Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Bioloxía  »  Información da Materia

P1121208 - Biodiversidade e conservación de aves da península ibérica (Biodiversidade Animal Terrestre) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Zooloxía
  • Centro: Facultade de Bioloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DOMINGUEZ CONDE, JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    ) Introducir o alumno na descrición de patróns bioxeográficos recoñecibles na avifauna ibérica.
    2) Introducir o alumno nas metodoloxías de estudo encamiñadas ao coñecemento da distribución, abundancias poboacionais e outras aspectos da bioecoloxía da ornitofauna.
    3) Analizar a diversidade de grupos orníticos presentes nos ecosistemas ibéricos ao longo do ano.
    4) Coñecer os criterios cualitativos e cuantitativos destinados a determinar a importancia do territorio en función das aves.
    5) Determinar as principais áreas ibéricas para as aves, sinalando as súas características máis relevantes, status de protección e problemas de conservación.

    Contidos
    Programa teórico
    Introdución: conceptos de biodiversidade e conservación. Apuntamentos sistemáticos. A avifauna ibérica no contexto europeo: aspectos bioxeográficos. Breve aproximación ás metodoloxías de estudo en biodiversidade ornítica: coroloxía, aspectos cuantitativos e bioecolóxicos. Biodiversidade de Aves (tratada a nivel de Familia, con mención de casos específicos relevantes). Conservación de hábitats e especies. Introdución. Aspectos lexislativos. Criterios de valoración de hábitats en función de aves. Principais áreas ibéricas: características relevantes e status de protección.

    Programa práctico
    Realización dunha viaxe de prácticas, destinada ao coñecemento da diversidade ornítica de diferentes ecosistemas típicos da península Ibérica. A duración e zonas a visitar dependerán da dispoñibilidade presupostaria, pero o obxectivo establécese na necesidade de coñecer avifaunas de ecosistemas tales como: zonas montanas (v.gr. Cordilleira Cantábrica), ambientes terrestres mediterráneos (v.gr. Montfragüe), brañas (v.gr. Doñana, Delta do Ebro, rías galegas), ambientes semiestepáricos (Monegros, La Serena).

    Bibliografía básica e complementaria
    CRAMP, S. 1998: The Complete Birds of the Western Palearctic. Oxford University Press, Oxford.
    DÍAZ, M., ASENSIO, B. & TELLERÍA, J. L. 1996: Aves Ibéricas. Vol. I. No Paseriformes. J.M. Reyero, Madrid.
    DOMÍNGUEZ, J. & VIDAL, M. 2003: Aves Terrestres de Galicia. In: Gran Enciclopedia Galega. Natureza de Galicia, Zooloxía. (Domínguez, J., ed), A Coruña. pp. 299-431.
    HAGEMEIJER, W. J. M. & BLAIR, M. J. 1997: The EBCC Atlas of European Breeding Birds. T & AD Poyser, London.
    Madroño, A., González, C. & Atienza, J. C. 2004: Libro Rojo de las Aves de España. Dirección General para la Biodiversidad-SEO/Birdlife, Madrid.
    MARTÍ, R. & DEL MORAL, J. C. 2003: Atlas de las Aves Reproductoras de España. Dirección General de la Conservación de la Naturaleza-Sociedad Española de Ornitología, Madrid.
    SUTHERLAND, W. J., NEWTON, I. & GREEN, R. E. 2004: Bird Ecology and Conservation. A Handbook of Techniques. Oxford University Press, Oxford.
    TELLERÍA, J. L. 1986: Manual para el censo de los vertebrados terrestres. Raíces, Madrid.
    TELLERÍA, J. L., ASENSIO, B. & DÍAZ, M. 1999: Aves Ibéricas II. Paseriformes. J.M. Reyero Editor, Madrid.

    Competencias
    1) Específicas. Relacionadas con:
    a) coñecemento da avifauna ibérica e do seu estado actual de conservación.
    b) coñecemento das metodoloxías de estudo máis utilizadas neste grupo faunístico, incidindo especialmente nas relativas á cuantificación das poboacións e coroloxía.
    c) coñecemento do territorio peninsular en relación ás grandes áreas de interese para as aves.
    2) Instrumentais. Relativas ao manexo de metodoloxías de estudo de aplicación en campos tales como:
    a) Investigación básica,
    b) Avaliacións de Impacto Ambiental (EIAs),
    c) Xestión do territorio por parte de Administracións públicas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxías docentes de aplicación.
    Inténtase combinar a docencia mediante clases maxistrais, nas cales o alumno recibirá os contidos e conceptos esenciais para a correcta comprensión da materia abordada, cunha parte experimental na que o alumno coñecerá as avifaunas típicas de ecosistemas relevantes da península Ibérica.

    Sistema de evaluación
    Prevese a realización dun exame escrito sobre a materia impartida na docencia teórica e a información obtida no curso do traballo de campo. Este exame complementarase cun a avaliación continua na que se ponderará a asistencia e implicación (participación) do alumno nas actividades realizadas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Hai a disposición do alumno un cadro onde se detalla a distribución do esforzo de alumno e profesor en créditos ECTS.




    1º e 2º ciclo (en extinción)