Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1121204 - Micromicetos: concepto, téncicas de estudo e biodiversidade (Biodiversidade Vexetal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Botánica
  • Áreas: Botánica
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
AIRA RODRIGUEZ, MARIA JESUS.SI
Vázquez Ruiz de Ocenda, Rosa Ana.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Dentro do contexto da Biodiversidade, o grupo de fungos, e especialmente dos Micromicetos, constitúen un compoñente básico cuxa importancia empezou a valorarse só recentemente.
    Os obxectivos concretos desta materia son coñecer:
    a) as características morfolóxicas e ecolóxicas destes grupos de fungos;
    b) a importancia dos Micromicetos tanto nos hábitats naturais como na súa relación co home: patoloxías, contaminación,etc.;
    c) os diferentes aspectos metodolóxicos que permitan o illamento e identificación dos Micromicetos e as súas aplicacións.
    Dentro do contexto da Biodiversidade, o grupo de fungos, e especialmente dos Micromicetos, constitúen un compoñente básico cuxa importancia empezou a valorarse só recentemente.
    Os obxectivos concretos desta materia son coñecer:
    a) as características morfolóxicas e ecolóxicas destes grupos de fungos.
    b) a importancia dos micromicetos tanto nos hábitats naturais como na súa relación co home: patoloxías, contaminación,etc.
    c) os diferentes aspectos metodolóxicos que permitan o illamento e identificación dos micromicetes e as súas aplicacións.

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO
    Tema 1. Introdución. Importancia do estudo dos Micromicetos nas análises de biodiversidade.
    Tema 2. Principais grupos taxonómicos recollidos no termo Micromicetos.
    Tema 3. Ecoloxía dos Micromicetos. Concepto de diversidade dos microfungos.
    Tema 4. Análise da súa distribución: Endófitos, epífitos, saprófitos, simbióticos e patóxenos.
    Tema 5. Biodiversidade fúnxica.
    - Fungos do solo
    - Principais fungos fitopatóxenos. Posición taxonómica. Características morfolóxicas e vitais. Síntomas da infección e danos. Factores que inflúen no desenvolvemento da enfermidade. Normas de control e loita integrada. Botrytis, Uncinula e Plasmopara en viñedos. Síntomas da infección e danos. Estudos en distintas comarcas vitivinícolas
    - Aeromicota con importancia para a saúde. Posición taxonómica. Características morfolóxicas e vitais. Fungos máis abundantes: Alternaria e Cladosporium. Outros tipos. Concentracións estacionais, diarias e intradiarias. Influencia da meteoroloxía. Modelos de predición.
    Tema 6. Utilidade dos Micromicetos.
    - Procesos fermentativos. Fermentos: Sacharomyces cerevisiae. Queixos: Penicillium camembertii, P. roquefortii.
    -Industria farmacéutica. Neurospora. Penicillium notatum.

    PROGRAMA PRÁCTICO
    1- Nocións xerais das técnicas micolóxicas. Illamento de fungos a partir de distintos tipos de material (téxtil, papel, alimentos, etc). Sementa, cultivo e incubación.

    2- Illamento de fungos a partir de material vexetal. Hisopado. Raspado. Avaliación de poboacións sobre material vexetal.

    3- Illamento de fungos a partir do solo. Técnica das suspensións-dilucións.Técnica de Warcup. Avaliación das comunidades fúnxicas do solo.

    4- Métodos de mostraxe en aire (indoor/outdoor)
    Gravimétricos e volumétricos
    Métodos viables (Hisopado; Tipos de captadores; Medios de cultivo para captación e illamento;Incubación e cálculo de UFC/m3; Determinación fúnxica)
    Métodos non viables (Tipos de captadores; Preparación das mostras; Determinación e reconto de esporas; Cálculo da concentración de esporas/m3).

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    - Alexopoulos,C. J. y Mims, C. W., 1985. Introducción a la Micología. Ed. Omega. Barcelona.
    - Galán, C.; Cariñanos, P.; Alcazar, P.; Domínguez, E.; Aira, Aira, M.J. et al. 2007., Manual de Calidad y Gestión de la Red Española de Aerobiología. Servicio de Publicaciones. Universidad de Córdoba, 61 p.
    - Herrera, T. y Ulloa, M., 1990. El reino de los hongos. Micología básica y aplicada, Universidad Nacional Autónoma de México/Fondo de Cultura Económica. México, 552 pp.
    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    - Ainsworth, G.C., Sparrow, F.K. & Sussman, A.S.-eds.,1973, The Fungi. An advanced treatise. Acad. Press New York & London, vol. IVA 621 pp., vol. IVB 504 pp.
    - Aira, MJ.; Jato, V.; Iglesias et al. ,2005. Calidad del aire. Polen y esporas en la comunidad gallega. Xunta de Galicia, 237 p.
    - Arx, J.A. von,1974. The Genera of Fungi Sporulating in Pure Culture. J. CRAMER. Vaduz.
    - Dennis, R.W.G., 1968. Bristish Ascomycetes. J.Cramer. Lehre. Germany. 1ª ed., 455 pp.
    - Dennis, R.W.G. ,1978. Bristish Ascomycetes. J.Cramer. Vaduz. Germany. Ed. rev. 585 pp.
    - Ellis, M.B., 1971. Dematiaceous Hyphomycetes. C.M.I., Kew, 608 p.
    - Ellis, M.B., 1976. More Dematiaceous Hyphomycetes. C.M.I., Kew, 507 p.
    - Hoog, G.S.; Guarro, J; Gené, J. & Figueras, M.J.,2000. Atlas of Clinical Fungi. 2ª Ed. Universitat Roviri i Virgili. Reus. España. 1126 p.
    - Klich, M.A. & Pitt, J.I., 1994. A Laboratory guide to common Aspergillus species and their teleomorphs. Comm. Sc. And Industrial R. Org.
    - Mueller, GM, Bills, GF, Foster, MS., 2004. Biodiversity of Fungi. Inventoring and Monitoring Methods. Elsevier Academic Press. Amsterdam.
    - Singh, d. and Mathur, S.B., 2004. Histopathology of seed-borne infections. CRC-Press, Boca Raton, USA.
    - Watanabe, T., 2002. Pictorial Atlas of Soil and Seed Fungi, 2ª ed. CRC- Press, Boca Raton, USA.
    - Watanabe, T., 2010. Pictorial Atlas of Soil and Seed Fungi, 3ª ed. CRC-Press, Boca Raton, USA.

    Algunas direcciones de interés:
    http://www.mycolog.com/
    http://www.aber.ac.uk/fungi/fungi/taxonomy.htm
    http://www.doctorfungus.org/thefungi/index.htm
    http://classes.plantpath.wsu.edu/plp521/
    http://www.mycology.adelaide.edu.au/
    http://www.zygomycetes.org/index.php
    http://www.fungaldiversity.org/fdp/jumble.php
    http://microfungi.truman.edu/index.php
    http://tolweb.org/tree?group=Fungi&contgroup=Eukaryotes


    Competencias
    Ao concluír esta materia, os alumnos deben ser competentes en varios aspectos:
    1) Competencias específicas
    - Análise e identificación dos micromicetos.
    - Uso de técnicas específicas para cada grupo a partir dos diferentes substratos.
    - Deseño de protocolos para abordar o estudo de micromicetos en proxectos de análise de biodiversidade.
    2) Competencias instrumentais
    - Capacidade de análise e síntese
    - Capacidade de organización e planificación
    - Capacidade para resolver problemas
    3) Competencias persoais
    - Traballo en equipo
    4) Competencias sistémicas
    - Aprendizaxe autónoma
    5) Outras competencias
    - Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.


    Metodoloxía da ensinanza
    Ao ser un curso eminentemente práctico, nas clases maxistrais exporanse ao alumno as bases teóricas (introdución) que deba coñecer para que cos protocolos (materiais e métodos) que se lles proporcionarán no laboratorio, obteñan os datos (resultados) que lles permitirán elaborar uns resultados. Esta será a parte presencial da materia.
    O traballo autónomo -que trata de profundar no manexo das fontes de información, no traballo en equipo, no uso da linguaxe científica escrita- consistirá na presentación dun escrito coas conclusións extraídas do estudo dos resultados obtidos nas prácticas.

    O exame consistirá nunha proba escrita na que, cada alumno deberá demostrar que acadou as competencias e destrezas antes mencionadas.


    Sistema de evaluación
    A consecución desas competencias avaliarase contínuamente, durante todo o período lectivo.
    Na nota final terase en conta:

    • a asistencia a todas as actividades programadas (35 % do peso da nota final)
    • a elaboración dos resultados de prácticas e a súa presentación (30 % )
    • o exame (35 %)

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 créditos, calculando unha carga total de traballo para o alumno de 75 horas.
    O reparto de horas para cada unha das actividades implicadas na materia se leva a cabo da seguinte forma:

    Horas presenciais:
    - expositivas= 9 h
    - interactivas (laboratorio)=12 h
    - titorías= 3 h
    Total horas presenciais=24h

    Horas non presenciais:
    - horas de estudio: 9 x 1.5h/tema= 13.5 h
    - preparación de traballos de prácticas: 12 x 3= 36 h
    - titorías e avaliación: 3 x 0.5 = 1.5 h
    Total horas non presenciais= 51 h

    Horas totais de traballo do alumno= 24 + 51 = 75h




    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistir participativamente ás clases teóricas e prácticas.
    - Analizar a bibliografía facilitada.
    - Consultar os enderezos de internet.
    - Utilizar a páxina web da materia.





    1º e 2º ciclo (en extinción)