética que permite obter sementes de mellor calidade, e os diferentes métodos para manufacturalas, especialmente en sementes de árbores, e de cultivos de gran importancia ambiental e/ou económica.

    Contidos
    Programa teórico:

    Tema 1. O valor das sementes. A súa orixe e formación.
    Tema 2. A xerminación das sementes: Aspectos moleculares, bioquímicos e fisiolóxicos. A dormición das sementes.
    Tema 3. Ecoloxía da xerminación segundo as características das sementes. Aplicacións agrícolas e forestais. O banco de sementes edáfico e as súas aplicacións agrícolas e forestais.
    Tema 4. Patóxenos de/en sementes.
    Tema 5. Transformación de plantas para mellorar sementes.
    Tema 6. Mellorando o comportamento das sementes: Cambiando o seu estado fisiolóxico. Cambiando a súa forma. Sementes sintéticas.


    Programa de prácticas:
    Práctica 1. Xerminación de sementes en ambientes diferentes e con distintos tratamentos. Rotura da dormición.
    Práctica 2. Fisioloxía da xerminación: Mobilización de sustancias de reserva.
    Práctica 3. Indución/inhibición hormonal de enzimas implicados na xerminación.
    Práctica 4. Produción de proteínas de defensa fronte ao ataque de patóxenos.
    Práctica 5. Métodos de avaliación do estado fitosanitario das sementes segundo os estándares internacionais.
    Práctica 6. Ecoloxía da xerminación e análise do banco de sementes.

    Bibliografía básica e complementaria
    BASKIN, C.C., BASKIN, J.M. 1998. Seeds, Ecology, Biogeography, and Evolution of Dormancy and Germination. Academic Press. San Diego.
    BLACK, M. Y J.D. BEWLEY. 2000. Seed technology and its biological basis. Sheffield Academic Press, Sheffield (UK).
    BRADFORD, K Y NONOGAKI, H. (EDS). 2007. Seed development, dormancy and germination. Blackwell Pub., Oxford (UK).
    CHRISPEELS, MJ Y SADAVA, DE. 2003 (2ª ed.). Plant, genes and crop biotechnology. Bartlett Pub. Boston (USA).
    HAMMOND, J., P. MCGARVEY Y V. YUSIBOV. 1999. Plant Biotechnology: New Products and applications. Springer-Verlag, Berlín.
    KIGEL. J. Y G. GALILI (ED.). 1995. Seed development and germination. Marcel Dekker, Inc., Nueva York (USA).
    KOO, B., P. PARDEY Y B. WRIGHT. 2003. The price of conserving agricultural biodiversity. Nature Biotechnology 21: 126–128.
    LECK, M.A.; PARKER, V.TH.; SIMPSON, R. L. 1989. Ecology of soil seed banks. Academic Press. San Diego.
    MAUDE, R.B. 1996. Seedborne Diseases and Their Control. Principles & Practice. CAB International, Wallingford, UK
    MELDOLESI, A. 2002. European Union in disarray over GM seeds. Nature Biotechnology 20, 324-325.
    SINGH, D. AND MATHUR, S.B. 2004. Histopathology of seed-borne infections. CRC-Press Boca Raton, USA.
    STEWART, C.N., M.D. HALFHILL Y S.I. WARWICK. 2003. Genetic modification: Transgenene introgression from genetically modified crops to their wild relatives. Nature Reviews Genetics 4: 806–817.
    THOMPSON, R. D. 2000. Plant biology: Turning fields into grains. Nature 408: 39-41.
    TREWAVAS, A. 2005. Green plants as intelligent organisms. Trends plant sci. 10: 413.
    WATANABE, T. 2010. Pictorial Atlas of Soil and Seed Fungi, 3ª ed. CRC, Boca Raton.

    Competencias
    1) Competencias específicas
    - Manexo de sementes e de produtos que alteran a xerminación.
    - Técnicas de separación molecular e bioquímica.
    - Deseño de protocolos de xerminación de sementes de interese agrícola e forestal
    - Técnicas de análise de patóxenos en sementes.
    2) Competencias instrumentais
    - Capacidade de análise e síntese
    - Capacidade de organización e planificación
    - Capacidade para a resolución de problemas.
    3) Competencias persoais
    - Traballo en equipo.
    4) Competencias sistémicas
    - Aprendizaxe autónomo
    5) Outras competencias
    - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.

    Metodoloxía da ensinanza
    A parte presencial da materia consta dunha parte teórica (9 h) na que se exporán ao alumno as base teóricas que lle permitan coñecer os principios básicos e os materiais que se lle proporcionarán nas clases prácticas (12 h). Estas clases tamén lle servirán para comprender mellor as metodoloxías que deberán desenvolver para obter uns resultados cuxos datos terán que elaborar e interpretar, xa que se trata dun curso eminentemente práctico.
    O traballo autónomo -que trata de afondar no manexo das fontes de información, no traballo individual e/ou en equipo, no uso da linguaxe científica escrita- consistirá, tras o estudio correspondente, en extraer as conclusións das prácticas realizadas, que deberán ser presentadas ás profesoras por escrito.

    Nos traballos presentados cada alumno debe demostrar que acadou as competencias e destrezas antes mencionadas.

    Sistema de evaluación
    A consecución de esas competencias avaliarase continuamente, durante todo o período lectivo. Na nota final terase en conta:
    • a asistencia a todas as actividades programadas (60 % do peso final da nota),
    • a elaboración dos resultados de prácticas e a súa presentación (15 %),
    • a preparación e defensa, no seu caso, do traballo encargado ( 25 %).


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 créditos, calculando unha carga total de traballo para o alumno de 75 horas.
    O reparto de horas para cada unha das actividades implicadas na materia se leva a cabo da seguinte forma:

    Horas presenciais:
    -expositivas= 9
    - interactivas=12
    - titorías= 3
    Total horas presenciais=24h

    Horas non presenciais:
    - horas de estudio: 9 x 1.5h/tema= 13.5 h
    - preparación de trabajos de prácticas y/o seminarios: 12 x 3= 36 h
    - titorías e avaliación: 3 x 0.5 = 1.5 h
    Total horas non presenciais= 51h

    Horas totais de traballo do alumno= 75h


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir a todas as actividades presenciais propostas.
    - Utilizar a metodoloxía indicada para facilitar o aprendizaxe.
    - Utilizar los recursos bibliográficos recomendados.
    - Utilizar as titorías para resolver as dúbidas que se presenten.
    - Aproveitar o intercambio de ideas, opinións e experiencias dos traballos de grupo e/ou individuais.




    1º e 2º ciclo (en extinción)