Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1121205 - Bioloxía e biodiversidade de protistas (Biodiversidade Animal Terrestre) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Bioloxía Celular e Ecoloxía
  • Áreas: Bioloxía Celular
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos da materia
    - Introducir os alumnos no coñecemento dos distintos Fila que conforman o reino Protista.
    - Conseguir que os alumnos cheguen a coñecer a morfoloxía e funcionalidade dos distintos orgánulos presentes na célula a nivel dos seres unicelulares eucariotas.
    - Aprender as diferentes técnicas de estudio que permiten o illamento e identificación dos protistas.
    - Adestrarse no manexo da bibliografía especializada, así como no uso das TIC para preparar a materia.

    Contidos
    Contidos

    PROGRAMA DE CLASES TEORICAS
    1.- INTRODUCIÓN. Historia. Fitos importantes na Protistoloxía. Taxonomía. Clasificacións. Resumo das distintas agrupacións taxonómicas dos protistas. Evolución
    2.- MORFOLOXÍA. Características da organización dos protistas. Extrusomas. Citoesqueleto. Esqueletos internos e esqueletos externos. Estructuras de fixación.
    3.- MOVEMENTO. Tipos de movemento. Contractilidade, esvaramento, movemento ameboide, movemento euglenoide. Cilios e flaxelos, haptonemas
    4.- NUTRICIÓN. Inxestión: pinocitose, fagocitose. Selección e adquisición do alimento: protistas sen citostoma, protistas con citostoma. Formación dos vacúolos dixestivos. Dixestión. Defecación. Vacúolos autofáxicos
    5.- OSMORREGULACION. Mecanismos para a regulación do volume celular. Complexo do vacúolo contráctil. Secreción e expulsión de líquidos
    6.- NÚCLEO e REPRODUCIÓN. Núcleo: Estructura, función, dualismo nuclear. O núcleo durante o ciclo celular: replicación, mitose, meiose. Reproducción asexual. Procesos sexuais. Alternancia de ciclos. Control do apareamento. Significación dos ciclos biolóxicos
    7.- MORFOXÉNESE. Ciclos de vida, adolescencia, maduración e vellez. Cambios facultativos de morfoloxía. Cambios morfolóxicos cíclicos. Morfoloxía funcional
    8.- ECOLOXÍA. Factores ecolóxicos. Hábitat. Bioxeografía. Os protistas indicadores biolóxicos da calidade das augas. O papel dos protistas na autodepuración dos medios naturais e na depuración artificial

    PRACTICAS
    Seis prácticas de dúas horas de duración, unha por semana.
    - Estudio bibliográfico de varias clasificacións dos protistas e elaboración dun informe sobre as distintas tendencias taxonómicas.
    - Estudio de preparacións de diferentes exemplares de flaxelados, amebas e esporozoos.
    - Seguimento, in vivo, das poboacións de protozoos ciliados de varias infusións, mantidas no laboratorio. Identificación das especies e elaboración dun informe final do proceso.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria
    1- ANDERSON, O. R., Comparative Protozoology. Ecology, Physiology, Life History, Springer Verlag, New York, 1988.
    2- CORLISS, J. O., The Ciliated Protozoa. Characterization, classification and guide to the literature, Pergamon, Oxford, 1979.
    3- DOGIEL, V. A., General Protozoology, Claredon, Oxford, 1965.
    4- GRASSE, P.-P., Protozoaires, en Traité de Zoologie, vol. I, 1+2, e II, 1+2, Masson, Paris, 1952/1953, 1984, 1994.
    5- GRELL, K. G., Protozoology, Springer Verlag, Berlin, 1973.
    6- HARRISON, F. W. e CORLISS, J. O., Protozoa, en F. W. Harrison (ed.), Microscopic anatomy of invertebrates, vol. 1, Wiley-Liss, New York, 1991.
    7- HAUSMANN, K. e BRADBURY, P. C. (eds), Ciliates. Cells as organisms, Gustav Fischer, Stuttgart, 1996.
    8- HAUSMANN, K. e HÜLSMANN, N., Protozoology, Georg Thieme Verlag, Stuttgard, New York, 1996.
    9- JONES, A. R., The Ciliates, Hutchinson, London, 1974.
    10- KUDO, R. R., Protozoologia, Compañia editorial Continental, S.A., México, 1966.
    11- LAYBOURN-PARRY, J., A functional biology of free-living Protozoa, Croom Helm, London and Sydney, 1984.
    12- LEE, J. J.; HUNTER, S. H. e BOVEE, E. C., Illustrated guide to the Protozoa, Allen Press, Lawrence, 1985.
    13- MARGULIS, L.; CORLISS, J. O.; MELKONIAN M. e CHAPMAN, D. J. (eds), Handbook of Protoctista, Jones and Barlett, Boston, 1990.
    14- MARGULIS, L.; McKHANN, H. I. e OLENDZENSKI (eds), Illustrated glossary of Protoctista, Jones and Barlett, Boston, 1993
    15- MEHLHORN, H. e RUTHMANN, A., Allgemeine Protozoologie, Gustav Fischer Verlag, Jena, Stuttgart, 1992.
    16- PITELKA, D. R., Electron-microscopic structure of Protozoa, Pergamon, Oxford, 1963.
    17- PUYTORAC, de p.; GRAIN, J. e MIGNOT, J.-P., Precis de Protistologie, Boubée, Paris, 1987.
    18- RÖTTGER, R., Praktikum der Protozoologie, Gustav Fischer Verlag, Jena, Stuttgart, 1995.
    19- SLEIGH, M., Protozoa and other protists, Arnold, London, 1989.BASES DE DATOS en rede:

    Revistas:

    - European Journal of Protistology
    http://www.elsevier.de/artikel/805078

    - Protist (formerly Archiv für Protistenkunde)
    http://www.elsevier.de/artikel/805113

    - Acta Protozoologica
    http://www.nencki.gov.pl/ap.htm
    http://www.nencki.gov.pl/ap-archive.htm

    - The Journal of Eukaryotic Microbiology
    http://www.blackwellpublishing.com/journal.asp?ref=1066-5234

    - Protistology
    http://protistology.ifmo.ru/


    Competencias
    Competencias
    O alumno deberá desenvolver e potenciar as seguintes competencias/destrezas/habilidades:
    - Fluidez e uso correcto da terminoloxía adecuada na materia, tanto na comunicación oral como na escrita
    - Habilidade tanto para conseguir como para analizar información desde diferentes fontes
    - Capacidade de crítica e autocrítica
    - Capacidade para relacionar a teoría e a práctica
    - Habilidade para traballar de xeito autónomo e en equipa
    - Capacidade de comparación e integración da información obtida de imaxines microscópicas e macroscópicas dos Protistas
    - Capacidade de interpretación de imaxes microscópicas e a súa orientación no espacio
    - Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe
    - Capacidade de análise e de síntese

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía da ensinanza
    Utilizaranse:
    - Clases maxistrais
    - Seminarios impartidos por os alumnos
    - Prácticas en laboratorio

    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación:
    - A asistencia e participación nas clases é necesaria para a superación da materia.
    - A asistencia e participación nas prácticas é necesaria para a superación da materia. O traballo realizado nas prácticas suporá o 40% de la nota final.
    - Os alumnos tamén deben participar e expoñer os seminarios que lles sexan asignados polo profesor, o que suporá o 60% da nota final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudio e de traballo persoal
    A materia consta de 3 créditos ECTS (25 horas por crédito = 75 horas totais), calculando unha carga total de traballo autónomo para o alumno de 40 horas. O reparto de horas para cada unha das actividades da materia se leva a cabo da seguinte maneira:

    - Teoría: 14 horas presenciais e 8 horas de traballo persoal (horas : 22)
    - Asistencia, preparación e exposición de seminarios: 8 horas presenciais e 26 horas de traballo persoal (horas: 34)
    - Clases prácticas: 12 horas presenciais e 6 horas de traballo persoal (horas: 18)
    - Titorías personalizadas: 1 hora.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións para o estudio da materia
    - Asistencia e participación activa nas clases e seminarios
    - Estudio e revisión semanal da materia explicada, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase
    - Aclaración co profesor de posibles dúbidas

    Observacións
    Descritores da materia

    Introducción a la bioloxía dos Protistas: morfoloxía, movemento, nutrición, osmorregulación, ciclos vitais, morfoxénese, reproducción e sexualidade. Ecoloxía. Biodiversidade dos principais Fila. Evolución.






    1º e 2º ciclo (en extinción)