P1121207 - Biodiversidade e conservación de moluscos gasterópodos terretres (Biodiversidade Animal Terrestre) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
- Áreas: Zooloxía
- Centro: Facultade de Bioloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCon este curso pretendese que o alumno adquira coñecementos teóricos e prácticos sobre anatomía, fisioloxía, ecoloxía e etoloxía dos gasterópodos terrestres, ademais do seu estatus de conservación e principais ameazas. Analizarase o papel que xogan estes animais no ecosistema como hospedadores intermediarios en parasitoses e os problemas que causan na agricultura. Pra elo introducirase ao alumno na metodoloxía de toma de mostras, na identificación dos distintos grupos de caracois e lesmas, e se lles introducirá no mundo da anatomización, disección e identificación.
ContidosA) Teoría.
1.- Introdución e posición sistemática do grupo. Principios nos que se basea a clasificación.
2.- Estudio das diferentes familias e a súa anatomía
3.- Os gasterópodos terrestres da Península Ibérica: caracois e lesmas. Estudio da fauna galaico portuguesa.
4.- Valor taxonómico da anatomía na identificación das especies.
5.- A xenética e bioquímica na determinación das especies de caracois e lesmas.
6.- Estudio da cuncha: formación, estrutura e arquitectura.
7.- Morfoloxía e histoloxía do complexo paleal e tubo dixestivo.
8.- Morfoloxía e histoloxía do aparello xenital.
9.- O aparello xenital e glándulas anexas: funcionalidade e desenvolvemento.
10.- A cópula en caracois e lesmas: períodos, fases e tipos.
11.- Estudio da ecoloxía de algúns grupos de Gasterópodos Terrestres. A hibernación e a estivación: o seu significado.
12.- Estratexias demográficas e sucesións ecolóxicas en caracois e lesmas.
13.- Iniciación ao estudo das asociacións malacolóxicas: taxocenosis.
14.- Importancia dos moluscos terrestres como hospedadores intermediarios de zooparasitosis. As pragas de caracois e lesmas na agricultura. Control.
15.- Estudio da biodiversidade das lesmas da fauna Íbero – Balear. Coroloxía.
16.- Criterios a considerar na conservación das especies de Gasterópodos Terrestres endémicas da fauna da Península Ibérica.
B) Prácticas de campo.
1.- Saída ao campo (8 h) para o estudio das especies in situ e recolección de material para o seu estudo no laboratorio.
B) Prácticas de laboratorio (8 h)
1.- Técnicas de mostraxe no campo. Transporte, separación e conservación.
2.- Técnicas de disección e anatomización de algúns gasterópodos terrestres: Cepaea nemoralis, Portugala inchoata, Theba pisana, Arion ater, Arion lusitanicus, Milax gagates, Deroceras reticulatum.
3.- Extracción, montaxe e estudo da rádula, mandíbula, dardo y espermatóforo de algúns gasterópodos terrestres.
4.- Identificación do material recollido polo alumno.
Bibliografía básica e complementariaCastillejo, J. 1996. Las babosas como praga en la agricultura. Claves de
Identificación y mapas de distribución. Revista de la Real
Academia Gallega de Ciencias, 15: 93-142.
Castillejo, J. 1997. Babosas del Noroeste Ibérico. Servicio de
Publicacións e Intercambio Científico de la Universidad de
Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. 192 páxinas.
Castillejo, J. 1998. Guía de las Babosas Ibéricas. Real Academia Galega
de Ciencias. Santiago de Compostela. 154 páxinas.
Castillejo, J. y Wiktor, A. 1983. Furcopensis gen. n. with its two new
species and new Deroceras species from Spain. Malakologische
Abhandlungen Staatliches Museum für Tierkune Dresden, 9:1-
15.
Castillejo, J., Iglesias, J. y Garrido, G. (en prensa). Las babosas de la
Península Ibérica y Baleares (Mollusca: Gastropoda: Pulmonata;
Stylommatophora). En: Fauna Ibérica. Ramos M.A. et al.
(Eds.). Museo Natural de Ciencias Naturales. CSIC Madrid.
Iglesias, J. 1995. Biología del caracol común Helix (Cornu) aspersa (O.
F. Müller, 1774), en poblaciones naturales de Galicia.
Implicaciones en su conservación y cría zootécnica
(Helicicultura). Tesis doctoral. Universidad de Santiago de
Compostela. 274 páxinas.
Iglesias, J. y Castillejo, J. 1997. Técnicas para a Cría do Caracol.
Servicio de Estudios e Publicacions da Consellería de
Agricultura, Gandeiría e Montes. Xunta de Galicia. 116 páginas.
Iglesias, J. y Castillejo, J. 1999. Field observations on feeding of the land
snail Helix aspersa Müller. Journal of Molluscan Studies, 65:
411-423.
Iglesias, J. y Speiser, B. 2001. Consumption rate and susceptibility to
parasitic nematodes and chemical molluscicides of the pest slugs
Arion hortensis s.s. and A. distinctus. Journal of Pest Science,
74: 159-166.
Iglesias, J., Castillejo, J. y Castro, R. 2001a. Mini-plot field experiments
on slug control using biological and chemical control agents.
Annals of Applied Biology, 139: 285-292.
Iglesias, J. Castillejo, J. y Castro. R. 2001b. Field test using the nematode
Phasmarahabditis hermaphrodita for biocontrol of slugs in
Spain. Biocontrol Science and Technology, 11: 93-98.
Iglesias, J., Castillejo, J., Ester, A., Castro, R. y Lombardia, M.J. 2002.
Susceptibility of the eggs of the field slug Deroceras
reticulatum to contact with pesticides and substances of
biological origin on artificial soil. Annals of Applied Biology,
140: 53-59.
Iglesias, J., Castillejo, J., Paramá, R., Mascato, R. y Lombardía, M.J.,
2000. Susceptibility of the eggs of the pest slug Deroceras
reticulatum to contact with metal salts. Journal of Molluscan
Studies, 66: 171-176.
South, A. 1964. Estimation of slug populations. Annals of Applied
Biology, 53: 251-258.
South, A. 1965. Biology and ecology of Agriolimax reticulatus (Müll)
and other slugs: spatial distribution. Journal of Animal Ecology,
34: 403-417.
South, A. 1982. A comparison of the life cycles of Deroceras reticulatum
(Müller) and Arion intermedius Normand (Pulmonata:
Stylommatophora) at different temperatures under laboratory
conditions. Journal of Molluscan Studies, 48: 233-244.
South, A. 1989a. A comparison of the life cycles of the slugs Deroceras
reticulatum (Müller) and Arion intermedius (Normand) on
permanent pasture. Journal of Molluscan Studies, 55: 9-22.
South, A. 1989b. The effect of weather and other factors on number of
slugs on permanent pasture. En: Slugs and Snails in World
Agriculture. Henderson, I.F. (Ed.). British Crop Protection
Council Symposium Proceedings No. 41. Thornton Head: 355-
360.
South, A. 1992. Terrestrial Slugs. Biology, Ecology and Control.
Chapman & Hall. Londres. 428 páxinas
Competencias1. Recolección, captura, transporte e conservación de gasterópodos terrestres.
2. Fotografía de caracois e lesmas vivas
3. Disección, anatomización dos órganos internos deste grupo
4. Extracción e preparación de partes duras do bulbo bucal e aparello xenital.
5. Identificación baseada na anatomía.
6. Base didáctica dos debuxos esquemáticos das partes brandas.
7. Sobre a súa ecoloxía e etoloxía
8. Cómo lles afectan as condicións do medio biótico e abiótico
9. Deseño de estratexias para coñecer seu ciclo biolóxico e controlar os danos que causan na agricultura.
10. E ser un bo taxónomo.
Metodoloxía da ensinanza Ao tratarse dun curso eminentemente práctico, nas clases maxistrais se exporán ao alumno as bases teóricas fundamentais que necesite coñecer pra tirar o máximo partido das prácticas de campo e de laboratorio, que constitúen o núcleo central da materia.
Como traballo autónomo, o estudante debera asimilar os contidos teóricos e prácticos que se expoñen na materia, o cal permitiralle superar con éxito o proceso de evaluación continua que se realiza.
Sistema de evaluaciónA consecución das competencias avalíase de forma continua durante todo o período lectivo. Na cualificación final terase en conta a asistencia a todas as actividades programadas e o interés e participación do estudante nas distintas actividades.
Tempo de estudo e traballo persoalActividade Horas presenciais Horas traballo autónomo
Clases maxistrais 14 25
Prácticas 16 20
Total 30 45
Recomendacións para o estudo da materia- Asistir e participar activamente nas clases teóricas e prácticas
- Analizar a bibliografía facilitada